Skip to Content

Monthly archive

SAMAÍN 2021

E celebramos o tradicional Samaín no cole, pouco a pouco recuperando a ilusión, o compartir, as experiencias alegres, o vernos uns aos outros ainda que sexa de lonxe......Este ano isto foi o que preparamos:

 

TATUAXES E DISFRACES:

PHOTOCALL:

CONCURSO DE MONSTROS:

OS GAÑADORES FORON MOI DIFÍCILES DE ELEXIR...

  Aquí deixamos un vídeo resumo de todas as actividades......como nos gusta o Samaín, como nos gustan as cousas de medo no "!!!!

 

 

A nosa Horta

Florecen as nosas froiteiras

Coa chegada da primaveira no mes de marzo, as nosas froiteiras comezan a ensinarnos as súas flores e as súas follas. As súas ramas vístense de cor, que fan que o alumnado do cole as coide con todo mimo e detalle.

Que gusto da ver brotar os gomos, as flores e as follas no patio.

Actividades no Medio Natural

Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar.

Mércores 15  de Xuño 2022.

 O pasadp mércores día 15  de xuño de 2022, tivo lugar a ruta do Camiño de Santiago en barco e en tren turístico, para todo o alumnado de 2º.  Consistiu nun paseo pola cidade de Tui, ruta en barco polo Río Miño e volta ao centro educativo en tren turístico.


Moitas grazas ao Concello de Tui, Eurocidade, Hemisferios, tren turístico, por facer posible que o noso alumnado poidera gozar de esta experiencia fascinante.

Primeiro día!

Arrancamos un novo curso escolar!

Así de guap@s posaron alumnado, mestres e familias no noso Photocall.

 
 

 

 

Aliméntate ben

hojas-nabo | BioTrendiesMedran os grelos e as leitugas na horta

Curso 22-23

A mediados do mes de outubro, o alumnado de 6º de Educación Infantil, plantaron na horta, sementes de grelos e de leitugas.

O día 2 de novembro de 2022, tivemos unha sorpresa. As sementes xa empezan a amosar unhas pequenas plantas que medraran para dar grelos e leitugas saudables e riquísimas.

Lecturas Deportivas

▷ Fútbol: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS! Mini TimmyFutebol futbol americano futbol GIF - Encontrar en GIFER

Viviendo un sueño.

Tim Cahill.

Richard 5ºA e Miguel 5ºB

Hoxe xoves 6 de outubro de 2022, Richard de 5ºA trúxonos unha proposta de lectura deportiva, para primeiros lectores con paixón polo fútbol. Esta lectura, para alumnado que está empezando a leer é moi atractiva para aqueles que lles guste este xogo do balón.

 

Miguel de 5ºB presentounos o día 1 de decembro de 2022, ao igual que Richard a lectura de Mini Timmy

Moitas grazas a Miguel e Richard por esta gran proposta. Aquí vos deixamos información sobre esta colección, para que vos animedes a deixar voar a vosa imaxinación.

Mini Timmy - Viviendo un sueño (Castellano - A PARTIR DE 6 AÑOS -  PERSONAJES Y SERIES - Mini Timmy) : Cahill, Tim, McKenzie, Heath, Vivero  Rodríguez, Roberto: Amazon.es: Libros

Lecturas Deportivas

Diario de Greg.Las mejores 100 ideas de el diario de greg | el diario de greg, diario,  jeff kinney

Manuel e Carlota 5ºA.

Manuel e Carlota presentáronnos o día 1 de decembro de 2022 a colección do Diario de Greg. Unha lectura moi recomendable.

El diario de Greg é un libro infantil e xuvenil que engancha aos lectores coas aventuras de Greg. Escrito por Jeff Kinney está a ser un fenómeno global.

Moitas grazas a Manu e a Carlota!.

"Diario de Greg. Días de Perros". Volume 4

O día 3 de febreiro Hugo de 5ºA volve recomendarnos esta excelente colección. "Días de Perros" o volume 4 que pon a proba o que pode ser un excelente verán, según os gustos de cada quen.

Moitísimas grazas Hugo.

Diario de Greg. O número 1. Volume 16

O día 22 de febreiro de 2023, foi Jorge de 5ºA, quen nos aconsellou a lectura de Diario de Greg. O número 1. Este é o volume 16 de esta saga, que o alumnado do noso centro lee con moita ilusión.

 

Moitas grazas Jorge.

diario de greg 4: dias de perros-jeff kinney-9788427200302 Diario de Greg 16 - El número 1 (Universo Diario de Greg) : Kinney, Jeff,  Morán, Esteban: Amazon.es: Libros

Diario de Greg. Un pringao Total

O día 23 de febreiro de 2023, foi Martina de 5ºA, quen nos aconsellou a lectura de Diario de Greg. Un pringao total. 

 

Este libro convertiuse nun fenómeno mundial, onde a adolescencia pode ser un problema ou no, teredes que ler este libro para saber a solución.

diario de greg 1: un pringao total-jeff kinney-9788498672220

Noraboa Martina!.

Diario de Greg. Dando la nota. Volume 17.

O día 9 de marzo de 2023, foron Carlota e Hugo de 5ºA, quen nos aconsellaron a lectura de Diario de Greg. Dando la Nota. Este é o volume 17 de esta saga, que ao alumnado do noso centro, lle gustou moito.

 

Diario de Greg 17 - Dando la nota | Penguin Libros

 Moitísimas gracias a Carlota e a Hugo.

Diario de Greg. Tocado e fundido. Volume 15.

 

O día 24 de marzo de 2023, Andrew de 5ºA foi quen nos propuxo a lectura de Diario de Greg. Tocado e fundido.

 

Este é o volume 15 de esta saga, que ao alumnado do noso centro, lle gusta moito.

Diario de Greg 15 - Tocado y hundido (Universo Diario de Greg) : Kinney,  Jeff, Morán, Esteban: Amazon.es: Libros

Bo traballo Andrew.

CABAZAS E FABAS DE 2º

AS CABAZAS E FABAS DE 2º COMEZAN A SAIR.

Curso 21-22

 Coas sementes de cabaza e fabas que nos trouxestes as familias, o alumnado de 2 fixo os seus semilleiros no mes de decembro. Agora no mes de xaneiro empezan a saír as primeiras plantiñas. @s nen@s de estas clases regan e coidan con moito agarimo para cando  chegue a primavera pasalas a horta. 

 

A nosa Horta

Seguimos a colleitar LEITUGAS de 5ºA, 

Curso 21-22

O venres 4 de marzo, o alumnado de 5ºA recollemos a seguimos a colleitar as nosas leitugas, que están listas para comer. Cada un/unha levamos a nosa leituga para casa, para facer deliciosas ensaladas. Tamén levaron leitugas o alumnado de 5ºB que colabora no coidado da horta. Un equipo fantástico que ten a horta ao día en coidados. Aquí vos deixamos imaxes da nosa colleita.

 

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 21-22

Categoría Benxamín e Infantil

 O vindeiro martes 3 de maio, dará  comezo a competición escolar de Bádminton. A 1ª xornada da Categoría Benxamín ( 3º e 4º) e Infantil ( repetidores de 6º) será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran, chandal do mesmo e merenda. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.



by Dr. Radut