Skip to Content

Abril 2016

2ª XORNADA DE TENIS DE MESA E CLASIFICACIÓNS

2ª Xornada de Tenis de Mesa

Mércores 27 de Abril de 2016

Pavillón de Sobrada

 

O pasado Mércores 27 de Abril tivo lugar nas instalación do Pavillón de Sobrada, a 2ª Xornada de Tenis de Mesa, da presente campaña deportiva, na que participaron nenos e nenas das categorías Benxamín e Alevín do noso cole.

Xa temos as clasificacións que podedes ver aquí. Noraboa aos clasificados..son os 16 primeir@s de cada categoría.

Tamén vos deixamos imaxes da xornada na que o pasamos xenial.

RESULTADOS PREVIA_AF

RESULTADOS PREVIA AM

RESULTADOS PREVIA_BF

RESULTADOS PREVIA BM

CAMPIONATO DE GALICIA DE SELECCIÓNS PROVINCIAIS DE BALONMÁN

Campeonato de Galicia de Seleccións Provinciais de Balonmán

Os alumnos Aya e Diego de 6º coa Selección de Pontevedra de Balonmán.Noraboa.

 

Os alumnos do Ceip Nº2 de Tui  Aya Baatti de 6ºB e Diego Rodríguez de 6ºC, xogadores do Clube Balonmán Tui, foron convocados pola Selección de Pontevedra de Balonmán, para xogar este fin de semana en Lalín o Campionato Galego de Seleccións Provincias de Balonmán, na categoría Alevín.

O vindeiro, Domingo 1 de Maio, estarán no pavillón Lalín Arena disputando este importante campeonato. Noraboa a estes grandes xogadores e a nosa noraboa ao Clube Balonmán Tui, equipo no que se formaron e xogan.

https://www.facebook.com/balonmantui/

RUTA DE OPORTO E GUIMARAÊS

Ruta de Oporto e Guimaraês.

Lucía de 5ºC  e a súa familia nos deixan unha proposta de deporte en familia,moi interesante, que nos leva ata idade media, a castelos, xogos medievais… Un paseo cheo de encanto entre Oporto e Guimaraês en Portugal…aquí vos deixamos boa mostra do que vos podedes divertir, si decidides esta ruta seguir

Gracias a Lucia de 5ºC e a súa familia por compartir con nós este lugar con encanto.

 

PEONZAS DE CARTÓN

Peonzas de Cartón.

Hiba de 5ºC, quixo compartir con nós o seu novo xoguete, unhas peonzas de cartón que se teñen que montar en cada ocasión…como veredes  é un xoguete de destreza e habilidade…

Aquí vos deixamos algunhas fotos e un video de como xiran…Gracias Hiba por este novo modelo de peonza.

TRILHO DA FORTALEZA. Domingo 1 de Maio de 2016

TRILHO DA FORTALEZA

Domingo 1 de Maio de 2016

O Vindeiro Domingo 1 de Maio de 2016, terá lugar o Trilho da Fortaleza, dentro das Andainas anuais que organiza a Eurocidade Tui-Valença.

A Saída será da Porta do Sol da Fortaleza de Valença ás 9:00h portuguesas…Terá unha duración de 6 km..cunha duración de 2 horas aproximadamente.

Animadevos a participar e a disfrutar de este lugar con historia.

2ª Xornada Tenis de Mesa 15-16.

2ª Tenis de Mesa 15-16.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

   27 de Abril de 2016

O vindeiro,  Mércores día 27 de Abril,  vai ter lugar a 1ª Xornada da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente campaña Deportiva 15-16 no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 20:00h, pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e Areas. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:15h. 

2ª XORNADA DE DINAMIZACIÓN INTERCENTROS

Xornada de Dinamización Intercentros

Curso 15-16

Ceip Nº2 de Tui-Ceip Guillarei

O pasado Xoves, día 21 de Abril de 2016, tivemos a 2ª Xornada de Dinamización Intercentros.

Os Cursos de 6ºB e 3ºA xogamos c@s nos@s amig@s do Ceip Rebordáns no Pavillón Vello de Tui… Alí estivemos toda a mañá xogando a: Xadrez, Volei, Bádminton, Balonmán, Baloncesto e Fútbol-sala.

Aquí vos deixamos as fotos da xornada para que vexades o ben que o pasamos.

Tenis de Mesa 15-16

Tenis de Mesa 15-16.
Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 20 de Abril de 2016


O pasado,  Mércores día 20 de Abril,  tivo lugar a 1ª Xornada da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente campaña Deportiva 15-16 no Pavillón de Sobrada. Xogamos nenos e nenas de 3º,4º,5º e 6º, aquí vos deixamos algunhas fotos do ben que o pasamos nesta xornada.

