Skip to Content

Septembro 2017

NOTA DEPORTE ESCOLAR

NOTA INFORMATIVA DO MATERIAL NECESARIO PARA EDUCACIÓN FÍSICA2017-18

DEPORTE NA ESCOLA

AUTORIZACIÓN PARA O DEPORTE ESCOLAR 2017-2018

PROMOCIÓN DE BÁDMINTON

Promoción de Bádminton

O pasado Xoves 14 de setembro , estiveron con nós Marisa e Jacobo do Club Bádminton Tui. Contaronnos moitas cousas interesantes de bádminton e invitaronnos a practicalo cando queiramos, no seu clube. Moitas gracias.

 

     

PROMOCIÓN DE REMO

 

PROMOCIÓN DE REMO

O pasado Xoves 14 de setembro , estiveron con nós Sonia e Diego do Club Remo Tui. Con eles disfrutamos de moita información sobre os barcos de remo e a súa paixón polo río. Tamén poidemos probar os remoergómetros e nos invitaron a visitar as instalacións do centro interfederado para adestrar e ver os distintos tipos de embarcacións. Moitas gracias.

 

Promoción Judo

 

PROMOCIÓN JUDO

 

Onte martes 12 de setembro e hoxe mércores 13 de setembro, estiveron con nós Paco e David do Club Judo Tui. Eles contáronnos cousas moi interesantes sobre o Judo, o importante que é para a concentración, para o compañeirismo, para o respeto...e ademáis pasámolo moi, moi ben. Tamén nos convidaron a vir os martes e xoves do mes de setembro a probar polas tardes de xeito gratuito.

 

Moitas grazas David e Paco por aportarnos tanto.

 

   

 

 

RECOÑECEMENTO DEPORTIVO A MARÍA FERREIRA

Todo o noso agarimo á deportista María Ferreira.

 

O equipo de Deporte no 2 quere enviar unha mostra de agarimo e sentir á deportista porriñesa María Ferreira, unha gran persoa, atleta e mestra. Todo o noso apoio á súa familia, amigos e persoas do mundo do deporte que tiveron a sorte de compartir con ela grandes momentos.

 

Benvida ao curso 2017/18

Benvidos ao curso 17/18

 

O equipo de deporte escolar davos a benvida a todos ao curso deportivo 17/18. Esperamos que sexa un curso cheo de cor e ilusión.

Por outra banda, queremos enviarlle un biquiño de despedida ás profes Mari Carmen Seves e á profe Lore ás que imos a botar moito de menos. E queremos darlle a benvida aos novos profes do equipo Sara, Yessica e César que esperamos que disfruten con nós de tódalas actividades deportivas e pasen un bo curso.



by Dr. Radut