Campionato de Loita Curso 17-18 Mércores 28 de Marzo de 2018

 Campionato Escolar de Loita

Curso 17-18

Mércores 28de Marzo de 2018

O vindeiro mércores, día 28 de Marzo de 2018 terá lugar nas instalacións do Pavillón Vello de Tui a xornada de Loita que se levara a cabo de 10:00h a 13:30h aproximadamente e os cursos participantes serán 4ºA e 4ºB.

Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

 Esta actividade está organizada pola a Agrudepación Deportiva Baixo Miño ( Agrudebam), en colaboración co Servicio de Deportes de Pontevedra, e o Concello de Tui. A proba terá lugar nas instalación nas instalación do Pavillón Vello de Tui e  os centros educativos participantes serán Ceip Guillarei, Ceip Rebordáns, Ceip Nº2 de Tui e Ceip Nº1 de Tui, cun número aproximado de participantes que estará entorno aos 125 neno/as. As probas que se levaran a cabo son xogos de iniciación aos deportes de Agarre, dinámicas divertidas onde todo o alumnado tomará contacto e experimentará os deportes de Loita. Esta experiencia lévase a cabo todos os anos para o 4º nivel de primaria e supon a promoción e toma de contacto cos deportes de agarre, Loita e defensa persoal. Dita xornada xa se levou a cabo, nos días pasados, tamén para o alumnado do Concello Tomiño, sendo un éxito tanto na participación como disfrute da actividade.