Skip to Content

Septembro 2019

Promoción de Balonmán/Promoting Handball

Promoción de Balonmán

O pasado xoves 12 de setembro estiveron con nós monitores do Clube Balonmán Tui. Con eles xogamos a balonmán no pavillón novo e pasámolo moi ben. Eles ademais son xogadores de balonmán do clube e animáronnos a probar este deporte que a eles tanto lles gusta. Moitas grazas.

Promoting  Handball

Last Thursday, September 12th, the monitors of Tui Handball
Club were with us. We played handball with them in the  new
sports hall and we had a great time. They are players of the
club's handball and they have encouraged us to try this sport
that they like a lot.
Thank you very much.

 

Promoción de Judo/Promoting Judo

Promoción de Judo

O pasado xoves 12 de setembro estiveron con nós David e Carmen do Club Judo Tui. Eles contáronnos cousas moi interesantes sobre o Judo, o importante que é para a concentración, para fomentar o compañeirismo, para o respecto...e ademáis pasámolo moi, moi ben. Tamén nos convidaron a ir no mes de setembro a probar as súas clases polas tardes, de xeito gratuito.

Moitas grazas Carmen e David por aportarnos tanto.

 

      Promoting  Judo

On Tuesdays, September 12th, David and Carmen from Judo Tui Club were with us.They told us very interesting things about Judo, how important it is for concentration, companionship, for respect ....We were also invited to go and try on Setember for free.

Thank you very much Carmen and David for providing us so much.

   
   
   

Campaña Deporte Escolar 19/20

Campaña Deporte Escolar 19/20

Como cada ano , vaise poñer en marcha a Campaña de Deporte Escolar, na que o noso centro participa en diferentes modalidades deportivas. Todos/as nenos/as de 3º a 6º participaran no Programa Xogade en Horario Lectivo. Tamén se levarán a cabo fora do horario lectivo outras actividades. Os/as nenos/as interesados en participar con nós nas diferentes competicións deportivas teñen que cubrir o seguinte impreso, e riscar os cadros das modalidades deportivas nas que queiran participar. Aquí vos deixamos a notiña que podedes imprimir e enviar ao colexio.

Actividades Clubs Deportivos de Tui 19/20

Actividades Deportivas Clubs Deportivos Tui.

Como cada ano deixamosvos a listaxe de actividades deportivas que podedes practicar en Tui, para ter un estilo de vida saudable e féliz, tal como estamos promocionando no Proxecto Eramus+ que se está levando a cabo dende o curso 2018 ata o 2020. Anotádevos e practicade a actividade física que máis vos gusta. Podedes pinchar sobre a foto para ver a información en grande

Xornadas de Promocións Deportivas 19-20

Xornadas de Promocións Deportivas 

Clubes Deportivos Eurocidade.

Durante os primeiros días de curso imos ter as tradicionais Xornadas de Promocións Deportivas en colaboración cos Clubes Deportivos da Eurocidade de Tui-Valença. O propósito é que o noso alumnado coñeza a oferta deportiva que ten na Eurocidade e poida gozar na mesma.

Aquí vos deixamos o calendario de promocións.

 

 

The first days of this academic year we are going to participate in the traditional “sports promotion  days” ,with Tui-Valença sports clubs. The aim is that our students know the different kind of sports and activities they could practice.

 Below is attached the document with the timetable.

 

 

Benvidos ao curso 19-20

Benvidos ao curso 19/20

O equipo de deporte escolar davos a benvida a tod@s ao curso deportivo 19/20. Esperamos que sexa un curso cheo de actividade física saudable, alimentación sa e mente feliz.

Por outra banda, queremos enviarlle un biquiño de despedida ás profes Andrea e Sara, ás que imos botar moito de menos. E queremos darlle a benvida á profe Raquel, nova no equipo, polo que esperamos que desfrute con nós: co profe Xosé, a profe Puri, a profe R.Bea, a profe Lore, a profe Patri e a Profe Bea en tódalas actividades deportivas e pasemos xunt@s un bo curso.

Desexamos que este curso sexa para toda a nosa Comunidade Educativa un ano cheo de " Promocións de hábitos de vida saudables e felices".



by Dr. Radut