Skip to Content

Septembro 2016

III ANDAINA POLOS MIUÑOS DO RIO FURNIA

O vindeiro sábado día 8 de outubro, vaise levar a cabo a III Andaina polos miuños do río Furnia, na parroquia de Malvas.

Despois da andaina haberá unha merenda para tódol@s participantes, amenizada polo grupo de gaitas "Arume de Malvas" e para entrar en calor sopas de "burro cansado".

O prezo é de 3 euros, máis un euro que se donará a SOS Tomiño. O plazo de inscrición remata o xoves día 6 de outubro. Para apuntarse podedes chamar ao teléfono 655 602 787 ou mandar un correo electrónico a: arumedemalvas@gmail.com

Animádevos a pasar unha tarde agradable na natureza, facendo deporte, convivindo e pasándoo ben. Agardámosvos!!!!!

 

 

CUARTOS DE FINAL FASE DE ASCENSO XUNIOR-CLUB BALONCESTO TUI

Cuartos de Final

Fase de Ascenso Xunior

Club Baloncesto Tui.

Mañá Sábado día 1 de Outubro, terán lugar os cuartos de final da fase de ascenso Xunior, do equipo CB Tui Seta-Thermalia do Clube Baloncesto Tui. Este partido enfrontará ao equipo tudense co equipo Porriño BB, ás 18:00h no Pavillón Vello de Tui. Este equipo necesita o noso apoio e os nosos ánimos, así que se podedes que non falte ninguén a animar.

Ao longo do día terán lugar máis partidos de cuartos de final, que vos detallamos de seguido, por se vos animades a disfrutar de gran baloncesto en Tui.

GRAN PREMIO MOVISTAR DE ARAGÓN DE MOTO GP

 

A alumna de 6ºB Maya Moledo, estivo a pasada fin de semana do 23,24 e 25 de Setembro en Aragón seguindo o Gran Premio Movistar de Moto GP.

Unha aventura inolvidable, que vos invita a disfrutar, se vos gusta o mundo do motor e sobre todo o mundo das motos...

Ela tivo a oportunidade de disfrutar da carreira ademáis de compartir momentos cos protagonistas da mesma: Marc Márquez, Jorge Lorenzo, Valentino Rossi...


Gracias a Maya e a súa familia por compartir este momento con nós, por achegarnos ao motociclismo e por animarnos a disfrutalo.

RANDUFE FUTSAL

 

Randufe Futsal

 

Os antigos alumnos Paulo e Cibran, xogadores do equipo de Randufe Futsal, estiveron no colexio, animándonos a xogar a Futbol-sala...aquí vos deixamos información cos días de adestramento e lugar, onde podedes ao igual ca eles prácticar, Futbol-sala.

 

 

ENRIQUE MÍGUEZ DOBRE CAMPIÓN DO MUNDO

O veterano Enrique Míguez, dobre campión do mundo de maratón

 Enrique Míguez, compoñente do Kayak Tudense, proclamouse dobre campión do mundo de maratón de veteranos en Brandeburgo (Alemania). O veterano palista  impusose na modalidade de C-1 e en C-2 xunto ó seu compañeiro Ignacio López Rey. Cada unha das regatas constaba de 19 quiilómetros nun escenario complicado. Os seus triunfos foron incontestables, xa que en ambos casos superou con solvencia os seus rivales. Enrique Míguez tamén logrou esta tempada proclamarse campión de Europa en Pontevedra.

PROMOCIÓN DE REMO

Promoción de Remo

Club Remo Tui

Venres 23 de Setembro de 2016

O pasado Venres, 23 de Setembro, tivo lugar a Xornada de Promoción de Remo realizada por Diego Das Dores e Sonia Freiría.  Eles animáronnos a visitar e coñecer as instalacións do Club Remo  Tui, falaronnos das embarcacións de Remo, dos seus viaxes e dos seus logos nos campionatos de España, para os que teñen que viaxar..

Se vos animades a visitar as instalación do Remo Tui e probar a remar, para chegar a ser grandes remeiros podedes contactar ao teléfono: 649867136

AUTORIZACIÓN PARA A CAMPAÑA DE DEPORTE ESCOLAR 2016/17

AUTORIZACIÓN DEPORTE ESCOLAR

Como cada ano , vaise poñer en marcha a Campaña de Deporte Escolar, na que o noso centro participa en diferentes modalidades deportivas. Todos/as nenos/as de 3º a 6º participaran no Programa Xogade en Horario Lectivo. As demáis modalidades deportivas levaranse a cabo fora do horario lectivo como o ano pasado. Os/as nenos/as interesados en participar con nós nas diferentes  competicións deportivas teñen que cubrir o seguinte impreso, e riscar os cadros das modalidades deportivas nas que queiran participar.

