Skip to Content

O Bardo Abelardo

 Este curso, dentro das nosas propostas de animación á lectura e para conmemorar o día do libro, temos a sorte de contar con Servando Barreiro que nos vai a amosar a súa proposta didáctica a través de O Bardo Abelardo. Contaremos ca súa presencia este venres, 28 de abril.


Servando Barreiro é  músico e contador de historias ao estilo dos antigos bardos con unha ampla traxectoria dentro da animación infantil, da música tradicional e de autor. Os seus espectáculos combinan a nosa rica tradición cultural con historias máis actualizadas para sensibilizar aos máis novos coa música, a poesía e a defensa e coidado do medio a través dos contos e as cantigas.
Bardo Abelardo  quere render homenaxe a Carlos Casares no ano no que se lle dedica o día das Letras Galegas 2017 con un espectáculo no que vai debullando unha serie de contos con referencias expresas as obras infantiles mais coñecidas de Carlos Casares como “AS LARANXAS MAIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS” ou “A GALIÑA AZUL”. Así podremos escoitar por exemplo a historia de Leoncio , o inventor da bomba da Felicidade e outras historias mais, adaptadas para podelas contar e cantar acompañado da sua concertina.



page | by Dr. Radut