Skip to Content

Bibliocervo

Familias que contan! Curso 2023-2024

Queridas familias de Bibliocervo!

Debido ao éxito do curso pasado da proposta FAMILIAS QUE CONTAN!, este ano propoñemos unha nova edición. Gustaríache vir ao centro a contar un conto?

Sorriso QUEN? Nesta proposta pode participar calquera membro da Comunidade Educativa: mamás, papás, avoas, avós, tías, tíos, primas, primos, mestras, mestres, persoal non docente... que teña gana de pasar un tempo agradable connosco!

Sorriso QUE? A finalidade será contar un conto.

Sorriso CANDO? Preferiblemente na hora de ler (de 12:30 a 13:00) pero adaptámonos aos vosos horarios, sempre que sexan dentro do horario lectivo.

Sorriso ONDE? Pódese facer de maneira presencial en Bibliocervo ou a través da proxección dun vídeoconto previamente gravado.

Sorriso COMO? A persoa "contacontos" será a que escolla tanto o formato (presencial ou cun vídeo), como a maneira de contar o conto (a través da lectura, dunha representación teatral, de títeres, cantando, recitando...). Todas as opcións son válidas!

Sorriso PARA QUEN? Este punto tamén será escollido pola persoa "contacontos". Pode ser un conto para todo o cole ou un conto para o grupo da nena/o co que garda a relación.

Se queres formar parte deste "Club de Contacontos", non o penses máis... Cumprimenta o seguinte formulario cos datos requeridos e eu, Puca, poñereime en contacto contigo para concretar a actividade. 

Agardamos os vosos contos, queridas familias!

Bicos e apertas a moreas

Café con libros 2023/2024 - Segunda xuntanza

Queridas familias.

Temos unha nova edición de CAFÉ CON LIBROS! Despois da primeira edición chea de reflexións, experiencias compartidas e moita emoción, Puca proponnos que este segundo trimestre o destinemos a unha temática diferentes... que tal un pouco de humor? Comezaremos coa lectura do libro de "Pérdidas de risa. Historias de una mujer imperfecta" de Silvia Abril e destinaremos a xuntanza para levar a cabo unha sesión de risoterapia. Queres pasar un tempo agradable e cheo de risa e humor? Non o dúbides, cubre a información que ves na parte inferior da entrada. 

A continuación, toda a información sobre a xuntanza:

Sorriso Que? Xuntanza "para escachar da risa" e saborear dun té e/ou café e de saudables petiscos. 

Sorriso Como? Con gana de pasar un tempo agradable e co único requisito de ter lido previamente o libro de Silvia Abril. 

Sorriso Cando? O xoves 14 de marzo de 16:00 a 18:00.

Sorriso Onde? En Bibliocervo.

Teredes ata o venres 8 de marzo para anotarvos. Se queredes ler máis información sobre a obra de Silvia, premede na seguinte imaxe.

Café con libros 2023/2024 - Primeira xuntanza

Queridas familias.

Estamos de novo por aquí para darvos unha nova! Este ano temos unha proposta froito das peticións que algunhas de vós nos levades facendo ao longo destes últimos cursos: un CAFÉ CON LIBROS! Moitas veces botamos en falta un espazo para compartir experiencias, diferentes puntos de vista ou, simplemente, anécdotas. É por iso que Puca, vai organizar un "Café con libros" trimestral coa finalidade de xuntarnos, compartir e de gozar dun delicioso café. Que vos parece a idea?

A continuación, deixamos toda a información sobre a xuntanza deste primeiro trimestre e, se queredes anotarvos, só teredes que cubrir a información que vedes na parte inferior da entrada. 

Sorriso Que? Xuntanza para compartir inquedanzas e reflexións sobre o libro "Sentir" de Miriam Tirado, acompañadas dun café e/ou té e de saudables petiscos. 

Sorriso Como? Con gana de pasar un tempo agradable e co único requisito de ter lido previamente o libro de Miriam Tirado. 

Sorriso Cando? O xoves 14 de decembro de 16:00 a 18:00.

Sorriso Onde? En Bibliocervo.

Teredes ata o luns 11 de decembro para anotarvos. Se queredes ler máis información sobre a obra de Miriam, premede na seguinte imaxe.

Agardámosvos!

Bicos e apertas a moreas.

Lectura e Familias 2023

Boas familias!

Este curso volvemos a estar dentro do Programa Lectura e Familias! Queredes saber en que consiste? Grazas a este programa podemos propoñervos unha serie de charlas, talleres e obradoiros e, por suposto, abrirvos as portas á nosa escola. Este curso contamos coas seguintes formacións:

Sorriso XOGANDO NAS NUBES. Queredes ideas para xogar coas vosas nenas e nenos? Non sabedes que xogos son aconsellables para cada idade? Deixamos gañar ou tamén perder? Iria Orizales poderá dar resposta a todas estas cuestións a través da explicación dos xogos, do seu papel no desenvolvemento de habilidades, de como ler e interpretar as instrucións, de xogos de mesa no fomento da lectura e a través de situacións reais de xogo, diversión e aprendizaxe. Os datos deste obradoiro son os seguintes:

  • DATA: xoves 9 de marzo
  • HORA: 16:00 a 18:00
  • LUGAR: Bibliocervo
  • IMPORTANTE: as familias deberán asistir coas nenas e nenos

