Skip to Content

Xuño 2016

ALOIADA 2016

ALOIADA 16


Os pasados Luns e Martes días 20 e 21 de Xuño os alumnos/as de 6º dos colexios Nº1, Nº2 e Pazos de Reis disfrutamos da Aloiada 16.

Fixemos escalada, orientación, aprendemos nocións básicas de primeiros auxilios, acampamos, fixemos sendeirismo polo espazo natural do Monte Aloia e o Galiñeiro, estivemos no río Miño practicando piragüismo, convivimos e pasamos unhas xornadas estupendas.

Se queredes comprobar o ben que o pasamos, clicade enriba da foto.

 

Tui en Ruta

 

Tui en Ruta

17 Xuño 2016

O Venres 17 de Xuño de 2016, o alumnado de 5º de Educación Primaria, disfrutamos do Tui en Ruta, este ano debido as condicións climatolóxicas, soamente foi a xornada de Venres...

Aquí vos deixamos algunhas fotos do ben que o pasamos. Premede enriba de esta foto para ver o album completo.

 

Móvete + Sente e Envólvete

Movéte+  Sente e Envólvete.

Seguindo o proxecto do centro, os nenos/as de 6º de Educación Infantil bailarón e sentiron a terra traballada por eles.

O video e unha boa mostra dun gran traballo en equipo. O mestre Javier compuxo o poema da canción que despois a mestra Patry interpretou, e os nenos de 5 anos foron os que puxeron o movemento.

Foi unha gran experiencia onde os nenos/as diron o mellor de eles.

 

V ROMERÍA DAS ANGUSTIAS

 V Romería das Angustias

Monte Aloia

02/07/16

Saída dende o Paseo da Corredoira de Tui e chegada o alto do Monte Aloia con cea e festa rachada no adro da capela de San Xiao.

A recollida de acreditacións será no Paseo da Corredoira en Tui a partir das 19:00.

Prezo:9 € adulto.

            5 € menores de 14 anos.

Menú:  Churrasco, chourizos, pan, viño, bebidas e rosca.

A baixada corre a cargo de cada participante. Se recomenda subir o coche ó monte Aloia antes de comezar a romaría.

Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor "Grupo Banco Popular" na conta:

IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Enviando xustificante do ingreso co nome e apelidos de cada inscrito ó enderezo clubandatui@gmail.com.

Data límite: 29 de Xuño

Podedes atopar máis información en: http://www.andatui.es/inscricion-romaria/

CAMPUS DE FÚTBOL DA FUNDACIÓN CELTA DE VIGO

 Campus de Fútbol da Fundación Celta de Vigo

4-8 Xullo de 2016

Instalacións deportivas Municipais Alvarez Durán.

Tui acollerá o campus de fútbol da Fundación Celta de Vigo, que vai ter lugar do 4 ao 8 de Xullo en horario de 10:00-14:00h, nas instalacións deportivas Municipais Alvarez Durán.

O Campus está dirixido a xoves de 4 a 16 anos. As inscripcións están abertas ata o día 1 de Xulo a través da Web www.fundacioncelta.com.

Animádevos a disfrutar do futbol no verán!.

I CAMPUS SARA TUI

 I Campus Sara Tui.

18-22 de Xullo 2016

Campo de Futbol Alvarez Durán Tui

 Do 18 ao 22 de Xullo, en horario de 9:00h-13:00h, vaise levar a cabo o I Campus Sara Tui, de Fútbol, nas instalacións de Fútbol do campo Alvarez Durán de Tui.

Este Campus ten como obxectivo mellorar o adestramento específico dos nenos entre 6 e 14 anos.

Animamos a todos aqueles nen@s que vos guste o fútbol, a disfrutar de esta gran oportunidade....

Sara Tui é unha xogadora tudense, que na actualidade xoga na 1ª División de Fútbol Feminino Nacional.. As gracias a esta gran xogadora por esta gran labor. Gracias Sara!.

CLINIC JOE ARLAUKAS DE BALONCESTO EN TUI

 

Clinic Joe Arlauckas de Baloncesto en Tui.

O vindeiro día 2 de Xullo vai ter lugar, no Pavillón Novo de Tui, o Clinic Joe Arlauckas de Baloncesto. No que poden participar todas as persoas con inquietudes no mundo do baloncesto...

No mesmo participarán Pepe Laso, Pepe Casal,Antonio Carrillo entre outros, que nos aportarán parte da súa experiencia deportiva. ...

