Skip to Content

Animación á lectura

Roteiro por Santiago e Brión con Roberto Vidal Bolaño

A través deste vídeo queremos visitar os lugares de Santiago e Brión máis destacados na vida do dramaturgo homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Da man  de Roberto percorreremos algúns dos lugares que tiveron para el maior significado, persoal ou profesionalmente. Estes lugares pertencen tanto a Santiago como a Brión, concello que o acolleu nos seus  derradeiros anos.

Ver vídeo

Contacontos do Día do Libro

Toda esta semana, nos recreos, tivemos Contacontos na biblioteca. Quixemos festexar este día por todo o alto e grazas a colaboración do profesorado puidemos organizar unhas sesións que fixeron as delicias dos asistentes coas narracións dunhas fantásticas historias. Máis fotos

María Penide "O rei e as súas fillas"

Club de lectura

Este luns tivo lugar a primeira xuntanza do club de Lectura. Os participantes son nenos e nenas de quinto de primaria e o primeiro libro elexido para ler foi "Nata y chocolate" de Alicia Borrás Sanjurjo. O tema desta novela é o acoso escolar que sofre unha nena de 11 anos. Aos nosos  lectores/as pareceulles unha obra moi interesante, da que sacaron moitas conclusións sobre este problema e o xeito de afrontalo.

Visita de Salvador Forján

Este ano, estamos a traballar moito sobre "O teatro" debido ao homenaxe que se lle fará a Roberto Vidal Bolaño no día das Letras Galegas.

ENTREGA DOS PREMIOS DO CONCURSO "Búscase ilustrador"

Esta mañán fíxose entrega dos premios do concurso "Búscase ilustrador/a".

Esta actividade realizouse en torno á exposición VAIDEMAR, empréstada por Galix,  que tivemos a sorte de ter no noso centro ao longo do mes de marzo. Aos nenos e nenas se lles pediu atopar ao ilustrador/a de cinco obras plásticas pertencentes a algún dos ilustradores representados na mostra. Para o cal tiñan que fixarse no estilo, cores, formas e motivos das ilustracións propostas e atopar similitudes cos cadros expostos. Os premiados foron dez, por sorteo entre os alumnos que acadaron máis acertos.

Renovada Sección de Inglés na Biblioteca!

Acabamos de estrear unha renovada sección de Inglés na biblioteca.

Os libros están clasificados segundo a súa temática e para identificalos mellor, cada un ten unha cor diferente.

Paula Carballeira

O Mércores Paula Carballeira visitou aos nenos e nenas de Infantil e deleitoulles coas súas historias. Unha das paixóns desta contacontos son as viaxes, e dunha realizada por Africa, trouxo historias dunha tribu chamada Mangala, onde os homes e as mulleres son os mellores contacontos do mundo enteiro. Como ela mesmo escribiu na dedicatoria do seu libro "OLO-IEPU-IEPU", Son contos para soñar e viaxar coa imaxinación. Ver vídeo

Libros para ver e tocar

As novas adquisicións feitas para a bilioteca están, estes días, expostas na entrada do colexio.
Hai un montón de libros novos, libros de ficción e informativos que queren captar a interese dos nosos nenos e nenas e estimular o seu gusto pola lectura. Tamén ampliamos a sección de libros en inglés cunha interesante e atractiva colección.
Estas novidades permanecerán esta semana na mostra para que o alumnado e profesorado as coñeza, pasando logo a formar parte dos fondos da biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut