Día mundial da alimentación e do Pan

O 15 de outubro conmemoramos o Día Mundial da Alimentación 2021, que tamén coincide co Día Mundial do Pan, celebración promovida pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), co claro obxectivo de reducir a fame no mundo, un propósito tamén buscado pola Axenda 2030 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) co seu obxectivo de "fame cero".

O obxectivo do Día Mundial do Pan é dedicar un día a un dos alimentos máis tradicionais do mundo, así como dar a coñecer o seu valor nutricional e a súa importancia na dieta diaria dos seres humanos.

O pan que coñecemos hoxe remóntase ás culturas máis antigas que habitaron a Terra. Dende os tempos antigos este alimento elaborábase con fariña de trigo, aínda que existe unha gran variedade de pans elaborados con diferentes cereais como o millo, o centeo ou a espelta. De todos eles tivemos a oportunidade de degustar en todas as aulas do cole como actividade final á realización das unidades didácticas que elaborou o EDL sobre un dos pans máis famosos e mellores do noso país, como é o pan de Cea.


Unidades didácticas sobre o Pan elaboradas polo EDL do noso centro para traballar no Día da alimentación: