DÍA DA BIBLIOTECA 2020

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA: ESCOITA OS NOSO CONTOS!!!

O vindeiro sábado 24 de outubro conmemoramos o Día da Biblioteca e queremos celebralo lendo varios contos que serán publicados mañá neste blog de biblioteca e nos respectivos blogs de aula.

O alumnado de 3 anos lerá o conto LÚA LÚA SOL.

O alumnado de 4 anos lerá o libro FROITAS.

O alumnado de 5 anos lerá o libro ANIMAIS.

O alumnado de 1º de EP lerá diveros contos breves titulados: O OSO PELUDO, O BAILE DO BOI, TITO E O PITO, MAMÁ! e A MONA RAMONA.

O alumnado de 2º de EP lerá o conto titulado A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA.

O alumnado de 3º de EP lerá o conto A VACA QUE PUXO UN OVO.

O alumnado de 4º de EP (A e B) lerán o conto titulado ERA UNHA VEZ UN CORNO DE UNICORNIO.

O alumnado de 5º de EP lerá BRUXA E FAMILIA.

O alumnado de 6º de EP lerá o conto titulado A QUE SABE A LÚA?

 

Non deixedes de escoitalos. Estamos segur@s de que vos gustarán moito!!!

Agardamos que desfrutedes dun bo sábado de lectura!!!