A tudense Begoña Otero, Bronce no Campionato de España Cadete Femenino de Balonmán

A tudense Begoña Otero,  xogadora do Clube Balonmán Tui, participou coa Selección Galega Cadete Femenina de Balonmán no Campionato de España, que tivo lugar en Castellón, dende o 1 ao 7 de Xaneiro de 2015.

Begoña que é porteira tanto no Club Balonmán Tui, como na Selección Galega, xa ten experiencia en este tipo de campeonatos. 

No Campeonato de España a Selección Galega Cadete fixo un gran torneo. Xogando o terceiro e cuarto posto contra a Selección de Castela a Mancha, a que se impuxo contundentemente e que lle permitiria colgarse a Medalla de Bronce.

A nosa Noraboa para esta gran xogadora e campiona, con un futuro prometedor!!. Así mesmo, os nosos parabéns para todo o equipo.