Para máis información: www.campusjoearlaukastui.com

ANDAINAS SAUDABLES

ANDAINAS SAUDABLES

Aqui vos deixamos o calendario das Andainas Saudables que terán lugar a partir de agora. Animádevos a participar!!!!!!!

III CAMPUS DE PATINAXE RIBEX

 III Campus Patinaxe Ribex

 1-15 Xullo

 Pav. Ies San Paio

 O Club Ribex de patinaxe organiza do 1-15 de Xullo o III Campus de Patinaxe Ribex, nas instalacións do Ies San Paio, en horario de 9:30 a 13:30h, con gran variedade de actividades...animamos a tod@s ne@s a participar.

BEISBOL

Beisbol na escola.

No 3º Trimestre estivemos a investigar e xogar sobre os deportes alternativos: entre eles xogamos e descubrimos moitas cousas sobre Beisbol…Un deporte pouco coñecido para nós, pero que á gran maioria de alumn@s nos gustou e disfrutamos moitisimo xogando.

Eloy de 6ºC e Antia de 3ºB, quixeron compartir con nós o seu material deportivo, para iniciar este deporte e moi fácil de usar. Moitas gracias a Eloy e a Antia.

CAMPUS JOE ARLAUKAS

Campus de Tecnificación e Alto Rendimento Joe Arlaukas

4-9 de Xullo 2016 Tui

               Do 4 ao 9 de xullo de 2016, terá lugar en Tui o Campus de Tecnificación e alto Rendimento Joe Arlaukas-Tui. Está destinado a nen@s das categorías Alevín, Infantil, Cadete, Junior e  Senior na modalidade de Baloncesto.

Levarase a cabo en Tui, e as prazas son limitadas.A inscripción poderá levarse a cabo a través da Web: http://www.campusjoearlauckastui.com/

 

FASE FINAL DO XXXII CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBES

 Fase Final do XXXII Campeonato de España de Clubes Infantil Femenino de Baloncesto.

Os pasados Luns 13 e Martes 14 de Xuño, @s alumn@s do Ceip Nº2 de Tui, disfurtamos do XXXII, Campeonato de España de Clubes de Baloncesto na categoría Infantil feminina. O certo é, que nos convertimos nun público de excepción, tal como podedes ver nas fotos. Con todas as nosas forzas animamos, a Murcia, Salamanca, Pais Vasco, Navarra...e aprendemos moitas cousas de Baloncesto. Noraboa aos equipos gañadores.

II CAMPIONATO DE JUDO EUROCIDADE E III CAMPIONATO IBÉRICO DE KUNF FU EUROCIDADE

 

II Campionato de Judo Eurocidade e III Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

 

O deporte volve a ser protagonista esta fin de semana na Eurocidade Tui-Valença con dous eventos destacados que se van celebrar nos pavillóns de deportes das dúas cidades. Trátase do II Campionato de Judo Eurocidade que se celebrará o sábado no pavillón de deportes de Valença e do III Campionato Ibérico de Kung-Fu Eurocidade que se disputará no novo pavillón de deportes de Tui o Domingo. Os dous foron presentados esta mañá na casa do concello de Tui.

Con respecto ao II Campionato de Judo Eurocidade que se celebrará o sábado dende ás 12.30 hora española no pavillón de deportes de Valença a presidenta do Judo Club Valença, Argentina Sousa, destacou que van participar 200 deportistas das categorías xuvenil e cadete, pertencentes a 9 asociacións e 30 clubs, 23 de Portugal e 7 de España.



O Domingo a cita será dende ás 10.30 hora española no novo pavillón de deportes de Tui co III Campionato Ibérico de Kung-Fu Eurocidade, con entrada gratuíta. Serán algo máis de 2 horas dun espectáculo deportivo moi dinámico nas modalidades de KugFu Tradicional e Moderno e cunha exhibición de Tai-Chi no que participarán máis de 300 deportistas, gran parte deles premiados en campionatos nacionais e internacionais.

Animádevos a disfrutar de este evento. Podedes atopar máis información en: http://www.concellotui.org/php/novas.php?id=3503

 



BAILE GALEGO

Baile Galego.

Letras Galegas 2016.

Con motivo do día das Letras Galegas 2016, dedicadas este ano a Manuel María, no Ceip Nº2 de Tui, o Luns 16 de Maio organizamos un día de talleres, relacionados coa Horta de Lúa…entre os moitos que fixemos tivemos: Baile Galego, Vestimentas populares para a horta e para bailar, instrumentos musicais, elaboración de cestos con elementos naturais, elaboración de Maios, encaixe de Bolillos, Cociña….

