PROMOCIÓN BADMINTON

XORNADA DE PROMOCIÓN DE BADMINTON

O pasado xoves día 15 de Setembro estivo no cole Marisa, adestradora do clube de badminton de Tui, achegándolle este deporte a todol@s alumn@s de Primaria.

Pasámolo en grande aprendendo e xogando a un deporte que require moitos reflexos e concentración.

Aqui tedes unha pequena mostra desta xornada e tamén os horarios nos que se impartirán clases de badminton polas tardes, para tod@s aqueles que queiran iniciarse neste deporte.