![](https://lh3.googleusercontent.com/pw/ACtC-3emB3dYeMBNartitMaI2BZ4EDOcIMeWXX6ZCSiRhpb9ET85Cbqhm73WgjzHSmbnFV6aUtlWVuFNy8JwHld9QtSi4UaXE9EGDEyNt88_RKFi5feTGMdiyghHpHxxcvOFM9g_wup1HYvgldc4Um_bTl_CWg=w1000-h332-no?authuser=1)
Ao longo da semana do 23 de abril celebramos no centro o Día do libro coa CREAcción de diversas actividades que pasamos a enumerar:
- Concurso de “Emociónate co meu libro” no que o alumnado participou coa axuda das súas familias, CREAando a portada dun dos seus libros favoritos. O nivel acadado nas súas CREAccións foi espectacular e pódese observar na seguinte ligazón: "Emociónate co meu libro".
- CREAcción dun conto colaborativo entre todos os membros da comunidade educativa. O alumnado de Ed. Infantil comezou a historia do conto e o resto dos cursos foino ampliando. En breves estará accesible desde esta entrada.
- Visionado da presentación sobre a historia do Día do libro realizada polo equipo de bilioteca.
- CREAacción de minilibros por parte do alumnado co agasallo dunha rosa para entregar ás súas familias.
- O alumnado de Ed. Infantil CREou as portadas de dous dos seus libros favoritos: a “Historia de Malala” e “As historias de Blef"
![](https://lh3.googleusercontent.com/pw/ACtC-3e88fxxjeVgKknaGwsDw5ZI-jTfr9q_aImRGDiGID1BEfRaMatt9iH0o2YF5pMYdfkkIu5EbgKjKiOtZgy3aGbGi3TjpfUNnN6dm3_vpDn_f3OYyvzz7FogF2586eK15DZ7yvSrgJncaGYsZAhcn4WmeQ=s990-no?authuser=1)