Skip to Content

Abril 2022

Deporte en Tui

XII Enduro

Cidade de Tui

Trofeo Ibérico da Eurocidade

30 abril e 1 de maio de 2022

Para os apaixoados do mundo do motor, deixamosvos esta cita, para esta fin de semana, aquí en Tui, nos montes de Randufe e Malvas.

Deporte na Escola

 

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 21-22

Categoría Alevín

 O vindeiro martes 26 de abril, dará  comezo a competición escolar de Bádminton. A 1ª xornada da Categoría Alevín ( 5º e 6º) será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran, chandal do mesmo e merenda. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

 

 

Deporte en Tui

Carreira Popular de San Telmo 22

Sábado 23 de Abril 2022 ( Tui )

             O pasado sábado de San Telmo, día  23  de Abril de 2022, a partires das 10:30h, tivo lugar a “Carreira  Popular de San Telmo 2022”.  Unha xornada estupenda na que participou un elevado número de alumnado. Noraboa a tódolos participantes.

Deporte en Tui

Carreira Popular de San Telmo 22

Sábado 23 de Abril 2022 ( Tui )

             O vindeiro sábado de San Telmo, día  23  de Abril de 2022, a partires das 10:30h, vai ter lugar a “Carreira  Popular de San Telmo

2022”.  

Dita xornada está destinada os/as nenos/as  e maiores que queiran participar. A proba está organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui, e gustaríanos contar cun gran número de participantes, xa que se realizará na nosa cidade. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta nota asinada antes do vindeiro venres día 8 de abril. Á volta de das vacacións enviaremos os horarios por categorías. A proba para @s nen@s será a partires das 11:30h.    

Categorías: 

Xuvenil / Junior 03/06                11.00h        5000 m. 1 PEQ + 2 GR

Senior entre 1987 e 2002            11.00h        5000 m. 1 PEQ + 2 GR

Veterán A entre 1977 e 1986       11.00h        5000 m. 1 PEQ + 2 GR

Veterán B 1976 ou anterior          11.00h        5000 m. 1 PEQ + 2 GR

Cadete 07/08                               11.45h        2330 m. 1 GR

Infantil 09/10                              11.45h        2330 m. 1 GR

Alevín 11/12                                  12.00h         680 m. 2 PEQ

Benxamín 13/14                            12.15h          340 m. 1 PEQ

Prebenxamín 15/16                       12.30h          170 m. ½ PEQ

 Pitufos 17/18/19                          12.45h          100 m. Recta

Circuito:

Volta grande.

 Volta Pequena.

 

Todos os participantes terán que estar alí 15 minutos antes da súa proba para que lle deamos o dorsal. 

Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón se  a  tiveran senon traerán camiseta branca), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

O Club Atletismo realizará a tradicional OPERACIÓN KILO na que os participantes intercambiarán un kilo de un alimento non perecedeiro polo seu dorsal. Ditos alimentos serán entregados a unha ONG.

Deporte na Escola

Xornada de Atletismo 

A Macoca ( Pazos de Reis)

Curso 21-22

     Venres día 1 de abril de 2022

    O pasado venres,  día  1 de abril de 2022, tivo lugar nas instalación da A Macoca, a xornada de atletismo en pista para o alumnado de 6ºA e 6ºB.

      A súa competición levouse a cabo  a partires das 10:30h nunha xornada soleada, na que practicamos varias probas: 50m, 500m, lanzamento de peso, lanzamento de vortex, salto de lonxitude e proba de relevos. Aquí vos deixamos as fotos da xornada.

   

     Atoparedes información detallada da proba, na web de Agrudebam.



by Dr. Radut