Aquí vos deixamos algunhas fotos de estes talleres e o video do ben que bailamos.

NOVO PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA OS CAMPAMENTOS DE VERÁN CONCELLO DE TUI

Campamentos de Verán

Concello de Tui.

O Concello de Tui volve poñer en marcha A INSCRIPCIÓN para a iniciativa dos campamentos de Verán durante os meses de Xullo e Agosto, para moz@s de 3-12 anos.

O prazo de inscripción será ata o 17 de Xuño de 2016 na secretaría do Concello…xa que quedan prazas dispoñibles animádevos a participar. Máis información aquí

 

 

AVISO IMPORTANTE SOBRE A ALOIADA E O TUI EN RUTA

AVISO IMPORTANTE SOBRE A ALOIADA E O TUI EN RUTA

Debido as previsións meteorolóxicas de cara aos vindeiros días, vemosnos na obriga de cambiar as datas das actividades da Aloiada e o Tui en Ruta.

O tui en ruta para ó alumnado de 5º será o venres día 17 de xuño en horario de 9.15 ata as 19:30 do mesmo día.

A Aloiada para ó alumnado de 6º pasa para os vindeiros luns 20 e martes 21 de xuño, mantendo á organización que estaba prevista.

Para máis información pinchade no seguinte enlace.

Nota informativa para as familias de 5º, aqui

Nota informativa para as familias de 6º, aqui

 

JAVIER GÓMEZ NOYA PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DOS DEPORTES 2016

 Javier Gómez Noya, premio Princesa de Asturias

dos Deportes 2016.

O Atleta de Ferrol, Javier Gómez Noya, despois de ser cinco veces campión do mundo, acaba de ser nomeado, premio Princesa de Asturais dos Deportes 2016.. O xurado destaca o seu incontestable palmarés e o encomiable espíritu de superación de este gran triatleta.

A nosa noraboa a este gran deportista!!.

O MONTE ALOIA UN PARAISO PARA DISFRUTAR EN FAMILIA

 

O Monte Aloia un paraiso para disfrutar en familia.

 

O Monte Aloia é un espazo natural, do que podemos disfrutar de moitas maneiras coa nosa familia: paseos, rutas a pé, a cabalo, en bicicleta...nel podemos atopar, as rutas dos Muiños do Tripes, o Alto dos Cubos, a ruta do Rego de Pedra, a ruta do Arboreto, a Ruta das Pozas de Cabanas, a Ruta dos Miradores,a Ruta do Galiñeiro...e un sinfin de rutas máis, das que poderedes disfrutar en familia.

Aquí vos damos conta dos horarios de actividades e podedes ver máis información en:http://www.galiciamaxica.eu/pontevedra/comarca-do-baixo-mino/tui/montealoia/

 

III Torneo de Kayak Polo en Caldelas, Tui

 III Torneo de Kayak Polo en Caldelas, Tui

 Este domingo, 12 de Xuño, celebrarase o terceiro trofeo da XXIII Liga Galega de Kaiak Polo, nas categorías sénior, sub21 e damas, organizado pola sección de Kaiak Polo do Club Piragüismo Penedo, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo. Disputarase na lagoa de Caldelas, dende as 09.00 ata as 18.00 horas.

 Un total de nove equipos procedentes de toda Galicia enfrontaranse ao longo do día nas distintas categorías. Os equipos participantes son o Rodeira de Cangas sénior e sub21, Umia de Caldas de Reis, Copacabana de Ferrol sénior e sub21, Combarro de Pontevedra, Xuvenil de As Pontes (Coruña), Arcos de Valdevez (Portugal) e o propio club organizador, Club Penedo feminino de Caldelas.

 Neste campionato homenaxearase a David Fernández “Michi”, irmán dunha das xogadoras do Club Penedo, falecido a semana pasada no río Miño.

 

5ª Eurocidade 10Km Tui-Valença.

5ª Eurocidade 10Km Tui-Valença.

 O Vindeiro Domingo 12 de Xuño, terá lugar a 5ª proba Eurocidade 10km entre Tui e -Valença.. a proba sairá ás 10:00h do Paseo da Corredoira.. e a meta tamén será no punto de partida, e será unha carreira que se levará a cabo entre Tui e a Valença pasando pola Ponte Internacional.

 Animádevos a participar e disfrutar de esta proba.

 Podedes atopar máis información en:

 https://clubatletismotui.wordpress.com/eurocidade10/

Fase Final do XXXII Campeonato de España de Clubes Infantil Femenino de Baloncesto.

