Skip to Content

Xaneiro 2023

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.Gifs animados de deportes | Historia de cristobal colon ...

 Dinamización Intercentros

 Ceip Nº2-Ceip Pintor Antonio Fdez Goián

 Curso 22-23

 Martes, 31 de xaneiro de 2023.

  O pasado martes día 31 de xaneiro de 2023,  tivo lugar no pavillón vello de Tui a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 5ºB, 4ºC. Aquí vos damos conta do ben que o pasamos e todos os deportes que practicamos.

 

Grazas aos compañeiros de Goián, por unha xornada estupenda coma esta.

Aliméntate Ben

Gifs animados de Lechugas, animaciones de LechugasSementando Leitugas.▷ Gifs Animados de Alimentos - Gifs Animados

O alumnado de 5º de Educación Infantil o mércores día 25 de xaneiro estiveron na horta, para transplantar as leitugas que sementaran no mes de novembro. Agora terán que regar para que medren boas leitugas, para facer ensaladas de todo tipo. Un gran traballo amiguiños.

Moitas grazas a Mara, Naiara e Sara pola súa axuda e experiencia. Tamén a Abril, Sara Ramos, Raquel e Telma. 

Deporte na Escola

Gifs Animados de BadmintonDEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 22-23

O vindeiro, martes 31 de xaneiro dará  comenzo a competición escolar de Badminton, a 1ª xornada da categoría Benxamín ( 3º e 4º) e Infantil ( repetidores de 6º) no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio, pasará por Rafi, Rotonda Bornetas, Rotonda igrexa Areas.  A volta será aproximadamente ás 19:15h. Todos os participantes terán que traer: merenda, auga, calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Deporte na Escola

Gifs Animados de BadmintonDEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 22-23

O pasado, martes 24 de xaneiro deu comenzo a competición escolar de Badminton, a 1ª xornada da categoría alevín ( 5º e 6º) no Pavillón do Ceip Randufe. Unha tarde na que tod@s @s participantes gozaron de este deporte e onde a convivencia e a deportividade foron o máis importante.

Aquí vos damos conta dos bos momentos que vivimos.

Aliméntate ben.

Xornadas de FormaciónProxecto Nutriescolas 1: Manual para a elaboración dos proxectos dirixidos  a educación primaria | Librería Institucional de la Xunta de Galicia Programas 2022/23 | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadNutriescolas 1 para docentes.

Escola de Saúde Pública.

Santiago de Compostela

21 de xaneiro de 2023.

O pasado 21 de xaneiro de 2023, profesarado coordinador do Plan Proxecta+ Aliméntate máis, asistiu a unha xornada de formación para docentes, na Escola de Saúde Pública en Santiago de Compostela. Nesta formación os docentes recibiron directrices para levar a cabo os diferentes proxectos nos centros educativos, onde o obxectivo fundamental de unha vida saudable pasa por unha alimentación sa e equilibrada. Tomar conciencia que o período de crecemento do alumnado vai ser fundamental para adquirir o hábito alimenticio, descubrir os sabores...

 

 

Deporte en Tui

Entrevista a Alexia Pérez Vila.

Xogadora do Club Bádminton Tui.

A alumna Alexia Pérez de 6ºA, xogadora do Club Bádminton Tui, participou en Ourense nun Clinic de este deporte. Alí realizouse un documental sobre este deporte, no que ela foi protagonista do mesmo. Aquí vos deixamos o vídeo para que gocedes de este gran momento.

Puede ser una imagen de 10 personas y personas de pie 

 

Deporte na Escola

Gifs Animados de BadmintonDEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 22-23

O vindeiro, martes 24 de xaneiro dará  comenzo a competición escolar de Badminton, a 1ª xornada da categoría alevín ( 5º e 6º) no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio, pasará por Rafi, Rotonda Bornetas, Rotonda igrexa Areas.  A volta será aproximadamente ás 19:15h. Todos os participantes terán que traer: merenda, auga, calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Lecturas Deportivas

Sergio  Fontenla Alonso 4ºC

Premio Lector Honra Infantil 2022

Biblioteca Municipal de Tui.

Hoxe 16 de xaneiro de 2023, Sergio Fontenla de 4ºC quixo compartir con nós, o premio que lle entregaron na Biblioteca Municipal de Tui. Diploma a Lector de Honra Infantil 2022, por ser a persoa que máis libros leu durante o ano 2022.

Noraboa Sergio! A seguir vivindo aventuras apaixoantes nos libros e animando aos compañeir@s a vivilas.

Lecturas Deportivas

Javier Rodríguez 5ºA.

Javier Rodríguez de 5ºA, compartiu con nós o 13 de xaneiro de 2022, o seu traballo sobre lecturas deportivas "Alex Remiro".

Javier un admirador de Alex, xa que xoga coma porteiro de fútbol, coma él, explicounos que neste traballo investigou sobre o seu ídolo. Na súa lectura podedes atopar fotos, resultados, enquisas, equipos nos que xogou, etc... 

Moitas grazas Javi, gran traballo, dende logo unha gran lectura futbolista.

Deporte na Escola

 

DEPORTE ESCOLAR.

 Dinamización Intercentros

 Ceip Nº2-Ceip Pintor Antonio Fdez Goián

 Curso 22-23

 Martes, 31 de xaneiro de 2023.

 

 O vindeiro martes día 31 de xaneiro de 2023  terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 5ºB, 4ºC. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), equipación do mesmo, mochila de Educación Física e merenda. 

Deporte na escola.

Gifs Animados de BadmintonDEPORTE ESCOLAR.

 

Competición de Bádminton Categoría Benxamín, Alevín e Infantil

( 3º, 4º, 5º e 6º). Curso 22-23

O vindeiro martes, día  24 de   xaneiro, dará comezo a competición escolar de Bádminton, as  Xornadas terán lugar no Pavillón do Ceip Randufe. O horario dos partidos será de 17:00h a 19:00h.  Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o vindeiro martes día 17 de xaneiro.Achegamos calendario coas xornadas que irán por separado.

Para o alumnado de 5º e  6º será o martes 24 de xaneiro e o martes 7 de febreiro.

Para o alumnado de 3º, 4º e repetidores de 6º será o martes 31 de xaneiro e o martes 14 de febreiro.

A Xorndad Final será o mércores 1 de marzo para todos.

 

Preme aquí para descargar a inscripción de alevín.

Se queres a inscripción de Benxamín e Infantil preme aquí.

Animádevos a participar e pasar boas xornadas xogando a bádminton.



by Dr. Radut