Tedes o impreso, premendo aqui

PROMOCIÓN DE TENIS

Promoción de Tenis

Club Tenis Tui

Luns 19 de Setembro de 2016

O pasado Luns tivo lugar a Xornada de Promoción de Tenis realizada Oscar Cuña e Alejandra Saracho.  Eles animáronnos a visitar e coñecer as instalacións do Club de Tenis Tui en Areas. Alí moitos dos nosos compañeiros xa practican tenis con eles.

Se necesitades máis información dos horarios podedes atopala na páxina web: http://tenistui.es/ ou no teléfono: 637557150

PROMOCIÓN DE NATACIÓN E PADEL

Promoción de Padel  e Natación

Club Padel Tui e Club Actividades Acuáticas Alto Miño.

Luns 19 de Setembro de 2016

O pasado Luns tivo lugar a Xornada de Promoción de Natación realizada por Juanjo España do Club Actividades Acuáticas do Alto Miño e a Promoción de Padel levada a cabo por, Juanjo,  Roger e Agustin do Club Padel Tui.. Eles animáronnos a ir a nadar con e sen aletas á piscina Municipal de Valença, faláronnos da importancia que ten a natación sobre todo cun Río como o Miño que temos en Tui.

Tamén disfrutamos con eles do Padel, que podemos practicalo toda a familia, no Pavillón Deportivo de Areas, lugar onde están instaladas as pistas de Padel, sendo as únicas cubertas de Galicia…

A actividade de Padel un día a semana ten un custo de 12 euros.

O horario é martes e xoves as 16:30, 17:15 e 18:00

Podedes atopar máis información en: http://www.padeltui.com/ ou no teléfono: 667748633

ANDAINAS SAUDABLES

 

O sábado 24 e o domingo 25 de setembro,  realizaranse dúas andainas do Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade, o “Camiño Portugués”, nas súas etapas polos municipios de Valença e Tui.

Así, o sábado 24, ás 09.00 horas españolas, os participantes sairán en autobús ata a localidade de Paredes de Coura, para percorrer unha distancia aproximada de 16 quilómetros ata Valença.

O domingo 25, ás 10.00 horas españolas, a andaina sairá dende a piscina municipal de Valença, para rematar no límite co Porriño, percorrendo una distancia de 15 quilómetros.

Como nas andainas anteriores, é necesaria a inscrición previa, a través do enderezo electrónica caminhadas.andainas@gmail.com / celtasdominho@gmail.com /
clubandatui@gmail.com, cun custe de cada andaina de 5€ por persoa e de 3€ para menores de 12 anos, sendo o día límite de inscrición o día 23 de setembro.

Toda a información referente ao Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade pode atoparse na páxina do Facebook

https://www.facebook.com/Caminhadas-Saud%C3%A1veis-e-Andainas-Saudables-490178017705157/?ref=ts&fref=ts

ACTIVIDADES CLUBES DEPORTIVOS DE TUI

ACTIVIDADES CLUBES DEPORTIVOS DE TUI

Dende o equipo de Deporte Escolar queremos animar a tódol@s alumn@s do colexio a facer algunha actividade deportiva pola tarde.

O deporte é saúde tanto física como mental, e en Tui temos a sorte de contar con multitude de clubes que practican deportes moi diversos, para tódolos gustos e todalas idades.

Premendo aqui tedes a relación de todalas actividades deportivas organizadas para o curso 1016-2017.

PROMOCIÓN DE BALONCESTO

XORNADAS DE PROMOCIÓN DE BALONCESTO

O pasado luns día 19 de setembro os nen@s dende Infantil de 5 anos ata os 4º de Primaria fomos o pavillón vello as xornadas de promoción do baloncesto.

Alí fixemos moitos xogos para aprender a botar á pelota, a lanzar, a pasala duns a outros.....fixemos moito exercicio e pasámolo xenial.

Aqui vos deixamos unhas fotos desa estupenda xornada de deporte

PROMOCIÓN DE BIKE

XORNADA DE PROMOCIÓN DE BIKE

O luns día 19 de Setembro estiveron no noso colexio Anxo e Xacobe. Viñeron a amosarnos o deporte que practican: o descenso en bike e o enduro. Actividades que queren introducir como extaescolares no colexio.

Explicáronnos as diferenzas entre unha bicicleta convencional é unha de enduro e ensináronnos vídeos espectaculares de baixadas polo monte e campionatos.

Aqui tedes unha mostra do que aprendemos e se queredes comezar a practicalo podedes chamar ao teléfono:711717665 Xacobe

 

 

PROMOCIÓN BALONMÁN

Xornada de Promoción Balonmán

O pasado Venres 16 de Setembro de 2016, estivemos  no Pavillón Novo de Tui, cos monitores do Clube Balonmán Tui, disfrutando da promoción de Balonmán, fixemos moitos xogos de Balonmán e Alba, José, Miguel, María….invitaronnos a ir ao Clube a xogar os Xoves de 16:00h-a 17:00h, sendo esta actividade gratuita…

Aquí deixamos algunhas fotos por se vos tamén vos animades a vir xogar a Balonmán, do cole xa imos moitos nen@s.

PROMOCIÓN DE FÚTBOL SALA

Xornada de Promoción Futbol-sala Tui

O pasado Venres  16 de Setembro,  estivo con nós Jacobo da Quinta de Tui Futsal, o equipo de Futbol-sala no que xogan moitos nenos do noso colexio. Jacobo ensinounos cousas moi interesantes de Futbol-sala e convidounos a participar con eles no seu clube e nos seus equipos.

PROMOCIÓN DE DANZA AÉREA, SLACK LINE E MONTAÑISMO

Xornada de Promoción Danza Aérea, Slack Line e Montañismo 

 O pasado Xoves 15 de Setembro, contamos no cole con Uxio e Eugenia, membros do Clube Tideo de Tui. Eles ensináronnos moitas cousas de deportes de aventura, como son o Montañismo, o Slack Line e a Danza Aérea….Aquí vos deixamos algunhas fotos do espectaculares e trepidantes que son estes deportes, tamén nos animaron a probalos e practicalos.

Tamen vos deixamos información da actividade que podedes facer polas tardes no noso cole ou no Club Tideo…

 Manuel Uxío representanre C.M Tideo. Telefóno de contacto 677 63 65 39

PROMOCIÓN BADMINTON

XORNADA DE PROMOCIÓN DE BADMINTON

O pasado xoves día 15 de Setembro estivo no cole Marisa, adestradora do clube de badminton de Tui, achegándolle este deporte a todol@s alumn@s de Primaria.

Pasámolo en grande aprendendo e xogando a un deporte que require moitos reflexos e concentración.

Aqui tedes unha pequena mostra desta xornada e tamén os horarios nos que se impartirán clases de badminton polas tardes, para tod@s aqueles que queiran iniciarse neste deporte.

PROMOCIÓN DE JUDO

Xornada de Promoción de Judo.

Martes 13 e Mércores 14 de Setembro, estiveron con nós no colexio, Paco, Jose Ramón e David…monitores de Judo, promocionando este deporte entre tod@s @s nen@s de 5 anos de Infantil e Primaria….

Eles contáronnos moitas cousas de este gran deporte, que procede do Xapón e que nos pode axudar na defensa persoal, na concentración, cos reflexos, coa autoestima e sobre todo, como disfrutar e pásalo ben practicándoo.

Durante o mes de Setembro os Martes e Xoves pola tarde, en horario de 16:00h-17:00h, estarán no Ximnasio do cole para que practiquemos de forma gratuita.

 

Dende o Deporte no 2 do Ceip Nº2 de Tui, queremos aproveitar para felicitar a gran labor e traballo realizado por estes adestradores, cos resultados acadados a pasada fin de semana en Salamanca, onde competiron os veteranos do Clube, acadando grandes resultados, con 3 medallas de Ouro, 1 medalla de prata e 1 Medalla de Bronce…

1º Carmen María Gonzalez Ramos
1º Marina Cruces García
1º Luis Eduardo Ruiz Flores
2º Lino Martínez Perez
3º Jose Ramón Solla Prieto
Noraboa a tod@s!.

 


 

Benvidos ao Curso Deportivo 2016-2017

 

Benvidos ao Curso Deportivo 16-17

As profes reponsables do Deporte Escolar de Deporte no 2, Lorena, Lore, Mari, Rita Beatriz, Puri e Bea, queremos darvos a benvida a este novo curso  deportivo. Esperamos que sexa un ano de moito deporte, no que disfrutedes moito e vos animedes a participar. Tamén queremos darlle a benvida ao novo profe de Educación Física Luigi e desexarlle moita sorte a profe Patri no seu cole, nesta nova aventura que ambos comezan.


I TORNEO DE FÚTBOL BASE MICHAEL PAIS

I TORNEO FÚTBOL BASE MICHAEL PAIS

 

O próximo mes de Setembro, días 10 e 11, celebrarase en Salceda de Caselas o I Torneo de Fútbol Base Michael Pais, organizado pola Asociación Michael Pais e as escolas deportivas municipais do Concello de Salceda e o Clube de Fútbol Vila do Corpus. Para ó apoio aos nenos e nenas con cancro e enfermidades raras.

Neste torneo participan preto de 400 xogadores de diferentes equipos de Galicia e Portugal, nas categorías pre-benxamín, benxamín e alevín.

Todos/as aqueles amantes do fútbol, estades convidados/as a vir animar aos nenos a pasar uns días disfrutando deste deporte.

Agardámosvos!!!!!



by Dr. Radut