Sorriso DISCIPLINA POSITIVA. Gustaríavos entender o comportamento das vosas fillas e fillos? Ser amables e firmes ao mesmo tempo? E mellorar o ambiente do fogar a través de estratexias respectuosas? A mestra Paula Otero Freijomil amosaranos a través da Disciplina Positiva, novas dinámicas para a resolución de conflitos na casa. A información deste taller é:

  • DATA: mércores 22 de marzo
  • HORA: 16:00 a 18:00
  • LUGAR: Bibliocervo
  • IMPORTANTE: as nenas e nenos poderán estar coa mestra/e de garda

Sorriso AGADIX. A Asociación Galeda da Dislexia explicaranos en que consiste este trastorno específico da linguaxe. Que é a dislexia? Que dificultades presenta unha nena ouneno con dislexia? Como podemos axudarlles? A estas a outras preguntas poderemos responder coa axuda das rapazas de AGADIX. Os datos desta charla son:

  • DATA: mércores 19 de abril
  • HORA: 16:00 a 18:00
  • LUGAR: en Bibliocervo a través da plataforma Webex
  • IMPORTANTE: as nenas e nenos poderán estar coa mestra/e de garda

Sorriso RAIOLAS. A Asociación de pais, nais e persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e Trastorno da Comunicación Social (TCS) visitarán o noso centro para axudarnos a coñecer un pouco máis ditos trastornos, a entender a súa realidade e o seu día a día.  

  • DATA: mércores 24 de maio
  • HORA: 17:00 a 19:00
  • LUGAR: Bibliocervo
  • IMPORTANTE: as nenas e nenos poderán estar coa mestra/e de garda

Agardamos a vosa participación (poderedes anotarvos a todas as formacións que sexan do voso interese) e, para iso, necesitamos que cubrades o seguinte formulario:

 

Plan Director 2023

Queridas familias!

Estamos encantadas de anunciarvos que o xoves 23 de febreiro terá lugar a charla do Plan Director dirixido a familias por parte da Garda Civil. Gustaríache afondar sobre sobre o tema do acoso escolar? Agardámosvos ás 16:00 en Bibliocervo. E a charla informativa terá unha duración dunha hora. 

Para anotarvos, teredes que cubrir o seguinte formulario cos seguintes datos. 

Café con libros 2023/2024 - Terceira xuntanza

Queridas familias.

Temos unha nova e última edición de CAFÉ CON LIBROS! Despois destas dúas últimas edicións cheas de reflexións, experiencias compartidas e moita emoción, Puca proponnos que este terceiro trimestre o destinemos a unha temática diferente... que tal un pouco de cómic en galego? Comezaremos coa lectura do libro "Fun home: unha familia traxicómica" de Alison Bechdel e destinaremos a xuntanza para compartir unha sesión coa Asociación ALAS para falar da diversidade, orientación sexual e identidade de xénero. Se queres compartir este momento con nós, non o dúbides e cubre a información que ves na parte inferior da entrada. 

A continuación, todos os datos sobre a xuntanza:

Sorriso Que? Xuntanza para reflexionar sobre a diversidade e saborear un té e/ou café e saudables petiscos. 

Sorriso Como? Con gana de pasar un tempo agradable e co único requisito de ter lido previamente o libro de Alison Bechdel. 

Sorriso Cando? O mércores 29 de maio de 16:00 a 18:00.

Sorriso Onde? En Bibliocervo.

Teredes ata o venres 24 de maio para anotarvos. Se queredes ler máis información sobre a obra de Alison, premede na seguinte imaxe.

Lectura e Familias 2024

Boas familias!

Este curso volvemos a estar dentro do Programa Lectura e Familias! Grazas a este programa podemos propoñervos unha serie de charlas, talleres e obradoiros e, por suposto, abrirvos as portas á nosa escola. Este curso contamos coas seguintes formacións:

Sorriso PLAN DIRECTOR. Recibiremos a visita da Garda Civil para continuar profundando nos perigos presentes nas redes e e as causas e consecuencias do ciberacoso escolar. Os datos deste obradoiro son os seguintes:

  • DATA: mércores 6 de marzo
  • HORA: 16:30 a 18:30
  • LUGAR: Bibliocervo
  • IMPORTANTE: as nenas e nenos poderán estar coa mestra/e de garda

Sorriso EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL. Contaremos con Carlos Fernández, educador afectivo-sexual e o encargado de impartir o obradoiro "Coñécete" para que nos proporcione estratexias e información sobre o ámbito da sexualidade. Os datos desta charla son:

  • DATA: venres 3 de maio
  • HORA: 16:00 a 18:00
  • LUGAR: Bibliocervo
  • IMPORTANTE: as nenas e nenos poderán estar coa mestra/e de garda

Sorriso EDUCACIÓN EMOCIONAL.  Recibiremos a visita de UniSer Coaching para falar sobre o autocoñecemento, de relacións, das crenzas limitantes, do intercambio de opinións

e de como medrar. A información deste taller é:

  • DATA: martes 14 de maio
  • HORA: 16:00 a 18:00
  • LUGAR: Bibliocervo
  • IMPORTANTE: as nenas e nenos poderán estar coa mestra/e de garda

Sorriso ALAS A CORUÑA. A asociación ALAS A Coruña virá de visita á nosa escola para conceptualizar a diversidade, para explicar a importancia do acompañamento no descubrimento da orientación sexual e/ou identidade de xénero, identificar o acoso escolar na comunidade LGTBI+ e proporcionar ferramentas para frear a LGTBIfobia. Os datos desta charla son:

  • DATA: mércores 29 de maio
  • HORA: 16:00 a 18:00
  • LUGAR: Bibliocervo
  • IMPORTANTE: as nenas e nenos poderán estar coa mestra/e de garda

Agardamos a vosa participación (poderedes anotarvos a todas as formacións que sexan do voso interese) e, para iso, necesitamos que cubrades o seguinte formulario:

 

Visita ao Museo das Letras

Queridas nenas e nenos!

