Clausura das Escolas Deportivas de Patinaxe da Deputación de Pontevedra en Tui.

 Clausura das Escolas Deportivas de Patinaxe da Deputación de Pontevedra en Tui.

O pasado domingo, 22 de Maio, tivo lugar no pavillón deportivo Municipal de Tui, o acto de clausura das Escolas Deportivas de patinaxe, da Deputación de Pontevedra, organizado pola propia Deputación  e a Federación Galega de Patinaxe , en colaboración co Concello de Tui e o Club de Patinaxe Ribex de Tui. Este é o cuarto ano en que Tui acolle este acto de clausura ao ser a tudense a escola máis numerosa da provincia.

Neste acto de clausura participaron numerosos alumnos do Ceip Nº2 de Tui.. Estas fotos foron facilitadas por Elsa Bernárdez de 6ºA.. Moitas gracias a Elsa e a súa familia.