Fase Final do XXXII Campeonato de España de Clubes Infantil Femenino de Baloncesto.

Uns 400 xogadores participarán e 36 equipos disputarán, entre os días 12 e 18 de Xuño en Porriño e Tui, o XXXII, Campeonato de España de Clubes de Baloncesto na categoría Infantil feminina. Entre eles 3 equipos galegos: seis do Nadal, Celta de Vigo  e Pío XII-Rosalía de Castro.

En Tui podemos disfrutar dos seguintes partidos:

1ª Xornada: Domingo 12 de Xuño de 2016

10.00h                  3º P. Vasco- Ad. Infante               Tui

12:00h                  Perfumerias avenida A -Aranguren Mutilbasket 02 Tui

16:00h                  DKV Sant Josep- Movistar Estudiantes A

18.00h                  DKV El Puerto- Snatt`s Femení St. Adriá

2ª Xornada: Lunes 13 de Xuño de 2016

10.00h                  Ad. Infante- Perfumerias avenida A       Tui

12:00h                  3º P. Vasco -Aranguren Mutilbasket 02 Tui

16:00h                  Movistar Estudiantes A- DKV El Puerto

18.00h                  DKV Sant Josep-  Snatt`s Femení St. Adriá

3ª Xornada: Martes 14 de Xuño de 2016

10.00h                  Perfumerias avenida A Tui- 3º P. Vasco

12:00h                  Ad. Infante -Aranguren Mutilbasket 02 Tui

16:00h                  DKV Sant Josep-  DKV El Puerto

18.00h                  Movistar Estudiantes A- Snatt`s Femení St. Adriá

Este mesmo fin de semana o equipo Infantil Masculino de Baloncesto do Club Baloncesto Tui, disputará o XXXVII Campionato de España Infantil Masculino, xunto aos equipos de Baloncesto de : Madrid, Linares e Badalona...Dende o Ceip Nº2 de Tui queremos desexarlles moita Sorte para o equipo tudense.

 

FINAIS DE FÚTBOL-SALA ESCOLAR

 Finais de Futbol-sala Escolar.

 O pasado Martes 24 de Maio, tivo lugar no Pav. Novo de Tui, a Xornada final de Futbol-sala escolar. Participaron os equipos alevín e Benxamín do noso cole, xunto aos equipos do Cep Pedro Caselles de Tomiño e aos equipos das Escolas Deportivas de Salceda.

Na categoría Alevín o equipo do Ceip Nº2 de Tui proclamouse campeón zonal.

Na categoría Benxamín o equipo do Ceip Nº2 de Tui proclamouse 3º Clasificado.

Noraboa a todos os participantes.

VISITA AO RÍO MIÑO

Disfrutando do Río Miño.

Os pasados días  24 e 25 de Maio, con motivo das Xornadas de portas abertas, organizadas pola Comandancia Naval do Miño, e o Cabo Fradera, moitos alumn@s do noso colexio, tiveron a oportunidade de disfrutar de un paseo polo Río Miño, un paraíso natural, que temos en Tui, e máis agora en primaveira…. Aquí vos deixamos voa mostra de todo o que fixemos e o ben que o pasamos.

Clausura das Escolas Deportivas de Patinaxe da Deputación de Pontevedra en Tui.

 Clausura das Escolas Deportivas de Patinaxe da Deputación de Pontevedra en Tui.

O pasado domingo, 22 de Maio, tivo lugar no pavillón deportivo Municipal de Tui, o acto de clausura das Escolas Deportivas de patinaxe, da Deputación de Pontevedra, organizado pola propia Deputación  e a Federación Galega de Patinaxe , en colaboración co Concello de Tui e o Club de Patinaxe Ribex de Tui. Este é o cuarto ano en que Tui acolle este acto de clausura ao ser a tudense a escola máis numerosa da provincia.

Neste acto de clausura participaron numerosos alumnos do Ceip Nº2 de Tui.. Estas fotos foron facilitadas por Elsa Bernárdez de 6ºA.. Moitas gracias a Elsa e a súa familia.

Rueiro por Tui alumnos de 5º

 Rueiro por Tui

Alumnos de 5º

Ceip Nº2 de Tui.

 O pasado Luns 2 de Maio, os alumnos de 5º de primaria, do Ceip nº2 de Tui, levamos a cabo un rueiro por Tui, para descubrir o pasado medieval da nosa cidade...Aquí vos deixamos as mellores fotos da nosa viaxe na historia.

 

 



by Dr. Radut