Aínda non me creo o que aconteceu estes dous días na escola... Vaia emoción ver os corredores cheos de familias descubrindo e valorando todo o voso traballo e esforzo. Sabedes de que estou a falar, non si? Do noso museo, do Museo das Letras! 

Tamén é importante dicir que este museo ten unha historia detrás, xa que dende os primeiros meses do curso comezouse a traballar na súa creación. Queredes lembrar como comezou todo? Imos alá!

OUTUBRO.

  • Neste mes foi cando, a través dun reto, descubríchedes sobre que temática íamos investigar este curso. A mensaxe segreda agochada no desafío era o nome do museo.

NOVEMBRO e DECEMBRO.

  • Estes meses foron de programación e planificación das salas: estruturación de espazos, organización das salas por cursos, distribución de material interesante para comezar a traballar...

XANEIRO e FEBREIRO. 

  • Comezamos o ano investigando, cada curso centrándose na temática da súa sala e aproveitando todos os recursos que Bibliocervo nos proporcionaba.

MARZO e ABRIL

  • A apertura do museo estaba a piques de chegar, polo que se destinaron estes meses para preparar todo o relacionado con cartelería, entradas, audioguías, planos...

MAIO e XUÑO.

  • Chegou o momento! A última semana do curso o Museo das Letras abre as súas portas para toda a Comunidade Educativa. Pola mañá fúchedes vós os que descubríchedes todas as salas que conformaban o museo e, pola tarde, as nenas e nenos de 6ºEP adoptan o papel de guías para percorrer cada un dos recunchos do museo xunto coas familias.

Se queredes ve un breve resumo de todo o elaborado para a creación do Museo das Letras invítovos a pasarvos pola canle de YouTube do centro, premendo aquí ou visitar o noso perfil de IG premendo enriba da seguinte imaxe.

Grazas a todas e todos os que fixéchedes posible a creación e a posta a punto deste museo, polo voso esforzo, sacrificio, gana, cariño e, por suposto, emoción.

Agora é o momento de pechar o Museo das Letras para darlle paso a outra nova aventura... Que será? 

Bicos e apertas a moreas.

A arte das letras - Resumo 2023

Boas nenas e nenos!

Chegou o remate do curso e con el o remate do bimes "A arte das letras" e cantas cousiñas tiveron lugar en Bibliocervo e na escola! Imos facer un resumo para non esquecernos.

BIBLIOCERVO.

  • Canto conto ten... Rematamos o curso contando contos compartidos. Esta actividade foi un éxito e estou segura de que continuaremos organizando "Canto conto ten..." o próximo curso.
  • Familias que contan. Grazas a todas as familias que nos visitaron ao longo destes dous meses e ao longo de todo o curso. Foi un auténtico pracer compartir momentos tan especiais como estes. 
  • Momentazo de ler. Seguimos descubrindo recunchos segredos na nosa escola para gozar dun momento de lectura.
  • Venres de radio. Os micros e os cascos non paran de funcionar en OndaPucaRadio.
  • Clubs de Lectura. Rematamos o club de lectura de nenas e nenos con "Unha nova dimensión" de Anxo Iglesias e tamén tivo lugar a terceira edición do club de lectura de familias con "Miss Marte" de Manuel Jabois.
  • Biblioteca Creativa. Este trimestre tiveron lugar numerosos obradoiros organizados por Biblioteca Creativa, seguide lendo e descubiredes cales son. 
  • Museo das Letras. Chegadas ao remate de curso, abrimos as portas do noso museo. Se queredes saber todo sobre estas xornadas, premede aquí. 
  • Microrrede da Mariña. A comezos de maio levouse a cabo a presentación de todos os traballos realizados polos centros participantes na Microrrede da Mariña. Foi unha marabilla compartir espazo e experiencias con todas e todos vós, baixo o lema de "Escribirarte na Mariña". 

OBRADOIROS.

  • Lectura e Familias. Para darlle o peche a este proxecto, recibimos a visita de Raiolas, asociación de nais, pais e persoas con TEA (Trastorno do Espectro Autista) e TCS (Trastorno da Comunicación Social).
  • Biblioteca Creativa. Coa nosa participación neste proxecto tivemos a posibilidade de organizar interesantes obradoiros para todo o alumnado da escola. Grazas a propostas como esta podemos convertir Bibliocervo nun espazo cheo de oportunidades e de aprendizaxe. Entre os obradoiros programados atópanse: un obradoiro de bordado con Bea Lema para 5ºEP e 6ºEP, un obradoiro de fotografía e collage con Mark Ritchie para 1ºEP, un obradoiro de libros alterados con María Rolle para 3ºEP e 4ºEP e un obradoiro de xogos con Brazolinda para EI, 1ºEP, 2ºEP, 3ºEP e 4ºEP.
  • Pesca sen morte. O alumnado de 3ºEP e 4ºEP tivo a visita do pentacampeón do mundo de pesca sen morte, David Arcay.

