O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu decimoquinto encontro da Liga 14-15.

O pasado Sábado 7 de Marzo de 2015, tivo lugar o decimoquinto encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores xogaron en campo propio contra o equipo do Coruxo B, o resultado está vez foi para o Coruxo B que foi quen de gañar no campo do Tyde 0-2.