Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

ACTUALIZACIÓN DE DATOS DO ALUMNADO

Informamos ás familias que solicitaron o cambio do seu correo electrónico “xxxx@edu.xunta.gal”, que o deben facer a título persoal entrando na aplicación https://www.edu.xunta.es/datospersoais/ , xa que o centro non está autorizado a modificalo. Se teñen dúbidas, poden consultar no teléfono 881 997 701 da UAC (Unidade de Atención a Centros).

Así mesmo recordar que no caso de cambio de domicilio, e tal coma se pedía na folla de Actualización de Datos, teñen que aportalo á maior brevidade posible no centro.

SAMAÍN 2020

MOITAS GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN!!!

 

REUNIÓN E-Dixgal. (Familias de 5º).

ACCESO PARA A REUNIÓN DE EDIXGAL.

Pulsa no seguinte enderezo.

https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m972bb63d59bc83515e9aff822b5d35b3

USUARIO: O Nome do neno

CORREO: nonresponder@edu.xunta.gal

O Contrasinal recibirédelo por Abalar Móbil.

HORARIO DE ATENCIÓN NO CENTRO.

Calquera persoa que queira acudir ao centro a realizar xestións, solicitar documentación, petición de reunión, etc., terá que solicitar cita previa no teléfono 881866078.  Debe indicar o motivo da cita, nome e teléfono de contacto (por si fora necesario cambiala).

Concursos do SAMAÍN 2020.

Desde o Equipo de Biblioteca do CEIP de Pedrouzos, poñemos en marcha os proxectos de "FAI O TEU MONSTRO", Destinado ao Alumnado de Educación Infantil e "RELATOS DE MEDO",Para o alumnado de Educación Primaria).

ANÍMATE E PARTICIPA!!!

Protocolos e Plan do Centro

A continuación, en documentos adxuntos, poden consultar o "Plan de Adaptación á Situación COVID-19" e o "Plan de Continxencia" do CEIP Plurilingüe de Pedrouzos actualizados a día 23 de outubro.

INFORMACIÓN PARA ALUMNADO E-Dixgal.

 

 

Cada ano, ao comezar o curso, faise unha reunión informativa para as familias de alumnado que cursa 5º ou 6º de Primaria no noso centro. Como ben sabedes, nestes niveis non se dispón de libros de texto senón que fan uso do proxecto E-Dixgal.

MOI IMPORTANTE!!! Modificación nos Horarios.

A partir do vindeiro luns 19 de outubro, amplíanse as prazas de comedor escolar e pasamos a contar con dúas quendas de comedor.

Esta situación implica cambios no horario lectivo e nas saídas despois do período lectivo, así como no transporte escolar.

NOVAS COMEDOR ESCOLAR

No día de hoxe recibimos por escrito, a aceptación da Secretaría Xeral Técnica da Consellería para que o Concello de Brión poña a disposición do CEIP Plurilingüe de Pedrouzos os monitores necesarios para poder aumentar o número de usuarios/as do servizo de comedor.

Debido ás dificultades que temos agora para reorganizar o servizo de novo, precisamos duns días para poñer todo en marcha: comensais, quendas, distribución do comedor, saídas, etc.

Polo tanto, é previsible que o luns 19 de outubro comence a funcionar o comedor con todos estes axustes feitos.

Actualización do protocolo de centros e novos protocolos específicos ante a Covid 19 (22 de Setembro)

Resolución conxunta, de data 22 de setembro de 2020, das Consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade pola que se aproba a actualización do “Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021”, así como os Protocolos de “prevención da transmisión da covid-19 no alumnado con necesidades educativas especiais para o ámbito educativo” e o de “prevención da transmisión da covid-19 nos comedores dos centros educativos non universitarios”.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31984

Distribuir contido


by Dr. Radut