CONMEMORACIÓNS E FESTIVIDADES.

  • 17M - Día das Letras Galegas. Como cada ano, para conmemorar o día das letras galegas elaboramos as Pezas Únicas. Este curso foron enviadas ao CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) e a decisión foi moi acertada porque aínda nos seguen a chegar respostas das persoas receptoras das nosas pezas. 
  • 17M - Día Internacional contra a Homofobia, Bifobia e Transfobia. Recibimos a visita da Asociación Nós Mesmas para reflexionar sobre a diversidade afectivo-sexual, de xénero e familiar. 
  • Día da Educación Fïsica na Rúa. O alumnado de 5ºEP e 6ºEP celebra este día tan activo e dinámico con outros centros da contorna.
  • 31M - Aniversario de Puca. Esta data é moi especial na nosa escola e gozo moito de cumprir anos ao voso carón. Grazas polos biscoitos elaborados polo alumnado de EI, por todas as felicitacións e por facerme tan feliz cantando a miña canción. Foi unha xornada moi emotiva. 
  • Festival de Fin de Curso. Despois de moitos días de ensaio e esforzo, o mércores puidemos gozar do festival ambientado en musicais. Que marabilla ver as caras de felicidade e emoción de todas as nenas e nenos despois de cada actuación! Sen dúbida, foi un remate de curso inmellorable. 

SAÍDAS.

  • Limpeza de praias. Ao igual que noutros cursos, o alumnado da escola visita praias da contorna para levar a cabo unha limpeza a través do Proxecto Educando para a Sustentabilidade: Mariña Ambiental UDC - Fundación Alcoa.
  • Proxecto Ríos. Outra actividade que non pode faltar na nosa axenda é a visita ao río Xunco coa compañía do persoal de medio ambiente do Concello de Cervo. É unha sorte poder coñecer de primeira man a flora e fauna que nos rodea.  
  • Correlingua. Nesta ocasión viaxamos ata Lourenzá para camiñar, correr, bailar e cantar en... GALEGO! Como ben di o lema, "hoxe, na casa e na escola, bota a lingua fóra".
  • Castropol. O alumnado de EI visita a Granxa Escola Ría do EO para gozar dunha xornada de natureza, animais e moita diversión.
  • Marcelle. 1ºEP e 2ºEP viaxou ata Marcelle para coñecer novas especies de animais.

E ata aquí, o percorrido que facemos polo bimes "A arte galega na escola". Tamén chega o momento de desexarvos unhas moi felices vacacións de verán. O único que vos quero pedir é que desfrutedes moito do tempo libre, que xoguedes, que brinquedes, que durmades, que cantedes, que bailedes e... que leades para descrubrir mundos novos cheos de aventuras.

Vémonos de novo en setembro con novos retos e novas experiencias.

Bicos e apertas a moreas!

 

A arte das letras - 2023

Ola rapazas e rapaces!

Aquí ando de novo para presentarvos un novo bimes: "A arte das letras". Que nos depararán estes dous meses? Este período temos que ir encamiñándonos a rematar o curso escolar.

O primeiro que temos que anunciar é a presentación de todos os nosos traballos xunto cos traballos doutros centros da Mariña participantes na Microrrede en Viveiro. Dá gusto compartir experiencias así con centros da contorna.

Entre as conmemoracións a celebrar destacamos o 17M, o día das nosas letras, o Día das Letras Galegas e tamén o Día Internacional contra a Homofobia, Bifobia e Transfobia, o Día da Educación Física na Rúa que a pesar de ser en abril, celebrarémolo a comezos de maio, o aniversario de Puca a finais deste mes, a Carreira Solidaria, o 1X o Día da Arte Galega na Escola...

Combinadas con todas estas celebracións, estarán as actividades propias de Bibliocervo: Canto conto ten..., Familias que contan, Momentazo de Ler, Venres de Radio, Clubs de Lectura e novos retos para o noso "Museo das Letras".

E falando do museo... Sabedes que a finais de xuño teremos xa listas todas as salas para poder inauguralo e facer a presentación de todos os vosos traballos? Tedes gana? Comeza a conta atrás!

Tamén teremos saídas, obradoiros, elaboración das Pezas Únicas e... a Festa de Fin de Curso! Este curso será un festival coa temática de musicais de difentes estilos.

Polo momento, isto é todo!

Bicos e apertas a moreas.

Un nen@, un mestr@, un libro e un lapis poden cambiar o mundo - Resumo 2023

Boas nenas e nenos!

Chegou o remate do bimes "Un nen@, un mestr@, un libro e un lapis poden cambiar o mundo" e cantas cantas tiveron lugar en Bibliocervo e na escola! Facemos un resumo para non esquecernos? Imos alá!

BIBLIOCERVO.

