Skip to Content

mindfulness

Recursos para expresar as emocións e sentimentos.

Mindfulness.

Recursos para expresar as emocións e sentimentos.

As emocións indícannos que persoas, situacións ou cousas nos resultan atractivas, divertidas e agradables, ou pola contra, aburridas e desagradables. Isto será fundamental á hora de relacionarnos cos demáis e vannos dar información moi importante que debemos interpretar e xestionar correctamente.

As emocións básicas son: alegría, ira, tristeza, asco, sorpresa e medo...

Debemos expresar as emocións, xa que iso axudaranos a nós e ao noso alumnado a:

  • Liberar tensión.
  • Identificar e entender as emocións.
  • Ser capaz de separarte da emoción, ser obxectivo.
  • Que os demáis te poidan axudar a xestionar esas emocións.
  • Permitenos evitar e solucionar posibles conflictos.
  • Axuda a ser consciente das carencias e necesidades de cada quen.

 Cada persoa ten a súa forma de expresar as emocións. Todo vai depender de como se sinta ne momento, o seu medo a ser rechazado, a facer o ridículo...

 Ao noso alumnado seralle de gran axuda:

  1.  Que as mensaxes sexan en primeira persoa. Eu sintome así...
  2.  Especial coidado coa linguaxe non verbal que mostramos: O ton de voz, o volume...

  3.  Facerlle  preguntas concretas para que sexan participes.

  4.  Feedback constructivo. Pode ser de moita utilidade na resolución de conflictos.

  5. Asertividade. Que a comunicación e relación sexa de respeto e valoración. Fomentando vínculos emocionais sanos.

Por todo isto imos enumerar algunhas propostas, que segundo a idade do noso alumnado nos poder ser de gran utilidade.

1. Paletas de emocións. De gran utilidade para identificar as diferentes emocións.

 2. Cuadernos das emocións. De gran utilidade para expresar as diferentes emocións. Un traballo dos compañeiros do CEIP de Balaídos que nos pode ser de referencia.

 3. Panel das emocións. Pode ser unha opción interesante e divetida para  a creación propia de un panel onde expresar as diferentes emocións. 

           3.1 Como construir un panel das emocións.

 

 

            3.2 Panel das emocións para Educación Infantil.

 

 3.3 Panel das emocións II para Educación Infantil.

  

 3.4. Cariñograma. Panel das emocións para Educación Infantil.

  

 4. Expresar emocións con música, pintura e contos. Pode ser unha experiencia bonita e enriquezodora, na que se expresan emocións pintando, según o que a música e os contos nos fan sentir. 

 

5. Manualidades para expresar emocións. Unha experiencia práctica para traballar con nen@s. 

 

 

 

6. Dominó dos sentimentos. Unha experiencia práctica para traballar con nen@s. 

 

7. Actividades para traballar as emocións con nenos.  Propostas para traballar as emocións con nenos de diversas maneiras.

8. Técnicas para traballar as emocións con nenos.  Propostas para traballar as emocións con nenos de diversas maneiras.

 

 

9. As emocións através do espello.  Proposta para traballar as emocións de xeito consciente con nenos diante do espello.

Mindfulness. Recursos para as Emocións.

Mindfulness.

Recursos para traballar as emocións.

Mindfulness estanos a dar a oportunidade, de mellorar en moitos aspectos da nosa vida. 

Ter un mellor Control Emocional é fundamental para ter una vida plena, e axudaranos a guiar ao noso alumnado e fill@s, para que teñan estratexias axeitadas, para unha boa xestión das mesmas.

No blog de Orientación do noso centro atopamos ampla información sobre:

  • O Benestar Emocional. Propostas de actividades.

  • Programas de Intelixencia Emocional. Propostas de actividades para os diferentes niveis educativos.

 

Mindfuness

Mindfulness.

O proxecto Erasmus+ “Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz, deunos a oportunidade, nos cursos anteriores, de experimentar estilos saudables de alimentación, actividades físicas, deportivas e hábitos de vida sans. Este curso bríndanos unha nova porta, cara a unha vida plena e feliz coa axuda do Mindfulness”.

Como mestr@, pai/nai queremos prestar  a mellor das atencións, ao noso alumnado e aos nos@s fill@s, para que  vivan a mellor das experiencias  no momento presente.


Mindfulness  pode axudarnos a tod@s a:

  • Mellorar a Atención.
  • Manter a Calma.
  • Ter un mellor Control Emocional.
  • Favorecer a Concentración.
  • Mellorar a Creatividade.
  • Potenciar o Desenvolvemento Cognitivo. 

Sempre da  man de hábitos alimenticios saudables e dunha actividade física axeitada.

Todo isto vai ser posible, se estamos dispostos a aventurarnos nesta fantástica viaxe, con formación, con práctica e con tempo ( 5-10 minutos diarios serán abondo para comezar).

Podemos practicalo dende os 3 anos durante toda unha vida plena. 

 

Formación para mestres e familias.

 

Experiencias Mindfulness 

para mestres e familias.

Como mestr@, pai/nai se queremos investigar e saber máis sobre Mindfulness, a continuación dispoñemos de algúns contidos, que poden resultar sinxelos e de interese.

1. Beneficios do Mindfulness e 5 exercicios de relaxación para nen@s, da canle Recursos Aula.

2. Explicación de Mindfulness e 8 exercicios para nen@s da canle Meditación guiada Elefante Zen.

 

3. Mindfulness contra o estrés de Patricia Díaz-Caneja.

4.21 Exercicios de Mindfulnespara nen@s,do Instituto Nacional de Neurociencia de México .

5. A importancia do Mindfulness na etapa de Educación Infantil. Unha reflexión de Elisenda Pallás e Joost Scharremberg.

6. Nenos felices, tranquilos e relaxados é unha proposta de Rebeca Lafuente sobre Mindfulness con recursos interesantes para Educación Infantil e Primaria.

 

7. 126 Dinámicas de Educación Emocional é un blog de  Fernando Navarro, onde a Educación Emocional é un pilar fundamental para o día a día de un docente ou de unha familia. Contén recursos interesantes para Educación Infantil e Primaria.

 

8. Técnicas de Relaxación para nen@s é un blog con pequenos vídeos para traballar a relaxación, os distintos tipos de respiración. 

 

9. Vídeo de Meditación guiada para dormir. Este vídeo é un conto para que o alumnado consiga durmir profundamente... 

10. Vídeo de Meditación  para dormir:  Este vídeo é un conto para que o alumnado consiga durmir profundamente...  

 

11. 5 Xogos que potencian a Atención e a Percepción Visual... Este vídeo mostranos 5 vídeos con materiais que potencian a atención e a percepción visual do alumnado.

11. Técnicas de Relaxación para nen@s é un blog con xogos de relaxación para aprender a xertionar os distintos tipos de emocións e sentimentos: rabia, tristeza, frustración, inseguridade...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut