Skip to Content

Marzo 2015

Concurso de Creación Novo Logo Agrudebam

A Agrupación Deportiva Baixo Miño convoca un concurso no que poden participar tódolos nen@s do noso cole o Ceip Nº2 de Tui, para a realización dun novo logo da nosa entidade co fin de renovala e para publicala na nosa web no facebook.
 

Todos os participantes deberán cubrir e seguir as instruccións que aparecen marcadas nas bases do concurso. e que aquí tedes adxunto. Así como tamén o modelo no que se debe facer o debuxo.

Nas bases do concurso aparece ben detallado que os participantes que entreguen o seu debuxo, dará autorización para a súa publicación. Asimesmo, que o que resulte gañador terá que entregar o seu orixinal.

Dende a Agrupación Deportiva Baixo Miño animámosvos a participar no concurso para a elaboración dun logo máis moderno da Agrupación para a nosa páxina no FACEBOOK.

Para iso, hai que ter en conta as seguintes bases:

 O traballo que se presenta a concurso consistirá nun debuxo relacionado co DEPORTE e que teña como protagonista a unha mascota (pode ser o que vos queirades animal, ser fantástico, persoa, …)

 Asimesmo o debuxo terá que vir acompañado coa palabra AGRUDEBAN.

 A palabra AGRUDEBAM ten que vir ben lexible e perfilada con rotulador para que poida destacar.

 Todo isto farase no modelo adxunto que podedes descargar e imprimir.

 Dito traballo debe ser orixinal e o máis coidadoso posible na súa elaboración e, ademais, acorde á idade do nen@.

 Cos traballos entregados realizarase un sorteo entre todos os participantes e entregaráselle un agasallo ao gañador ou gañadora e tamén para o colexio ó que pertenza o gañador ou gañadora.

 Ao traballo gañador pediráselle o debuxo orixinal.

 Poderán participar tódolos nen@s de tódolos colexios aos que pertence á nosa Agrupación (A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui e Salceda)

 Todos os traballos presentados a concurso terán autorización do seu autor para ser publicado na nosa páxina web, citando a súa orixe.

Os alumn@s que participedes deberedes entregar o traballo escaneado e envialo ao seguinte correo electrónico: tonyreyan@agrudebam.es con asunto CONCURSO LOGO AGRUDEBAM.

É moi importante que no correo electrónico escribades, de novo, os datos persoais (nome, apelidos, idade, centro no que estuda o nen@ e curso) que figuran no modelo adxunto e que estes veñan ben cumprimentados para poder realizar o sorteo de xeito satisfactorio.

A data límite de entrega será ata o 30 de abril

Animádevos a participar!

A Agrupación Deportiva Baixo Miño

Bases do Concurso podes descargalas aquí.

O modelo que tedes que usar para o voso debuxo podes descargalo aquí

Carreira Popular de San Telmo 15

Carreira Popular de San Telmo 15

Dom 12 de Abril 2015 

            O Vindeiro domingo de San Telmo, día 12 de Abril de 2015 apartires das 10:30h, vai ter lugar a Carreira Popular de San Telmo 2015.  Dita xornada está destinada os/as nenos/as  e adultos e adultas que queiran participar. Este ano organiza a proba o Club Atletismo Tui-Thermalia e gustaríamos contar con un gran número de participantes, xa que é aquí en Tui. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta notiña asinada antes do vindeiro venres día 27 de Marzo. Xa que a vindeira semana enviarémosvos as notas co horario e as equipacións, despois ímonos de vacacións e quedaremos para o día da proba.

Categorías: Xuveníl  ( 7000m  nacidos 98/97 ás 10:30h), Senior ( 7000m  nacidos 80/97 ás 10:30h), Veteráns A e B ( 7000 m nacidos antes do ano 1979), Cadetes e Infantil ( 2500 m nacidos 00/01/02/03 ás 12:00h), Alevíns ( 900 m nacidos 2004/2005 ás 12:15h), Benxamíns ( 600 m nacidos nos anos 2006/2007 ás 12:30h), Prebenxamín (  400 m nacidos 2008/2009 ás 12:45h), Pitufos ( 200m nacidos nos anos 2010/11/12 ás 13:00h).

 

 

 Se queres descargar a folla de inscripción pincha aquí.

 Se queres descargar a folla do horario pincha aquí.

Atoparédes máis información na web do Club Atletismo Tui.

DEPORTE ESCOLAR. Balonmán Curso 14-15

   
 

 DEPORTE ESCOLAR.

Balonmán Curso 14-15

O vindeiro, Martes 24 de Marzo dará comenzo a competición escolar deBalonmán , a 1ª xornada terá lugar mañá, no Pavillón Municipal Novo de Tui. . O horario dos partidos será a partires das 16:00h. Esta xornada é para todos os nenos/as do cole que queiran participar. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se ha tiverades , chandal do mesmo e botella de auga. Así mesmo, animamos a todos os/as nenos/as que non queiran xogar, que veñan a animar aos nosos equipos.

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a colleitar victorias na liga de Balonmán Alevín

O equipo Alevín do club Balonmán Tui xogou a pasada fin de semana do 14 de Marzo de 2015, no Pavillón de Tui contra outro equipo do Baixo Miño, o Atlético Novás.

C.B. Tui- Atlético Novás. O resultado foi moi favorable ao equipo tudense: 5-2/4-1/7-3/7-1

Noraboa Campións!.

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu decimosexto encontro da Liga 14-15.

O pasado Sábado 14 de Marzo de 2015, tivo lugar o decimosexto encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

 Nesta xornada os nosos xogadores xogaron no campo do equipo de Matamá, o resultado está vez foi empate: Matamá-Tyde 2-2

DEPORTE ESCOLAR. Futbol-sala Curso 14-15

 

DEPORTE ESCOLAR.

