Skip to Content

Animación á lectura

Gañadora concurso "Unha Árbore de Libros"

Xa temos gañadora do concurso que fixemos no Nadal no que había que calcular o número de libros que contiña a nosa especial Árbore. Eran 255 e quen máis se aproximou a este número foi Tainnara Casais da Silva de 6º A. A cantidade que ela estimou foi de 258 libros.

Parabens Tainnara e pasa pola biblioteca do centro para recoller un pequeno agasallo!

"Fiz o coleccionista de medos"

fotografía dos nenos co baúl de Fiz

No Samaín todo xira ao redor de personaxes e situacións que producen medo. Nós queriamos coñecer os medos dos nosos alumnos máis pequenos. Así que aproveitamos o conto de “Fiz, o coleccionista de medos” para falar cos rapaces sobre este tema. Fixemos como Fiz e para rematar con todos os nosos medos os gardamos baixo chave nun baúl que temos na biblioteca.

Agora non os deixaremos sáir e non volverán a asustarnos!

Pantasmas, arañas, serpes, monstros e cabazas son os motivos que máis medo produce nos nosos nenos e nenas. Tamén son curiosas outras cousas ás que temen como os buratos negros, os vaqueiros ou  que poda caer o sol. Ver algún dos medos

II Ciclo de cine de Medo. Especial TIM BURTON

Xa chega o Samaín!

Se es valente e non tes moitos medos poderás gozar do 24 ao 28 de Outubro do II Ciclo de cine de medo que celebraremos no cole.

Este ano faremos un especial sobre Tim Burton e proxectaremos algunhas das películas máis coñecidas e  arrepiantes deste director de cine americano. Tamén teremos a oportunidade de coñecelo un pouco máis a través dun documental que veremos o derradeiro día.

Agardámoste na biblioteca despois do comedor (15:30 h). E... prantalle cara ao medo!!

Fotografía dos carteis do ciclo

PARABENS CARMELA!

No cole estamos todos moi ledos! Carmela Vieites, alumna de quinto de primaria do noso centro, acaba de ser unha das gañadoras no VIII certame literario organizado polo concello de Ames na modalidade de narrativa.

Carmela presentou un conto feito nun traballo escolar e titulado "Don Pepé, vía teléfono". Esta pequena escritora verá publicada a súa obra e nós dende a biblioteca, estamos desexando coñecer o seu relato!

Contos solidarios con Anxo Moure

Hoxe tivemos unha visita moi especial. Anxo Moure chegou, ben cediño, á nosa escola montado na súa Bibliobici. Anxo é unha persoa singular, pertence ao proxecto Contos Solidarios e percorre as escolas co obxectivo de sensibilizar e concienciar aos nenos e nenas sobre a necesidade dun compromiso solidario coa natureza, a xusticia e a liberdade, empregando como ferramentas a poesía, o conto, o humor, a mímica... reivindica outro mundo posible a través dun universo paralelo formado polos contos , no que nos poidamos refuxiarnos para construír un mundo real de respecto e coidado medioambiental.

Ver fotos

foto de Anxo Moure

sentímolo, flash non está dispoñible.

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN

o martes, 5 de abril, imos contar coa visita de Abraham Carreiro, ilustrador de contos.


A charla versará sobre a elaboración de personaxes, expresións corporais, as cores e todo o que rodea o proceso da ilustración. Esperamos con impaciencia ese día pois estamos seguros de que será unha experiencia que non esqueceremos.

Na nosa Biblioteca temos algúns contos da colección:
  • Contos que leen outros nenos do mundo 
É unha colección que trata de achegarnos as diferentes culturas do mundo mediante contos populares de distintos lugares. Cada conto vai introducido pola mascota da colección, unha cegoña que gosta moito de viaxar. Durante as súas viaxes vai recopilando historias para despois contárnolas ao chegar aquí.

COMEZA O ENTROIDO EN PEDROUZOS!

Lupiña, a mascota da biblioteca, ten moitas ganas de festa e para "quentar motores" ao longo da próxima semana vainos  pedir que cada día traíamos ao cole un adorno diferente.

 

 

lupinha

VENRES 4 MARZO

venres


Na entrada do cole hai unha fantástica mostra de carautas que os nosos rapaces fixeron nas casas coa axuda das familias. Tes que vir a vela!

fotos

carautas

Concurso de Microrrelatos

Xa temos gañadores do concurso de Microrrelatos !

 

Os participantes tiñan que escribir unha historia sobre o Nadal empregando un máximo de 50 palabras.

Os nenos e nenas "espremeron" os miolos para condensar o importante da narración en tan escaso número de palabras.

MICRORRELATO GAÑADOR DO 3º ciclo   Miguel 6ºB

CEA DE NADAL

Era Noiteboa e unha avoa vivía soa. Estaba triste e deprimida. Intentou chamar aos seus fillos, aos seus netos e a súa irma pero non obtivo resposta.

Estando na cama, escoitou barullo, foi mirar, e alí estaban todos os seus seres queridos cunha gran cea preparada. A avoa sentiuse Féliz!

MICRORRELATO GAÑADOR DO 2º ciclo    Inés  3ºA

A CAIXA MISTERIOSA

Un porquiño chamado Pig queriao todo polo Nadal. Un ano Papá Noel trouxolle un coche de xoguete. Xogaba todos os días con el. Ao ano seguinte trouxolle un robot. Deixou o coche tirado e rompeuno. Xa farto, un ano trouxolle unha caixa. Abriuna e estaba baleira. Empezou a xogar con ela e divertiuse.

 

MICRORRELATO GAÑADOR DO 1º ciclo    Sonia 2ºB

A MENSAXE DE NADAL

Había unha vez uns nenos esperando a chegada de Papá Noel. Cando chegou subíu ao trineo e os renos comezaron a voar e encenderon o seu nariz vermello. Os agasallos caeron na neve e convertéronse en árbores de Nadal, no que había unha mensaxe. Que todo o mundo sexa feliz!

“A AVENTURA DE LER”

 

O día 21 de decembro, ás 17h terá lugar na biblioteca do cole unha charla á que estades todos convidados. As profesoras Isabel Fraga e Mariela Resches da Universidade de Santiago, falarannos sobre a importancia de fomentar entre os nenos e nenas os hábitos lectores e o gusto pola lectura como xeito de aprender, coñecer e ao mesmo tempo disfrutar.

Agardamos a vosa presenza!

 

 

Esta actividade estaba planificada para o día 13, pero por motivos do funcionamento do centro tivo que aprazarse ao día 21

Disculpade as molestias


LEO CON LIONNI

foto de leo

Este trimestre desenvolvimos un proxecto documental sobre a figura de Leo Lionni, aproveitando a conmemoración do centenario do seu nacemento. Tivemos un primeiro contacto con el a través dunha animación na que nos falaba de se mesmo,  investigamos sobre a súa vida  a través dunha Webquest, puidemos ler e disfrutar das súas historias e ilustracións na exposición que houbo na biblioteca, coñecimos algúns dos seus libros-albúms e ata intentamos imitar as súas técnicas plásticas, facendo algún dos animais que tanto lle interesaron.(ligazón á galeria de fotos)

Foi un proxecto moi completo e permitiunos compartir aprendizaxes, coñecementos e emocións.

Ata sempre Leo Lioni!

Distribuir contido


by Dr. Radut