Skip to Content

Marzo 2023

Aliméntate ben

Despensa de la alimentación saludable | SoycomocomoO alumnado de 5º plantaCanónigo en semillas para sembrar | Semillas de huerto

chícharos, tirabeques, leitugas,

cabaciños e cánones.

O alumnado de 5º de Educación Primaria,sacou para a horta o martes 30 de marzo de 2023, todo o plantado de sementes: chícharos, tirabeques, leitugas, cabaciños e cánones, que medrou dentro do colexio. Agora teremos  que coidalas para colleitar boa colleita.

Plantación do alumnado de 5ºA.

Aliméntate ben

Los Dibujitos — Se me cuecen las habas.Arxóns para as fabas de 4º

O pasado venres, día 24 de marzo de 2023, o alumnado de 3ºA estivo na horta, poñendo arxóns para as fabas, así medrarán dereitas e poderemos ter boa colleita.

Un fantástico traballo en equipo, que xa comezaran as familias e que rematou este grupo de 3º. Gran traballo de tod@s!

Aliméntate ben

2º Planta na horta.

O pasado mércores, día 22 de marzo de 2023, o alumnado de 2º de Educación Primaria, sacou para a horta as leitugas, as cenorias, as cebolas, os calabacíns os allos que xa creceran no interior da escola. . Aquí vos damos conta do ben que o fixeron.

Deporte Escolar

Judo GIF - Conseguir el mejor gif en GIFER COMPETICIÓN DE LOITA PARA 4º CURSO.Juegos de Andalucía: La Sogatira

13 de abril de 2023

Pav. Vello Tui.

O xoves 13 de abril de 2023, terá lugar para o alumnado de 4º de Educación Primaria, dos centros educativos de Tui. O horario será de 10:30 a 13:00h no Pavillón Vello de Tui. Na xornada levaranse a cabo distintos xogos de iniciación á defensa persoal. Todo o alumnado deberá traer equipación deportiva do colexio, chándal do mesmo e merenda. Todas as familias están convidadas a presenciar a actividade. Premede na seguinte imaxe para ver o vídeo da competición. 

Agrudebam | Inscricións

Deporte en Tui

Carreira Popular de San Telmo 23

Sábado 15 de Abril 2023 ( Tui ).

             O sábado de San Telmo, día  15  de Abril de 2023, a partires das 11:00h, vai ter lugar a Carreira Popular de San Telmo 2023.  Dita xornada está destinada os/as nenos/as  e adult@s  que queiran participar. Esta proba está organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui.  

Gustaríanos contar con un gran número de participantes, xa que é aquí en Tui. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta notiña asinada antes do vindeiro, venres día 31 de marzo. Na semana previa a proba enviaremos horarios e equipacións.

Aquí, vos deixamos a folla de inscripción por se a precisades.

Pinchade enriba do logo para acceder a web do Club Atletismo Tui, onde atoparedes máis información. 

Aliméntate ben

Manzana gif 13 » GIF Images DownloadAs mazás.

Tarta de Mazá e Compota.

O alumnado de 5 anos leva dende o mes de outubro traballando nun proxecto educativo sobre as mazás. Hoxe, mércores día 22 de marzo de 2023, por fin fomos ao restaurante da nosa escola para cociñar e degustar as nosas receitas con mazás.

Aquí vos deixamos as receitas e instrucións destes grandes cociñeiros.

Que rico! Gran traballo, rapaces!

Alimentate ben

Mr.patata | Memes Amino • Español AminoMercado " Cintas de Cores" do 2

Confeti en formato GIF - 55 imágenes animadas

Durante a semana do 20 marzo de 2022, activouse o mercado ecolóxico Cintas de Cores do 2, coa axuda das familias colaboradoras con Voz Natura na escola. Elas foron as encargadas de preparar o posto do mercado, preparar os produtos ecolóxicos para a venda que procedían da horta da escola ou do excedente dalgunhas familias que colaboraron.

Moitísimas grazas a todas as familias involucradas. Un traballo extraordinario!

Lecturas deportivas

Humberto Rey no Deporte.

Humberto 5ºB.

Hoxe mércores 22 de marzo de 2023, Humberto de 5ºB quixo compartir con nós, un traballo deportivo especial. A historia da súa vida deportiva, dende os comezos ata agora que xoga no Real Club Celta de Vigo.

Humberto mostrou con humildade a súa traxectoria profesional, que tivo moi boa acollida entre os seus compañeiros. 

Gran traballo Humberto!.

Lecturas Deportivas

NUOBESTY Home Accessories Decor Halloween Witch Broom Witch Broomstick Wall  Decoration Kids Broom Props for Halloween Party Supplies Fancy Toddler  Dress, Décor - Amazon CanadaWitch. Lume e auga.

María 5ºA.

María de 5ºA, presentounos o pasado día 17 de marzo de 2023, a súa lectura de este trimestre: "Witch. Fuego y agua". Unha lectura xaponesa, tipo manga que animou aos seus compañeiros a leer.

Witch é unha colección de 40 revistas, que podedes gozar, aqueles alumnos/as que vos gusten os mangas.

WITCH (2009, UNIDAD) 35 - Ficha de número en Tebeosfera

Aliméntate ben.

Inicio | Ti si que es un bo peixeVisita ao Porto da GuardaInicio | Ti si que es un bo peixe

Ti es un bo peixe.

Alumnado de 2º de Educación Primaria.

O pasado xoves día 16 de marzo, o alumnado de 2º visitou o Porto da Guarda, dentro do Programa do Plan Proxecta: " Ti es un bo peixe". 

O alumnado tivo oportunidade de visitar o porto pesqueiro, a onde chega o peixe que capturan os barcos. Despois as peixeiras, na Praza Municipal, explicáronlle os tipos de peixe e os seus prezos. Ao rematar no mercado, as redeiras ensináronlles como se fan as redes que os mariñeiros usan no mar.

Finalmente, para merendar tiveron un menú-degustación con produtos do mar.

Unha xornada estupenda onde aprendemos moitas cousas do mar.

 

Lecturas Deportivas

Cando brillan as estrelas.Tienda de campaña mochila hoguera diseño de icono aislado de dibujos  animados 1846345 Vector en Vecteezy

Mafalda 5ºA

O pasado venres 17 de marzo de 2023, Mafalda de 5ºA presentounos unha fantástica lectura: " Cando brillan as estrelas". Unha sensacional lectura onde Omar e Hassán, dous irmás que perden a súa nai e deciden ir na súa busca. A esperanza, a angustia e o humor conviven nunha novela incríble. 

 

Aquí vos deixamos o enlace, para que vos animedes a gozar desta gran lectura.

cuando brillan las estrellas. una novela gráfica necesaria-victoria jamieson-omar mohamed-9788418184260

Deporte en Tui

IX Trofeo Baile Deportivo

Eurocidade Tui-Valença

26 de Marzo 2023

O sábado día 26 de marzo, está previsto o IX Trofeo de Baile Deportivo, na Eurocidade Tui-Valença. Un evento deportivo, que poderemos ver no Pavillón Gustavo de Tui. Animamos a todo o alumnado e familias, a gozar de esta oportunidade, que nos ofrece o deporte tudense.

Deporte en Tui

Gifs Animados de BadmintonTORNEO ESCOLAR DE BÁDMINTON PORCLUB BADMINTON TUI de www.facebook.com PARELLAS.

CLUB BÁDMINTON TUI.

O vindeiro sábado, 18 de marzo de 2023, terá lugar o Torneo Escolar Tui de bádminton, na modalidade de dobres nas categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete. Todo o alumnado que se anime a participar, deberá dirixirse ao Club Bádminton Tui.

Lecturas Deportivas

Pegatina Marruecos - Escudo de Fútbol | TeleAdhesivo.comFazañas de Marrocos no Mundial deResultado de imaxes para bandera futbol marruecos Qatar

Adam Sabri 5ºA

Hoxe 16 de marzo de 2023, Adam Sabri de 5ºA, presentounos un traballo detallado, sobre as fazañas de Marrocos no Mundial de Qatar.