Futbol-sala Curso 14-15

O vindeiro, Martes 17 de Marzo dará comenzo a competición escolar de fútbol-sala, a 1ª xornada terá lugar mañá, no Pavillón Municipal Novo de Tui. Ceip Nº2-Colexio Sta Mª Maristas. O horario dos partidos será o seguinte: 17:15h Benxamín ( alumnos de 3º e 4º) e 18:00h Alevín ( alumnos de 5º e 6º). Todos os nenos/as terán que estar no pavillón 15 min antes do seu partido. Esta xornada é para todos os nenos/as do cole que queiran participar. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se ha tiverades , chandal do mesmo e botella de auga. Así mesmo, animamos a todos os/as nenos/as que non queiran xogar, que veñan a animar aos nosos equipos.

 

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a colleitar victorias na liga de Balonmán Alevín

O equipo Alevín do club Balonmán Tui xogou a pasada fin de semana do 7 de Marzo de 2015, no Pavillón do Club Teucro de Pontevedra

Teucro-C.B. Tui. O resultado foi moi favorable ao equipo tudense: 1-1/1-4/4-5/1-4

Noraboa Campións!.

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu decimoquinto encontro da Liga 14-15.

O pasado Sábado 7 de Marzo de 2015, tivo lugar o decimoquinto encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores xogaron en campo propio contra o equipo do Coruxo B, o resultado está vez foi para o Coruxo B que foi quen de gañar no campo do Tyde 0-2.

O Equipo Alevín do Club Baloncesto Tui está a xogar a Liga Galega

O equipo alevín do Club Baloncesto Tui, xogou o pasado 7 de Marzo co Equipo de Ourense. O equipo tudense gañou 80-34.

Noraboa Campións.

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a colleitar victorias na liga de Balonmán Alevín

O equipo Alevín do club Balonmán Tui xogou a pasada fin de semana do 28 de Febreiro de 2015, no Pavillón do Club de Balonmán en Tui

C.B. Tui- Ribeiro. O resultado foi moi favorable ao equipo tudense: 7-0/ 6-1/3-2/11-1.

Noraboa Campións!.

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu decimocuarto encontro da Liga 14-15.

O pasado Sábado 27 de Febreiro de 2015, tivo lugar o decimocuarto encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores xogaron en campo propio contra o equipo do Areosa, con victoria dos tudenses 2-3.

Noraboa Campeóns.

 

O Equipo Alevín do Club Baloncesto Tui está a xogar a Liga Galega

O equipo alevín do Club Baloncesto Tui, xogou o pasado 27 de Febreiro co Equipo Bosco. O equipo tudense gañou na casa 68-42.

Noraboa Campións.

 

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu décimoterceiro encontro da Liga 14-15.

O pasado Sábado 21 de Febreiro de 2015, tivo lugar o décimo-terceiro encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores xogaron en campo propio contra o Rápido de Bouzas, con victoria clara dos tudenses 4-2.

Tamén xogaron nesta xornada o equipo Alevín do Tyde B, que se enfrontaba en dobre xornada  nesta fin de semana: primeiro ante o equipo das Neves, selaba a victoria cun resultado de 2-0, e despois voltaba a gañar contra o equipo de Goián 6-3.

Noraboa Campeóns.

O equipo Alevín do club Balonmán Tui segue a xogar a liga de Balonmán Alevín

O equipo Alevín do club Balonmán Tui xogou a pasada fin de semana do 21 de Febreiro de 2015, no Pavillón do Club de Balonmán Lavadores de Vigo

Lavadores-C.B. Tui. o resultado nesta ocasión estivo moi igualado, decantando a balanza para o equipo vigués: 3-2/ 0-2/4-4/3-2.

A seguir xogando así de ben.

As mellores canastas de Brodie Smith

Hoxe venres día 13 de Marzo, Borja de 5ºC nos traia unha noticia sobre baloncesto.

Na web descubriu algo interesante que lle apetece compartir con todos vós. As mellores canastas de Brodie Smith, o curiso e que estas canastas, agora que estamos a traballar baloncesto en clase, e que non son con un balón de baloncesto, senon con un frisbee.

Pinchade aquí para disfrutar de este  video vós tamén.

10 Regras Deportivas para Papás

10 Regras Deportivas para Papás.

Descubrimos que os papás son o xogador máis importante para os seus fillos/as. Un xogador que sen tocar o balón, é de gran axuda para ese pequeno gran xogador que é o seu fillo.

Aquí  deixamos 10 regras que seguro todos os papás e mamás xa estades a practicar moi ben. Gracias por facelo de esta maneira e acadar que os vosos fillos/as sexan grandes deportistas, non polos seus resultados senón coma persoas.

Anxo Manuel Fontaiña de 6º Practica Patinaxe sobre Xeo

Anxo Manuel Fontaína,alumno de 6ºB, aproveitou as vacacións de Nadal, para disfrutar de deporte en familia, facendo patinaxe sobre xeo en Portugal, na Praia de Áncora. Aquí vos deixamos unhas fotos súas dos mellores momentos.

IV Eurocidade BTT

O vindeiro domingo 15 de Marzo de 2015, terá lugar a IV Proba Eurocidade BTT. A saida será ás 9:00h do Paseo da Corredora de Tui.Serán dúas probas polas que podemos optar, unha das probas será de 43 Km e a outra será de 69 Km. Aquí vos deixamos máis información de esta proba que non vos podedes perder.

Descarga aquí  toda a información da proba 



by Dr. Radut