Skip to Content

Animación á lectura

23 abril: Día do libro

Rodeámonos de historias

21 de marzo, día da Poesía

 

 

O Ceip de Pedrouzos sumouse a esta conmemoración, organizando un intercambio poético entre o alumnado e persoal do centro.
Os nenos e nenas trouxeron unha poesía que lles gustaba ou que escribiron eles. Colocáronse,  ao longo do luns e martes, nos tres puntos de intercambio  situados no centro. Ao final da semana, cada alumno/a puido  recoller unha destas poesías para levala a casa. O formato de punto de lectura permitirá darlle unha nova vida a estas poesías.
Compartir poesía entre o alumnado foi o obxectivo desta actividade. Grazas a todos/as pola vosa colaboración.

O Bardo Abelardo

 Este curso, dentro das nosas propostas de animación á lectura e para conmemorar o día do libro, temos a sorte de contar con Servando Barreiro que nos vai a amosar a súa proposta didáctica a través de O Bardo Abelardo. Contaremos ca súa presencia este venres, 28 de abril.

Actuación de Álvaro Muras e Martín Camiña

Estamos a piques de acabar o segundo trimestre deste curso e para rematalo axeitadamente a anpa do colexio, "Andaravia", organizou para todo o alumnado de primaria unha actuación do músico Álvaro Muras e o mago  Martín Camiña que terá lugar o venres 7 de abril no ximnasio do centro.

Pasarémolo xenial!!!!!

 

 

Festival Atlántica en Brión!!!

Como  vai sendo tradicional (quinta edición), o Festival  internacional Atlántica  de Narración Oral que se celebra ao longo dos días  15 ao 19 de marzo en Santiago,volve a recuncar no noso centro.

O programa deste ano é moi interesante!!!

Martes 14 marzo
Claudia Fonseca (Brasil) para Infantil (11 h.)
 
Mércores 15 marzo
Pablo Albo (Alicante) para 3º e 4º de Primaria (10:15 h.)
 
Venres 17 marzo
Sofía Maul (Madeira) para 1º e 2º  de Primaría (11 h.)
Vitor Fernandes de Trás Os Montes (Portugal) para 5º e 6º de Primaria (11 h.)
 

Día de Rosalia de Castro

O día 24 de febreiro ao chegar á escola, agardábamos unha sorpresa: A anpa Andaravía para conmemorar o nacemento da escritora galega montou un Photocall na entrada do centro.

Moitos nenos e nenas, pais e profes puideron fotografarse con carautas de Rosalía ou portando algún dos títulos das súas obras. As fotos quedaron moi divertidas!!!

Grazas a anpa do cole por dinamizar esta conmemoración!!!

Día de Rosalia de Castro

O día 24 de febreiro ao chegar á escola, agardábamos unha sorpresa: A anpa Andaravía para conmemorar o nacemento da escritora galega montou un Photocall na entrada do centro.

Os que quixeron puideron fotografarse con carautas de Rosalía ou portando algún dos títulos das súas obras. As fotos quedaron moi divertidas!!!

Grazas a anpa do cole por dinamizar esta conmemoración!!!

As cabazas do Samaín

Na entrada dos edificios de Primaria e de Infantil están instaladas as exposicións de cabazas realizadas polos nosos nenos e nenas axudados polas súas familias. Tedes ata o venres para visitar esta marabillosa mostra.

Ver fotos

 

DÍA DO LIBRO

Este ano conmemoramos o día do libro coa representación, o venres 22 de abril, dunha obra de teatro de Xosé Neira Vilas, "O espantallo amigo" polo grupo de teatro OS QUINQUILLÁNS. Ao remate da actuación os nenos e nenas recibirán un agasallo literario.

Para facelo posible colaboraron o Concello de Brión, a Anpa do centro, Andaravia, e a editorial Galaxia.

O noso agradecemento a todos eles.

 

Visita do Apalpador

O Apalpador veu da serra do Courel para visitar aos máis pequenos/as de Pedrouzos.

Na noite do 25 ou do 31 de decembro, este xigante bonachón e de oficio carboeiro, abandoa as altas montañas nas que vive e baixa ás aldeas para entrar sen facer ruido nos cuartos dos máis pequenos. Despois de palparlles a barriguiña con moito coidado (de ahí o nome de Apalpador) e comprobar que estaban ben alimentados, desexáballes o que o vindeiro ano non pasen fame e como agasallo de Nadal deixalles unha boa presa de castañas asadas.

 O Apalpador tamén falounos do importante que é ter unha alimentación sá e equilibrada e de respectar e coidar o noso entorno. (ver fotos)

Distribuir contido


by Dr. Radut