  

Un esforzo que fascinou aos seus compañeiros, polo minucioso que foi na presentación e explicación. Aquí volo deixamos para que o poidades ler.

 

Gran traballo Adam!

Lecturas Deportivas

Teresa Portela.▷ Canoas, Piraguas y Kayaks: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100%  GRATIS!

Mauro 5ºB

Hoxe, mércores 15 de marzo de 2023, Mauro de 5ºB, presentoulle a súa clase o seu traballo do 2ºtrimestre. Teresa Portela foi a protagonista da súa investigación. Mauro ten familia en Cangas, e pareceulle moi boa idea, falar sobre a gran traxectoria deportiva desta piragüista do Morrazo.

 

Aquí vos deixamos o documento que Mauro elaborou con entusiasmo sobre Teresa. 

Noraboa Mauro! Sen dúbida Teresa é unha das mellores atletas españolas de tódolos tempos.

Lecturas Deportivas

Pin on All The ThingsLendas dos Espadachíns Místicos.▷ Pokémon: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

Javier Sández e Izan 5ºA

Hoxe, día 10 de marzo de 2023, Javier Sández e Izan de 5ºA, presentáronnos un bo traballo  sobre Pokemón os seus seres místicos favoritos. No traballo explican os tipos e as caracteristicas de cada un.

Aquí vos deixamos o seu traballo para que poidades lelo con calma.

Bo traballo rapaces!.

Lecturas Deportivas

Learn how to draw a diamond ring for kids step by gif - ClipartixThe Crazy Haacks e o misterio do anel

Desireé 5ºA.

Hoxe xoves, 9 de marzo de 2023 cheganos unha lectura moi novedosa da man de Desireé de 5ºA. Esta é a segunda aventura dos irmáns máis locos de You Tube, onde contan a historia dun anel misterioso que chega ás súas máns. Unha lectura incrible que deberíades ler. Animádevos.

 

Imagen de Misterio - 2.the Crazy Haacks Y El Misterio Del Anillo - Vv.aa.

Moitísimas grazas Desi! Interesante colección.

Día da Muller

Día Internacional da MullerDía Internacional de la Mujer 2023: origen, significado y por qué se celebra el 8 de marzo en España

8-marzo-23

C.E.I.P Nº2 de Tui.

Hoxe día 8 de marzo de 2023, celébrase o " Día Internacional da Muller" baixo o lema " Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero". Dende o equipo de deporte no 2, sumámonos para poñer en valor, esta iniciativa que no noso centro impulsou o Departamento de Orientación e a biblioteca. 

Un manifesto en defensa da muller, da igualdade na vida e no deporte, escrito polo alumnado de 6ºA ao que lle puxeron voz: Alicia, Alexia, Anxo e Sabela. Unha cantiga " Chea de Vida" de Gaudí Galego que cantada polo noso alumnado nos fixo vibrar neste acto.

 

O alumnado de 5º de Educación Infantil aproveitou estes días, para traballar mulleres importantes nas súas vidas e facer un xornal, coincidindo coa Semana da Prensa.

 

O alumnado de 6º de Educación Infantil aproveitou para traballar , para traballar mulleres de Tui e facer un xornal, coincidindo coa Semana da Prensa.

Grazas a todos por momentos tan importantes para a vida coma estes. 

Aliméntate ben.

Despensa de la alimentación saludable | SoycomocomoO alumnado de 5º plantaCanónigo en semillas para sembrar | Semillas de huerto

chícharos, tirabeques, leitugas,

cabaciños e cánones.

O alumnado de 5º de Educación Primaria, realizou o martes 7 de marzo de 2023, plantado de sementes: chícharos, tirabeques, leitugas, cabaciños e cánones. Fixéronno nos recipientes de refugallo que xa usaran os compañeiros de 4º e que xa sacaron as súas plantas á horta. Así estamos dándolle un novo uso a envases que soamente estaban previstos para un só uso.