  • Canto conto ten... Historias novas continúan chegando a Bibliocervo durante o tempo de lecer e con elas, caras expectante, sorrisos e moita emoción.
  • Familias que contan. Seguimos recibindo a visita de familias que desexan compartir un conto con nós. Grazas!
  • Momentazo de ler. Cada último martes do mes, sorprendédesme con novos recunchos de lectura.
  • Venres de radio. OndaPucaRadio segue a funcionar de marabilla.
  • Clubs de Lectura. O segundo Club de Lectura "Ler é Lecer" de nenas e nenos deu comezo para ler "Unha nova dimensión" de Anxo Iglesias. Tamén está tendo lugar a segunda edición do Club de Lectura de familias con "El club del crimen de los jueves" de Richad Osman. 
  • Biblioteca Creativa. O alumnado de 1ºEP recibiu un obradoiro por parte de Lila e Belinda para iniciarse no mundo da programación e crear os seus propios chaveiros. 
  • Museo das Letras. Os retos sobre o Museo das Letras son todo un éxito e da gusto vervos investigar e dar forma a esas salas do museo. 

OBRADOIROS.

  • Radio. Recibimos a visita de Antía e Sonia de RadioVoz para que o alumnado de 3ºEP continúen descubrindo as posibilidades que ofrece o marabilloso mundo da radio. 
  • Xogando nas nubes. Dende o programa Lectura e Familias, recibimos a visita de Iria Orjales para que nos explicara cales son os beneficios de xogar, a importancia de ler e entender as instrucións, como podemos adaptar os xogos á idade e características das nenas e nenos e... gozar dun tempo moi agradable xogando en familia!
  • Charla do Seprona. A Garda Civil veu para darnos milleiros de consellos coa finalidade de seguir preservando e coidando a nosa natureza.
  • AGADIX. A dislexia é un trastorno que implica dificultades no ámbito da lectura e da escritura e grazas ás rapazas da Asociación Galega, agora entendemos un pouquiño mellor como intervir con estes casos.
  • Fran Alonso. As nenas e nenos de 5ºEP e 6ºEP fixeron unha videochamada co autor de "Douche a miña palabra", o cal nos convidou a reflexionar sobre o superpoder da lectura.

CONMEMORACIÓNS E FESTIVIDADES.

  • Semana da Prensa + 8M. Recibimos a visita de Iago e de Silvia de "As Nosas" para darnos a coñecer o seu proxecto de prensa deportiva feminina, onde os valores son a base e onde traballan arreo para darlle o protagonismo que merecen ás mulleres deportistas en Galicia. 
  • Semana do Libro. Para conmemorar o 23A, este curso presenteivos o reto de traducir o voso título favorito a diferentes linguas (linguas de signos, braille e pictogramas). Ademais, compartimos un momento moi especial cos "Apadriñamentos Lectores", onde as nenas e nenos dos cursos altos convertéronse en madriñas e padriños do alumnado máis pequeno.

SAÍDAS.

  • Mariña Ambiental. As nenas e nenos de 3ºEP e 4ºEP visitaron a cidade de A Coruña a través deste proxecto. Ao longo do día, ademais de gozar desta fermosa cidade, visitaron a depuradora, pasearon polo Monte da Fraga e visitaron a Domus e a Torre de Hércules.
  • FP Innova. As nenas e nenos de 5ºEP e 6ºEP invertiron un día na Cidade da Cultura de Galicia para visitar o FP Innova e, de paso e aproveitando que andan a investigar o mundo e historia das bibliotecas, pasaron pola Biblioteca de Galicia.
  • Free Tour. As nenas e nenos de 1ºEP e 2ºEP convertéronse en guías por un día. Co mapa de Cervo na man e cunha chea de pictogramas de diferentes lugares, tiveron que orientarse no espazo e ubicar cada un deses lugares no mapa, ademais de ir marcando o recorrido feito.
  • Agrupacións de Centros Escolares. O alumnado de 6ºEP, xunto con varias mestras, e dentro do programa de Agrupacións de Centros Escolares, foron de viaxe a Murcia para emparse da cultura e costumes das nenas e nenos do centro CEP Antonio de Ulloa e continuar cumprindo obxectivos de dito programa. Para máis información, podedes premer aquí.

Como vedes, estes dous meses non paramos... Foi un período bimensual cheíño de aprendizaxe, aventuras, experiencias compartidas, risas e moita emoción. E isto continúa... dentro duns días teredes novidades sobre o último bimes "A arte das letras".

Bicos e apertas a moreas.

Club de Lectura Familias - Terceira Edición

Queridas familias!

Esta Semana do Libro temos novidades que vos interesan... Presentámosvos a terceira e última edición do Club de Familias deste curso! A continuación explícase toda a información.

Sorriso CANDO? Os mércores de 19:00 a 20:00

Sorriso COMO? En liña, a través da plataforma Webex.

Sorriso QUE? O libro a ler será "Miss Marte" de Manuel Jabois.

A data de comezo desta edición do Club é o mércores 3 de maio e será nesta sesión cando determinaremos o resto das xuntanzas. 

Poderedes anotarvos ata o venres 28 de abril do 2023 a través da solicitude enviada en papel, a través do correo electrónico das titoras/os ou do seguinte formulario. 

Quen se anima a gozar dun tempo compartido e do pracer da lectura? Agardámosvos!

Un nen@, un mestr@, un libro e un lapis poden cambiar o mundo - 2023

Boas a todas e todos!

Un novo período bimensual está a piques de comezar e con el milleiros de actividades e novidades. Queredes que vos faga un pequeno adianto? Comeza a aventura do período "Un nen@, un mestr@, un libro e un lapis poden cambiar o mundo"!


A maiores, dicirvos que hai varias saída programadas, obradoiros e charlas informativas de temáticas moi diversas, novos programas de radio en OndaPucaRadio, celebraremos a Semana da Prensa, o 8M - Día Internacional da Muller e continuaremos con actividades como: "Canto conto ten...", "Familias que contan", "Momentazo de ler" e os Clubs de Lectura.

