Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

PORTAS DE MEDO...

Outro ano máis, todas as portas das aulas do centro convertíronse en portadas de contos de medo, que contamos o 30 de outubro.
Ao longo desa semana o alumnado, acompañado polo seus titores percorreron os corredores para ver as portas, e anotarse neses contos.

Os contadores e contadoras foron mestres e mestras do centro, e o noso alumnado volveu disfrutar dunha sesión de medo.

VIDEOS OBRADOIROS AUDIVISUAIS

Deixámosvos unha mostra dos videos realizados polos alumnos e alumnas de 5º de primaria, a través da actividade organizada pola ANPA Andaravía e que AGARESO se encargou de executar.

 

 

 

 

 

VIVIR AQUÍ

Como todos os meses de novembro a igualdade convírtese nun dos principais aspectos que se traballa e festexa de forma especial nos centros educativos. En Pedrouzos ademais, a igualdade entre homes e mulleres, nenas e nenos incorpórase de forma transversal á programación anual, desenvolvendo actividades nas que este aspecto se coida e sempre está presente. As familias son parte necesaria para que este tipo de actuacións teñan un respaldo fora do colexio e que acaben callando. A ANPA impulsou este ano tamén uns obradoiros para o alumnado de 5º de primaria, a través de AGARESO, esta actuación estivo financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Durante varias semanas alumnas e alumnos puideron facer obradoiros de radio, análise de publicidade e realización de proxectos audiovusuais; o programa da TVG, Vivir Aquí, fíxose eco desta proposta e quixeron acompañarnos durante unha xornada para ver de perto as actividades e incorporalas nun programa especial que se emitiu este sábado 23 de novembro. Deixámosvos aquí o enlace para que o poidades ver: (preme na imaxe)

 

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis, o CEIP Plurilingüe de Pedrouzos implícase na campaña institucional que promove o concello de Brión con motivo do 25 de novembro "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO", na procura dunha sociedade máis xusta, máis libre, máis igualitaria e que loita contra a violencia de xénero;

Contra as violencias machistas, EDUCACIÓN

Convidamos a toda a comunidade educativa a que participe nos actos que se van desenvolver arredor desa data e agradecemos de antemán a implicación de todos e todas na mesma.

Ver Galería de Fotos

MAGOSTO 2019

Non foi posible realizar o magosto até o de agora debido ao mal tempo que fixo durante este mes.

Esta semana tampouco se fará, xa que a previsión meteorolóxica é de chuvia.

Agardamos poder facelo na última semana de novembro ou buscar unha alternativa axeitada. En caso de persistir o mal tempo e non poder celebrarse nesa semana, SUSPENDERÍASE definitivamente.

 

SAMAÍN 2019

Compartimos con vós o video que resume un día de medo!

 

CHARLA INFORMATIVA

O vindeiro martes 29 de outubro, ás 17:30 na Biblioteca do Colexio terá lugar unha charla informativa impartida pola ASOCIACIÓN AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros/as Solidarios/as). A charla enmárcase dentro das actividades programadas pola ANPA grazas á subvención recibida da Secretaría Xeral de Igualdade para a realización de actividades que fomenten a igualdade entre mulleres e homes e que preveñan a violencia machista. Estades convidad@s.

VIDEO PRESENTACIÓN DO PROXECTO LECTOR

Deixámosvos aquí un video gravado o día 7 de outubro, durante unha das actividades do PROXECTO LECTOR, do noso colexio.

Agardamos que vos guste.

 

LISTADO PROVISIONAL ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

No documento adxunto podedes atopar o listado de alumnos e alumnas admitidas nas actividades extraescolares. Se atopades calquera erro, non dubidedes en consultar con nós para subsanalo. 

andaravia.anpa@gmail.com  e  santiago@actex.es

COMEDOR ESCOLAR: MENÚS DO 1º TRIMESTRE

Xuntamos menús correspondentes ao 1º trimestre. Poden consultalos no documento adxunto. Se algunha familia precisa de copia impresa, pode solicitala no centro.

Bo proveito!!

Distribuir contido


by Dr. Radut