Plantación do alumnado de 5ºA.

Plantación do alumnado de 5ºB.

Agora serán os encargados de darlle os coidados necesarios, para que as plantas medren e poidan sacalas á horta.

 

PLANTACIÓN DOS TERCEIROS

PLANTACIÓN DOS TERCEIROS

Curso 22-23

Hai unhas semanas os terceiros fixeron sementeiros de chícharos, cenorias, perexil, espinacas e canónigos.

Xa era hora de pasalos para a horta. Divertíronse moito preparando a terra e facendo os buratos para os chícharos. Agora tócalle coidalos para obter unha boa colleita. 

Seguimos o Deporte

Humberto vs MauroGifs de Balones de Futbol

Fútbol 

Salceda de Caselas

05-03-23

O pasado, sábado día 4 de marzo de 2023, na categoría de fútbol alevín, tiveron partido o equipo Escolas Denis Suárez de Salceda co Celta de Vigo, no Campo de Fútbol Penedo Redondo en Salceda. No equipo da casa xoga Mauro e no equipo visitante xoga Humberto. Ambos alumnos de 5ºB do colexio e amigos de toda a vida, que hoxe se convertiron en rivais no terreo de xogo.

A nosa periodista desplazada no terreo de xogo: a profe Lucía de Infantil, deunos conta con  todo o detalle do partido. Foi unha mañá soleada e de moita deportividade. Noraboa aos dous!!.

Moitísimas grazas por noticias tan importantes coma esta, onde o deporte, o bo xogo e o respeto sexan o máis destacado da xornada. 

Aliméntate ben

Los Dibujitos — Se me cuecen las habas.2ºA Planta Fabas e Amorodos.Dancing Strawberry Dancing Sticker - Dancing Strawberry Dancing Strawberry  - Discover & Share GIFs

 

O pasado venres, día 3 de marzo de 2023, o alumnado de 2ºA de Educación Primaria, sacou para a horta as fabas que xa creceran no interior da escola. Tamén aproveitaron para poñer unhas plantas de amorodos. Aquí vos damos conta do ben que o fixeron.

Deporte na Escola

A Milla Escolar.

Actividade Física no entorno natural da escola.

Venres 3 de marzo de 2023.O pasado venres, 3 de marzo de 2023, inauguramos no entorno natural da nosa escola, "A Milla Escolar".

 Un percorrido que percorremos por clase e que trataremos de facer a diario, sempre que o tempo nolo permita. Trataremos de percorrer moitas millas para ter unha vida saudable. Nesta primeira xornada cada nivel fixo as súas delicias, incluidos os profes. Noraboa pola vosa participación.

 

Lecturas Deportivas

Husqvarna Motorcycles GIFs - Find & Share on GIPHYMotocross

Andrés 5ºB

Andrés de 5ºB, aportounos un traballo excelente, sobre unha das súas grandes paixóns, o motrocross. Neste artículo, da conta de información moi interesante, que vos convidamos a ler. 

Moi bo traballo Andrés! Sigue aportando grandes lecturas sobre o motor.

Lecturas Deportivas

▷ Canoas, Piraguas y Kayaks: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100%  GRATIS!A Historia do Piragüismo.

Martina 5ºA.

O pasado día 2 de marzo de 2023, Martina de 5ºA quixo compartir con nós un fermoso traballo, sobre a historia do piragüismo e dos grandes deportistas, que este deporte lle deu a Tui.

Como podedes ver, un gran traballo. Noraboa Martina. 

Lecturas Deportivas

MY HERO ACADEMIA III

Yasmin 5ºB.

O día 2 de marzo, Yasmin de 5ºB propúxonos unha lectura do máis interesante " My Hero Academia III".

Unha nova novela do universo MY HERO ACADEMIA, onde chega o día do torneo, onde os protagonistas poden gañar o Campionato Nacional. Animádevos a vivir esta gran lectura.

