III Torneo de Kayak Polo en Caldelas, Tui

 III Torneo de Kayak Polo en Caldelas, Tui

 Este domingo, 12 de Xuño, celebrarase o terceiro trofeo da XXIII Liga Galega de Kaiak Polo, nas categorías sénior, sub21 e damas, organizado pola sección de Kaiak Polo do Club Piragüismo Penedo, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo. Disputarase na lagoa de Caldelas, dende as 09.00 ata as 18.00 horas.

 Un total de nove equipos procedentes de toda Galicia enfrontaranse ao longo do día nas distintas categorías. Os equipos participantes son o Rodeira de Cangas sénior e sub21, Umia de Caldas de Reis, Copacabana de Ferrol sénior e sub21, Combarro de Pontevedra, Xuvenil de As Pontes (Coruña), Arcos de Valdevez (Portugal) e o propio club organizador, Club Penedo feminino de Caldelas.

 Neste campionato homenaxearase a David Fernández “Michi”, irmán dunha das xogadoras do Club Penedo, falecido a semana pasada no río Miño.