Animación á lectura

Libros que van e veñen curso 2021/2022

Os nenos e nenas de educación infantil, comezamos a levar os contiños da biblioteca á casa, para gozar da lectura coa familia, seguindo a iniciativa encadrada dentro do programa "Hora de Ler" para o fomento da lectura: "Libros que van e veñen", co que buscamos a implicación das familias nas actividades da biblioteca, e no empeño por conseguir que as nenas e os nenos do CEIP Manuel Sueiro desenvolvan hábitos de lectura.

As cariñas de felicidade que lucían neste primeiro día son indicativo do éxito desta iniciativa.

Camiño da lingua

O alumnado de 3° e 4° de primaria disfrutou dun divertido e didáctico obradoiro no que traballaron aspectos culturais, xeográficos, gastronómicos... da nosa comunidade autónoma, Galicia.

Contabamos cun mural que tiña un percorrido semellando o Camiño de Santiago. Os alumnos e alumnas tiveron que resolver diferentes retos para poder chegar á capital galega.

O magosto, refráns, Entroido, Letras Galegas, muralla de Lugo, o propio Camiño de Santiago, gastronomía... foron algúns dos temas tratados nesta lúdica actividade.

Empréstitos na biblioteca

Ao longo do curso 2020/21 funcionou o servizo de préstamo da biblioteca ata o mes de xuño con total normalidade, sen verse afectado polo protocolo COVID.

Realizáronse préstamos dos seus fondos aos membros da comunidade educativa que o demandaron, para poder gozar coa lectura en tempos de lecer nas súas casas.

Apoiándonos con contos

Son moitos os motivos que dende as aulas de apoio, e grazas a variedade de contos que temos na nosa biblioteca, utilizamos éste como un dos recursos educativos  imprescindibles na nosa práctica docente, xa que:

  • Ofrece unha mirada de optimismo frente as dificultades.
  • Educa en valores.
  • É respetuoso coa etapa evolutiva na que se encontra o/a neno/a.
  • É motivador porque son historias divertidas.

Por isto, e pola cantidade de actividades que se poden se poden levar a cabo a través dos contos (escoitar, comentar, ilustar, dramatizar, crear  sobre eles), este curso, traballamos cos nosos/as alumnos/as os seguintes:

Crocodilo

Cocorico

A que sabe a lúa

Wangari y los árboles de la paz

Aquiles, o puntiño

San Jorge y el dragón

Chivos Chivóns

 

El Conejo Blanco

 

Pase de grandes lectores

Como en anos anteriores, na semana do Día das bibliotecas escolares o alumnado colaborador da bilioteca fixo entrega dos carnés de biblioteca ao novo alumnado no centro para que teñan acceso a todos os servizos que se ofertan desde a biblioteca, sendo o máis solicitado o servizo de préstamo para levar fondos da biblioteca para as súas casas.

Xunto co carné, continuamos facendo entrega dunha carpeta na que lles vai un Pase de grandes lectores que deben cubrir das lecturas que fagan e que lle será validada co selo da biblioteca unha vez que devolva o libro. Cando a completan faiselle entrega dun pequeno agasallo en nome de Leo, a nosa mascota.

 

Mochilas viaxeiras curso 2020/2021

No curso 2020/2021 estiveron en funcionamento 6 mochilas viaxeiras, é dicir, unha por cada clase do cole.

Como en anos anteriores, as mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período dunha semana, para compartir coas familias o contido da mesma. O  contido do material foi escollido pola persoa titora, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos, tanto en galego como castelán, para que o alumando poida elixir.

Todas as mochilas inclúen “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, suxerencias, …, sobre o contido da mochila o dos libros lidos.

Achegamos unha mostra do traballo realizado polo alumnado nas súas casas.

Para a maioría das familias resulta ser unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre pais e fillos e enriquécenos a todos.

Mochila viaxeira de 6º Ed. Primaria

Libros que van e veñen curso 2020/2021

Na semana das bibliotecas escolares puxemos a funcionar, un ano máis, a actividade de animación á lectura: "Libros que van e veñen". Empregamos as novas bolsas/mochila que nos achegaron desde  a asesoría de bibliotecas da Consellería de Cultura, educación e universidade.

Todos os venres, o equipo de biblioteca prepara as bosas para que os nenos e nenas difruten da lectura en tempo de lecer coas súas familias.

BOA LECTURA PARA TODAS E TODOS!!!

 

Aquiles o puntiño

Contacontos realizado por Breixo sobre o libro de Guia Risari: "Aquiles o puntiño", coa colaboración da profe María emulando a Marc Taeger. 

O público de Ed. Infantil e 3º de EP pasouno xenial e ao remate da actuación pedíronlle que lles contase máis contos.

Distribuir contido