My hero academia 3 novela - LeoVeo

 

O venres 24 de marzo de 2023, Olga de 5ºA fixonos unha proposta de lectura sobre "My Hero Academia 31" 

Unha lectura de manga atractiva, atrevida e interesante, na que non faltan os grandes superheroes, a que anima a toda a clase a ler. Animádevos.

My Hero Academia nº 31 - Ayako Koike, Kohei Horikoshi -5% en libros | FNAC

Lecturas Deportivas

Álvaro PinoRide Bike GIF | Gfycat

Sara 5ºB.

Sara de 5ºB truxo o xoves día 2 de marzo, unha proposta moi interesante, un pequeno gran traballo sobre un familiar da súa nai. Ese deportista resultou ser nada máis e nada menos que Álvaro Pino, toda unha lenda do ciclismo español.

Aquí vos deixamos ese fantástico traballo sobre este gran deportista de Ponteareas.

Fantástico traballo Sara!.

PLANTAMOS ACELGAS

Gifs animados de Espinacas, animaciones de EspinacasINFANTIL PLANTA ACELGAS E ESPINACASColección de Gifs ®: IMÁGENES DE ESPINACA

Curso 22-23

 

Os nenos e nenas de 5 anos plantaron espinacas e acelgas en envases de iogures, o pasado xoves 2 de marzo de 2023 .

Seguimos reciclando e reutilizando, temos que coidar o planeta entre todos e darlle unha segunda oportunidade aos obxectos.

Agora toca esperar a que crezan para facer deliciosas receitas con elas.

Deporte na Escola

Gifs Animados de BadmintonDEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 22-23

O pasado mércores 1 de marzo,  tivo lugar a Xornada Final  da competición escolar de Badminton, das  categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. 

Unha xornada estupenda onde a deportividade entre os participantes asistentes foi a tónica a destacar.

Aquí vos damos conta do contentos que viu o noso alumnado coas súas medallas, despois dunha tarde intensa de bádminton.

Aliméntate ben

140 ideas de Gifs | emoticonos animados, emoticonos, gif lindos2ºB Planta tirabeques e chícharos.Peregrino Nos vemos Árbol de tochi regadera gif fuegos artificiales  Despertar mi

O pasado mércores, día 1 de marzo de 2023, o alumnado de 2ºB de Educación Primaria, sacou para o horta, os tirabeques e chícharos que xa creceran no interior da escola. Tamén aproveitaron para regar as plantas da horta. Aquí vos damos conta do ben que o fixeron.

Lecturas Deportivas

Olympia. Un paso más.

Erika 5ºB.

Hoxe mércores día 1 de marzo de 2023, Erika de 5ºB, presentounos un libro de

Almudena Cid " Olympia. Un paso más. O segundo libro sobre está gran ximnasta

onde relata a historia da súa vida deportiva.

Un libro moi recomendable para as persoas que lles guste a ximnasia rítmica

e o deporte. 

Olympia 2 - Un paso más - Almudena Cid

 Olympia. Punteras Negras.

Erika 5ºB.

Hoxe xoves día 15 de decembro de 2022, Erika de 5ºB, presentounos un libro de

Almudena Cid " Olympia. Punteras Negras. O primeiro libro sobre está gran ximnasta

onde relata a historia da súa vida deportiva.

Moitísimas graza Érika,unha gran elección nas túas lecturas.

Lecturas Deportivas

Amor, sangre, sudor y lágrimas

Telma 5ºB

José Manuel Brasa y sus heroínas en Hockey.

Hoxe mércores 1 de marzo de 2023, Telma de 5ºB presentounos un fascinante artículo sobre o sacrificio que supuxo para o equipos de hockey feminino, gañar a medalla de ouro nas olimpiadas de Barcelona 92. José Manuel Brasa primo da avoa de Telma, foi o capitán de esta selección que con moito esforzo fixo que este equipo fixera historia.

Aquí vos deixamos este artículo que paga a pena. Premede sobre as imaxes.

 

 



by Dr. Radut