Non esquezades mirar de vez en cando as vosas caixiñas do correo porque teredes algún reto sobre o Museo das Letras. Xa observo polos corredores da escola que estades traballando arreo para ir dándolle forma ás salas do noso museo.

Seguide así, nenas e nenos!

Polo momento, nada máis. Ah, si! Se botades unha ollada ás baldas de Novidades Lectoras atoparedes novos libros. Xa me daredes a vosa opinión sobre ás novas adquisicións.

Bicos e apertas a moreas!

Paz, Amor e Rocksalía! 2023 - Resumo

Boas nenas e nenos!

O período de "Paz, Amor e Rocksalía" chega ao seu fin e o único que podo dicir é que vaia maneira máis bonita de comezar o ano! É marabilloso ver como andades a traballar, as vosas caras de felicidade con cada novidade de Bibliocervo, a alegría que poñedes en todo aquilo que facedes... E para non esquecer que actividades tiveron lugar ao longo destes dous meses, vou facer un breve percorrido. Preparadas e preparados? Comezamos!

BIBLIOCERVO.

  • Canto conto ten... Cada martes da semana está tendo lugar unha das novidades máis exitosas deste curso "Canto conto ten...". É unha ledicia ver como se enche a biblio con caras e sorrisos espectantes agardando un novo conto e unha nova historia. 
  • Familias que contan. Tamén é un pracer recibir as visitas das familias para que compartan con nós algunha historia, novas ou xa coñecidas. 
  • Momentazo de ler. O martes último de cada mes toca buscar os lugares máis recónditos da escola para gozar do momento de lectura.
  • Venres de radio. En OndaPucaRadio os micros e os altavoces non paran de transmitir valiosa e interesante información.
  • Clubs de lectura. Os Clubs de Lectura "Ler é Lecer" de nenas e nenos e de familias seguen a ser todo un exito, un momento de lectura, diversión, aprendizaxe e conficendias.

OBRADOIROS.

  • Radio. Foi unha auténtica marabilla recibir a visita de Sergio Pascual para continuar aprendendo e descubrindo todas as posibilidades que nos ofrece OndaPucaRadio.
  • Pilabot. Outro ano máis participamos nesta campaña para intentar reciclar o maior número de baterías. Grazas a este obradoiro coñecemos un pouco máis a historia das baterías, características, durabilidade...
  • Plan Director. Charlas para o alumnado de 5ºEP e 6ºEP e para familias sobre o acoso escolar. 
  • "A gruta da Torre". Visita de Lois Pérez, autor de "A gruta da Torre". Grazas por resolver todas as nosas curiosasidades e dúbidas sobre a historia de Lois.
  • Naturgy. Charla recibida para profundar no mundo das 3R e das enerxías renovables.
  • Consumo. Charla informativa sobre o consumo: a publicidade indireta, o etiquetado...

CONMEMORACIÓNS E FESTIVIDADES.

  • 31X - Día da Paz e da non Violencia. Cadea humana feita con todos os centros educativos e sociais da contorna para reivindicar a nosa unión pola paz.
  • Entroido. Semana de entroido chea de creatividade, teas, purpurina, pinturas... para darlle forma aos nosos disfraces relacionados coas diferentes etapas da escritura.
  • 23F - Día de Rosalía de Castro. O noso Rocksalía non podía faltar nun día como este.

Ademais de todas estas actividades, algúns cursos levaron a cabo outras actividades como a Semana Branca en Panticosa, a visita á Casa do Concello de Cervo ou o visionado dunha película en Bibliocervo cunha previa compra de entradas e de organización de asentos.

Xa por último, felicitaros polo traballo que estades a facer para darlle forma ao "Museo das Letras", é marabilloso ver como as salas van collendo forma e como ides superando os retos mensuais. Seguide así!


Polo momento, nada máis. Pero estade atentas e atentos porque dentro de pouco teredes novas sobre o próximo período bimensual.

Bicos e apertas a moreas!

Club de Lectura Familias 2023 - Segunda Edición

Bo día familias!

Comezamos o mes de febreiro cunha moi boa nova! Queredes participar na nova edición do Club de Lectura de adultas e adultos? A continuación fago un recordatorio para lembrarvos en que consiste esta proposta e como se vai levar a cabo. 

A novela escollida para esta edición é "El club del crimen de los jueves" de Richard Osman. As xuntanzas serán cada quince días e terán lugar os mércores de 19:00 a 20:00, serán en liña a través da plataforma Webex. Se premedes na seguinte imaxe, poderedes ler un breve resumo sobre a mesma.

A primeira sesión deste club de lectura terá lugar o mércores 15 de febreiro e nesta primeira xuntanza, falarase das datas definitivas desta nova andaina. IMPORTANTE! O prazo para anotarse (a través da seguinte enquisa ou a través do formulario de papel) é ata o venres 10 de febreiro

Gústavos ler? Queredes compartir un tempo agradable con persoas con esta mesma inquedanza? Non o dubidedes! Este club de lectura está agardando por vós Guiño

Bicos e apertas a moreas.

Paz, Amor e Rocksalía! - 2023

Boas raparigas e raparigos!

