Promoción Judo

 

PROMOCIÓN JUDO

 

Onte martes 12 de setembro e hoxe mércores 13 de setembro, estiveron con nós Paco e David do Club Judo Tui. Eles contáronnos cousas moi interesantes sobre o Judo, o importante que é para a concentración, para o compañeirismo, para o respeto...e ademáis pasámolo moi, moi ben. Tamén nos convidaron a vir os martes e xoves do mes de setembro a probar polas tardes de xeito gratuito.

 

Moitas grazas David e Paco por aportarnos tanto.