Copa da Raíña de Balonmán 16

Copa da Raíña de Balonmán 16


A pasada fin de semana, 15,16 e 17 de Abril, tivo lugar a Copa da Raíña de Balonmán Feminina 2016, en Porriño.
Aquí déronse cita os mellores equipos españois de balonmán feminino, entre os que se atopaban os 2 representantes galegos e veciños nosos: O Club Balonmán Porriño e o Club Balonmán Guardés. Ambos equipos fixeron un gran campionato pero non foron quen de chegar á final.
A final xogárona o equipo Bera Bera e Zuazo, que foron os grandes finalistas.
Varios nenos e nenas do noso colexio, se desprazaron ata o Pavillón de Porriño para disfrutar de este campionato, entre elas Maya de 5ºB, Lucía e Paula de 5ºC...
Aquí vos deixamos varias fotos de este gran evento, que nos facilitou Maya de 5ºC, unha gran atleta de balonmán e apaixoada de este deporte, como ides comprobar nas fotos que fixo coas mellores xogadoras de balonmán españolas.

 

 

Curso de Monitor de Fútbol Base en Tui

Curso de Monitor de Fútbol Base en Tui


Tui acollerá a partir do día 3 de Mayo, ata finais de Xuño, un Curso de Monitor de Fútbol Base, organizado pola Federación Galega de Fútbol, en colaboración co Concello de Tui. Levarase a cabo con profesorado especializado, os Martes e Xueves, de 19.30 a 23 horas, ainda que o horario podería variar en función das preferencias do grupo. Poden participar persoas interesadas a partir dos 16 anos de idade.


Inscripción: na páxina da Federación Galega, no apartado de Adestradores, na sección Escola.


O precio do curso: son 150 euros.

 

Curso de Monitor de Fútbol Base en Tui

Curso de Monitor de Fútbol Base en Tui


Tui acollerá a partir do día 3 de Mayo, ata finais de Xuño, un Curso de Monitor de Fútbol Base, organizado pola Federación Galega de Fútbol, en colaboración co Concello de Tui. Levarase a cabo con profesorado especializado, os Martes e Xueves, de 19.30 a 23 horas, ainda que o horario podería variar en función das preferencias do grupo. Poden participar persoas interesadas a partir dos 16 anos de idade.


Inscripción: na páxina da Federación Galega, no apartado de Adestradores, na sección Escola.


O precio do curso: son 150 euros.

 

1º Xornada de Tenis de Mesa

Tenis de Mesa 15-16.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 20 de Abril de 2016

O vindeiro,  Mércores día 20 de Abril,  vai ter lugar a 1ª Xornada da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente campaña Deportiva 15-16 no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 20:00h, pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e Areas. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:15h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

 

OS CAÑÓNS DO SIL

 Os Cañóns do Sil ( Ourense)

Proposta de Deporte en Familia.

David Vaquero de 5ºA, deixanos esta proposta de Deporte en Familia. Xunto a súa familia, disfrutou do entorno natural dos Cañóns do Sil, das súas paisases, mosteiros, ríos...

Aquí vos deixamos algunhas fotos, para que vos animedes a visitalos e disfrutar deles.

I TRIAL DO MONTE ALOIA

 

I Trail Monte Aloia.

 

O I Trail Monte Aloia, estrease o Domingo 1 de Maio de 2016...Terá un percorrido de 25kn na opción 1 ou 15 Km na opción 2...levándose a cabo a través do Parque Natural do Monte Aloia.

Á saída será ás 9:00h do complexo deportivo da Macoca, será unha proba circular, con saída e chegada ao mesmo sitio.

A inscripción está aberta e pode realizarse a través da web ChampionChipNorte... Podedes atopar máis información na web: http://www.trailnorte.es/2016/04/trail-monte-aloia-pontevedra.html

CARREIRA POPULAR DE SAN TELMO 2016

 

Carreira Popular de San Telmo 16.

Dom 3 de Abril 2016 (Tui )

O pasado, Domingo de San Telmo, día 3 de Abril pola mañá, tivo lugar a Carreira de San Telmo 2016, na Corredeira de Tui. Nesta carreira participaron moitos nen@s do noso colexio, con excelentes resultados e un gran número de participantes.

Aquí vos deixamos algunhas fotos de esta xornada na que como comprobaredes, o pasamos xenial.

Tamén podedes atopar máis información, cos tempos e fotos de chegada en: https://clubatletismotui.wordpress.com/carreira-san-telmo/

 

COMPETICIÓN DE TENIS DE MESA

Competición de tenis de mesa 15-16

Os Vindeiros mércores días 20, 27 de Abril, e 4 de Maio vai ter lugar a competición  escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente campaña Deportiva no Pav. Do Ceip de Sobrada. Ditas xornadas están destinadas os/as nenos/as de 3º,4º, 5º a 6º que queiran participar. A data límite de inscripción remata o vindeiro, Venres día 15 de Abril de 2016.

Aqui vos deixamos a folla de inscripción.



by Dr. Radut