Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

CALENDARIO ESCOLAR 2020/21

Acceso ao calendario escolar  publicado pola Consellería de Educación para o curso 2020/21.

Faltan por fixar festivos locais.

 CALENDARIO ESCOLAR 20/21

LISTAXE DEFINITIVO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2020/21

Rematados os prazos correspondentes, publicamos a listaxe definitiva da adxudicación do fondo solidario de libros de texto convocadas na Orde do 12 de maio de 2020. Esta adxudicación corresponde ao alumnado de 3º e 4º de primaria.

Poden consultalas no taboleiro interior de anuncios do centro, ou ben por teléfono, chamando ao 881 866 078, indicando o número de rexistro de entrada da solicitude.

LISTAXES PROVISIONAIS AXUDAS DE MATERIAL E FONDO DE LIBROS CURSO 2020_21

A partir de hoxe publicamos no taboleiro interior de anuncios do centro a LISTAXE PROVISIONAL das axudas para material escolar e libros para o curso 2020/21.

Poden consultalas no propio centro, ou ben por teléfono, chamando ao 881 866 078, indicando o número de rexistro de entrada da solicitude.

LISTAXES DEFINITIVOS DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2020/21

Informamos que todo alumnado que solicitou praza para o curso escolar 2020/21 foi admitido.

As familias do alumnado admitido deberá formalizar a  matricula  do 1 ao 10 de xullo na secretaría do centro.

MATRÍCULA ALUMNADO CURSO 2020-21

O prazo para formalizar a matrícula do NOVO ALUMNADO que  foi admitido no noso centro para o curso 2020/2021, ábrese o día 1 de XULLO ata o 10 de XULLO.  O horario de secretaría é  9:30 h. a 13:30 h. de Luns a Venres. 

Xuntamos documentación para a matrícula.

SOLICITUDE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2020-21

Apertura do prazo de solicitude para os SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR, para o curso 2020-21 dende o  22 DE XUÑO ATA O 10 DE XULLO    en horario de 9:30h a 13:30h.                           

Documentación a presentar:

LECTURAS DE VERÁN!!

Neste fin de curso, dende a Biblioteca de Pedrouzos, non queremos deixar de recomendarvos algunhas lecturas que poidan facer máis levadeira a espera da volta ó colexio.

Vémonos pronto!!

LISTAXES LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/21

Xuntamos relación de libros de texto para cada un dos niveis educativos para o curso 2020/21.

RECOLLIDA E DEVOLUCIÓN DE MATERIAIS ESCOLARES

De acordo coa RESOLUCIÓN DO 22-05-2020, DA CONSELLERÍA DE EUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL, debemos organizar a recollida de material do alumnado que xa non var ter actividade presencial no centro este curso, e a devolución de libros de texto e outros materiais que o alumnado teña nas súas casas.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020 - 21

Informamos que todo alumnado que solicitou praza para o curso escolar 2020/21 foi admitido.

Teñen que formalizar a matrícula no centro dende o 1 ao 10 de xullo.

Distribuir contido


by Dr. Radut