Relacións cos demais

# Contra La Pobreza

"Contra la pobreza" é un anuncio realizado por EAPN España e a Fundación Quepo con motivo do 17 de outubro, Día Internacional pola erradicación da pobreza. Un anuncio que nos achega á realidade da pobreza e a exclusión social. Co obxectivo de visibilizar o aspecto estrutural que teñen a pobreza e a exclusión e interpelar directamente o espectador, confrontándoo ante os seus propios prexuízos, e invitándoo a tomar conciencia de que a pobreza é unha serie de circunstancias que lle poden acontecer a calquera persoa. O actor Lluís Homar e o debuxante Miquel Fuster son os responsables de darlle cara e voz a esta realidade.

O audiovisual foi rodado en Barcelona coa colaboración dun equipo de máis de 30 profesionais do cine e de empresas do sector audiovisual. Podedes ver o así se fixo da rodaxe aquí: https://www.youtube.com/watch?v=ORjwCQDT2YY

Pedro Zerolo: Un loitador pola igualdade de dereitos

 

Pincha na foto.

 

 

 

Ponte no seu lugar

FIAPAS, Confederación Española de familias de persoas xordas co financiamento do Ministerio de Educación Cultura e Deporte xunto coa Fundación ONCE, editou un vídeo de boas prácticas á hora de favorecer o acceso á comunicación e a formación para as persoas con minusvalidez auditiva.

O vídeo trata sobre unha rapaza implantada, Paula, e como se enfronta ás barreiras do día a día no seu centro de estudos. Barreiras como o escaso uso de estratexias visuais, como non facer visible cando soa o timbre de clase o que pode levar consigo a que chegue tarde, ou que o profesor fale de cara á lousa dificultando o acceso á lectura labial. O vídeo nos ofrece estratexias que favorecerán a igualdade de condicións.

Un mundo para tod@s

Ata cando? :-(

Pincha nas imaxes.

 

 

 

Distribuir contido