Skip to Content

Marzo 2021

Merendas saudables na escola.

Alimentación Saudable.

Merendas Saudables na escola.

Continuamos co Proxecto Erasmus+ fomentando hábitos de vida saudable. Despois da semana da froita é o turno do noso alumnado, que cada día incorpora froita e alimentación saudable as súas merendas diarias.

Mostra do anterior son as fotos que engadimos, onde aparecen bocatas, bizcoito caseiro, magdalenas artesanas e moita froita. Implantando así un bo hábito alimenticio para ter unha boa saúde.

 

 

 

 

Healthy snacks at school

After the “fruit week”, it was our pupils the ones who must bring some fruit in their snacks. Besides, they love eating, so they also brought some delicious snacks such as homemade sponge cake or sandwiches.

Mindfulness. Sentido do gusto.

Mindfulness.

O Sentido do gusto.

 Durante a semana do 15 ao 18 de marzo de 2021, atención plena tivo como obxectivo pararse na conciencia do que se saborea, de xeito presente é consciente, para vivir unha expericiencia única degustando algo delicioso. Dende unha posición cómoda e tranquila o alumnado tivo que respirar e vivir  este sabroso momento

Aquí vos deixamos algúns do bos momentos, practicando Mindfulness, coa atención plena no sentido do gusto.

Preme sobre as imaxes para ver o vídeo. 

 

 

 Taste (Mindfulness)

From 15th to 18th of March, we focus on concentrate ourselves in those things that we eat. So our snacks and recess were a perfect moment to seat confortable, relax and enjoy eating some of the delicious things that we brought.

Mindfulness. Sentido da vista.

Mindfulness.

O Sentido da vista.

 Durante a semana do 8 ao 12 de marzo de 2021 a atención plena tivo como obxectivo pararse na conciencia do que se ve, mirando soamente o que se atopa nese intre. Dende unha posición cómoda e tranquila o alumnado tivo que respirar,ver imaxes e identificalas.

Aquí vos deixamos boa mostra destas actividades.

 

 

 

Sense of sight

This week, children made an activity were they had to focus in the present moment. So they had to seat in a conformatable way and just focus in those things that were around them.

Día da Muller: "Mulleres Líderes no Deporte Tudense".

Día Internacional da Muller.

Mulleres Líderes no Deporte Tudense.

8-Marzo-2021.

O día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller.  Este ano baixo o lema: Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo Covid-19”.

Dende o equipo de Deporte no 2 do  C.E.I.P Nº 2 de Tui, queremos poñer en valor o esforzo, sacrificio e poder de superación que fan todas as mulleres, especialmente todas as mulleres tudenses. Para nós as líderes excepcionais no día de hoxe son todas as que dun xeito ou outro practican deporte, especialmente as Mulleres Deportistas Tudenses.

Aquí vos facemos unha pequena achega para que gocedes dunha data tan especial, co exemplo dalgunhas das moitas Mulleres Líderes no Deporte Tudense.

Aquí podedes ver o vídeo. 

 

Aquí podedes descargar o vídeo. 
Moitísimas grazas a todas as deportistas, persoas e entidades que fixeron posible esta bonita experiencia para o alumnado do Ceip Nº2 de Tui. Os nosos parabéns para todas as deportistas e "Líderes no deporte tudense a todos os niveis". 
Aquí podedes ver o moito que agradecemos este vídeo das nosas grandes deportistas. Grazas a todas elas, este curso, tivemos un día da muller ilusionante, saudable e deportivo.
 
 
 
8th of March
 
In order to celebrate "International women day" some women leades sent us a piece of video. In this video, some professional sportswomen from Tui explain the hard work and dificulties to achieve their goals at sport.

Mindfulness

Mindfulness.

 O proxecto Erasmus+ “Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Felizestanos a dar a oportunidade, de experimentar estilos saudables de alimentaciónactividades físicas, deportivas e hábitos de vida sans. Este curso bríndanos unha nova porta, cara a unha vida plena e feliz coa axuda do “ Mindfulness”.

Dende o mes de febreiro de 2021 tanto como alumn@s, como mestres ou familias podemos experimentar a posibilidade de vivir unha vida plena e feliz coa mellor das experiencias  no momento presente. Para isto dende a web de Erasmus+ podemos acceder a experiencias Mindfulness para o alumnado e experiencias Mindfulness para mestres e familia.

Cada semana e durante o mes, o profesorado e alumnado busca un momento na xornada lectiva, para durante 10 minutos diarios practicar a relaxación, a respiración e a atención plena, que posteriormente rexistrará no boletín mensual de mindfulness de aula.

Lúa a mascota do noso centro (un grilo lector que se atopa de viaxe dando a volta ao mundo grazas ás millas que o noso alumnado fai cada día), tamén colaborou na posta en marcha da actividade de Mindfulnes, envioulle a todas as clases unha postal con información detallada de como facelo, para ter unha vida plena e feliz.

 

Con toda esta información o alumnado empezou a practicar e a experimentar o Mindfulness.

 

Mindfulness

 To continue with our Erasmus Project, this year our children will learn how to relax and have a happy and healthy lifestyle thanks to the Mindfulness.

From February, students and teachers will practice this amazing experience where they learned how to live the present. The activities will appear at the school webpage so students and families will be able to watch it at home.

At school, children spend 10 minutes to practice this healthy activity and then, in the copy below, they register those days where they do the activity together in the classroom.



by Dr. Radut