Skip to Content

Animación á lectura

Semana do Libro

Como anunciabamos uns días atrás, para conmemorar o día do libro, 23 de abril, houbo na biblioteca Contacontos ao longo de toda a semana. A participación foi un éxito.Cada día aumentaba o número de nenos que prefirían vir escoitar os contos que ir ao recreo. Isto dos libros engancha!

Os contadores o fixeron moi ben e atraeron a atención do público como amosan estas imaxes. Moitas grazas a todos eles!

PRESENTACIÓN DE LUPIÑA

Queredes saber quen é Lupiña? Pois ela mesma nolo conta ...

LUPIÑA DE BRIÓN

Na biblioteca temos unha nova amiga: Lupiña. Estes días Lupiña está presentándose aos nenos do cole. Ela, tamén é veciña de Brión, vive no Castro de Beca. É unha nena moi curiosa e gústalle coñecer cousas novas, por iso, ven moi a miúdo a nosa biblioteca. Esta nena ten una devanceira moi famosa "A Raíña Lupa" e prometeunos volver outro día e contarnos a súa historia.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut