O Ceip de Pedrouzos sumouse a esta conmemoración, organizando un intercambio poético entre o alumnado e persoal do centro.
Os nenos e nenas trouxeron unha poesía que lles gustaba ou que escribiron eles. Colocáronse, ao longo do luns e martes, nos tres puntos de intercambio situados no centro. Ao final da semana, cada alumno/a puido recoller unha destas poesías para levala a casa. O formato de punto de lectura permitirá darlle unha nova vida a estas poesías.
Compartir poesía entre o alumnado foi o obxectivo desta actividade. Grazas a todos/as pola vosa colaboración.