Como comezamos o 2023? Antes de nada, felicitarvos este ano novo e comentarvos as novidades que temos ao longo do período bimensual "Paz, Amor e Rocksalía". Queredes saber o que imos facer? Para que teñades unha idea do que nos deparan estes dous meses, premede ao "play" e escoitade a Puca relatando as novidades.

 

Novo mes, novo reto! Queredes participar e contribuír a darlle forma á "Sala de instrumentos de escritura"? Anímovos a reflexionar sobre que aparellos ou de que maneira escribían antes e que cambios se foron intruducindo no mundo da escritura co paso do tempo. A maiores, tamén vos animo a que continuedes traendo letras en diferentes formatos para equipar a "Sala tipoloxía das letras".

A maiores, tamén conmemoraremos días tan especiais como o Día da Paz e da Non Violencia o 30X, o Día de Rosalía de Castro o 23F e o Entroido a semana do 13 de febreiro. Tedes gana de comezar a confeccionar o voso propio disfrace? Agardo que gocedes moito dos obradoiros darán comezo hoxe.

Xa por último, lembrarvos de que ao longo deste mes tamén daremos comezo a "Canto conto ten..." por parte do alumnado. Todas e todos estades convidadas e convidados a participar, únicamente teredes que falar coa mestra Beverly e explicarlle que conto queredes compartir co resto de nenas e nenos.

Damos comezo a este período "Paz, amor e RockSalía" con moita gana e moita enerxía!

Bicos e apertas a moreas.

 

Nadal Maker! 2022 - Resumo

Queridas nenas e nenos!

O primeiro trimestre chegou ao seu fin e é o momento de facer un resumo sobre este período bimensual: Nadal Maker. Queredes saber todo o que fixemos ao longo destes dous meses? Comeza a viaxe!

Sorriso Agrupacións de Centros Escolares. A comezos de novembro recibimos a visita das mestras e mestres dos centros participantes no proxecto "Agrupamentos de Centros Escolares" dende Cartaxena, Badaxoz e Gran Canaria. Se premedes na seguinte imaxe, poderedes acceder ao espazo virtual onde se recolle todo o que se está a realizar no proxecto. 

Sorriso Comezo dos Clubs de Lectura. Neste período tamén tivo comezo os Clubs de Lectura, tanto de familias como de nenas e nenos. O grupo das adultas/os decirion ler "Tostonazo" de Santiago Lorenzo e o grupo de nenas e nenos comezaron con "A gruta da torre" de Lois Pérez. 

Sorriso Día do Peón e Magosto. Visita das familias ao centro para gozar dunha xornada de degustación de castañas e de xogos populares.

Sorriso Mes da Ciencia. Os cursos superiores da etapa de Educación Primaria continúan a investigar sobre este ámbito, empregando a experimentación para crear, por exemplo, folerpas de neve con sal. 

Sorriso Saídas. Ao longo deste dous meses, os cursos da etapa de Educación Primaria visitaron a lonxa de Celeiro, o Castro de Rueta e o Museo do Mar. Foron unhas saídas cheas de aprendizaxe, de momentos compartidos co grupo clase e de moita emoción. 

Sorriso Visitas. Tamén recibimos a visita do GES para saber como intervir en caso de incendio ou como aplicar primeiros auxilios e de Alba Vila en colaboración co OPP-7 Porto de Burela para coñecer un pouco mellor o peixe da zona e os seus beneficios. 

Sorriso Conmemoracións. Celebración do 25N a través da marcha ata a Praza do Concello e a lectura dun manifesto e do 3D contando coa visita de Ángeles do Museo do Mar de San Cibrao para relatarnos e explicarnos como é o seu día a día. 

Sorriso Bibliocervo. Posta en marcha de propostas como o Momentazo de Ler, Canto conto ten, Familias que contan, campaña de expurgo Unha nova viaxe... Ademais, as e os axudantes de Puca están traballando arreo ao longo da semana para que este recuncho estea sempre perfecto e para que todas e todos poidamos gozar de Bibliocervo nos tempos de lecer.

Sorriso Voz Natura. Ra Natura non para de traballar para que o noso cole sexa cada vez máis consciente e respectuoso co medio ambiente. Ademais, as propostas que nos envía axúdannos a ter sempre presente as 3R e a facer un consumo responsable. Anímovos a que visitedes o seu fogar, aquí.

Sorriso Peche de trimestre. Para pechar este primeiro trimestre e dar comezo as vacacións de Nadal, contamos coa "Amiga/o Invisible/Visible", coa visita dos elfos e co recital por parte do alumnado dunhas fermosas panxoliñas.

Feito todo este percorrido, só me queda desexarvos unhas moi felices festas de Nadal. Agardo que gocedes moito destes días e que recarguedes as baterías para comezar o segundo trimestre con moita forza e enerxía.

Vémonos á volta rapazas e rapaces.

Bicos e apertas a moreas!

Nadal Maker! - Decembro 2022

Boas a todas e todos!

Como vai este fin de trimestre? Eu estou encantada de presentarvos as novas deste segundo mes do período: Nadal Maker. Queredes saber que nos esperan estas últimas semanas? Dádelle ao "play" para ter un adianto!

Comezamos polo segundo reto sobre o PDI deste curso "O Museo das Letras". Imos a descubrir canto sabemos sobre os útiles de escritura. Estades preparadas e preparados? Se premedes na seguinte imaxe, accederes ao xogo.

De paso, aproveito para invitarvos a realizar o primeiro desafío. Lembrades cal era? Encher a sala de tipoloxía de letras con letras/grafías/señas de todo tipo, forma e cor. 

Continuamos coa presentación da campaña "Unha nova viaxe". Esta proposta consiste en trocar un libro expurgado de Bibliocervo por un xoguete en desuso. O mercadillo para levar a cabo o intercambio terá lugar na entrada da escola os días 19, 20 e 21 de decembro de 12:00 a 13:00 (os tres días) e de 16:00 a 18:00 (o martes). Que xoguetes podedes traer? Bicis sen pedais, cociñas, motos, xogos de construcións, bonecos (agás peluches), animais, coches, quebracabezas... coa condición de que xa non os empreguedes! Desta maneira, estaremos dándolle unha segunda vida tanto aos libros expurgados como aos xoguetes.

Xa por último, informarvos de que este ano contaremos, de novo, coa proposta da/o amiga/o invisible (visible). Estade atentas e atentos porque dentro de nada teredes novas sobre esta actividade! E ao igual que a campaña "Unha nova viaxe·, Ra Natura e eu decidimos que a/o amiga/o invisible sexa respectuoso co medio ambiente. Xa sabedes que na nosa escola, as 3R (Reducir, Reutilizar e Reciclar) están moi presentes. 

Polo momento, nada máis. Simplemente, darlle as grazas ás/aos axudantes de Puca pola súa labor e o seu esforzo para que Bibliocervo funcione á perfección. Son moi afortunada de ter un equipo de axudantes tan marabilloso.

Bicos e apertas a moreas!

Familias que contan!

Queridas familias de Bibliocervo!

Estou aquí para presentarvos unha novidade deste curso, a proposta... "FAMILIAS QUE CONTAN!" En que consiste esta nova actividade? Aquí tedes toda a información!

Sorriso QUEN? Nesta proposta pode participar calquera membro da Comunidade Educativa: mamás, papás, avoas, avós, tías, tíos, primas, primos, mestras, mestres, persoal non docente... que teña gana de pasar un tempo agradable connosco!

Sorriso QUE? A finalidade será contar un conto.

Sorriso CANDO? Preferiblemente na hora de ler (de 12:30 a 13:00) pero adaptámonos aos vosos horarios, sempre que sexan dentro do horario lectivo.

Sorriso ONDE? Pódese facer de maneira presencial en Bibliocervo ou a través da proxección dun vídeoconto previamente gravado.

Sorriso COMO? A persoa "contacontos" será a que escolla tanto o formato (presencial ou cun vídeo), como a maneira de contar o conto (a través da lectura, dunha representación teatral, de títeres, cantando, recitando...). Todas as opcións son válidas!

Sorriso PARA QUEN? Este punto tamén será escollido pola persoa "contacontos". Pode ser un conto para todo o cole ou un conto para o grupo da nena/o co que garda a relación.

Se queres formar parte deste "Club de Contacontos", non o penses máis... Cumprimenta o seguinte formulario cos datos requeridos e eu, Puca, poñereime en contacto contigo para concretar a actividade. 

Agardamos os vosos contos, queridas familias!

Bicos e apertas a moreas.

Nadal Maker! - Novembro 2022

Ola nenas e nenos!

Xa levamos medio mes do período de Nadal Maker e aínda non tivéchedes novas sobre as actividades. Estes días non paramos de traballar en Bibliocervo e non tiven tempo para presentarvas, pero máis vale tarde que nunca, así que aquí están as novidades para este mes de novembro. Comezamos cunha breve introdución das mesmas a través deste InfoPuca e, posteriomente, resumo todo o que nos depara a primeira parte deste Nadal Maker! Preparadas e preparados? Aló imos!

Como ben indico no vídeo, o primeiro a destacar este mes foi a visita das mestras e mestres de 3 centros de Badaxoz, Cartaxena e Gran Canaria a través do proxecto Agrupacións de Centros Educativos. Se queredes indagar un pouquiño máis sobre o mesmo, podedes visitar esta entrada

Outro evento que xa tivo lugar foi o Magosto e o Día do Peón. Como gozamos comendo castañas, bailando unha muiñeira e xogando ás chapas, ás catro esquinas, aos bolos, á petanca, á corda, á mariola... Foi unha xornada compartida coas familias marabillosa! Grazas á ANPA polas deliciosas castañas e ás cantareiras de Cordenaia por amenziarnos a festa!

Que máis novidades temos este mes? Dende o CEIP de Cervo queremos animar a todas as familias do cole a que participen na proposta "Familias que contan!". Dentro duns días teredes máis información sobre esta actividade e cales serían os pasos para participar. Estade atentas!

E para vós, peques? Tamén vos animamos a participar en "Canto conto ten..." e preparar algún conto que vos guste para poder compartirlo co resto da rapazada que goce do seu tempo de lecer en Bibliocervo. Poderedes convertervos en contacontos por un día (ou máis)... Que vos parece?

Continuando coas cousiñas pendentes para este mes, non podía faltar unha proposta relacionada co noso Museo das Letras. Mirade o seguinte vídeo!

Que temos que facer este mes? Comezar a darlle forma ás salas do museo. E como? Pois cada curso/ciclo será o responsable dunha das salas e será o encargado de ir dándolle forma á mesma. Aquí vai a organización:

- Educación Infantil: xefas e xefes da sala "Cova da Prehistoria". 

- 1º Ciclo: xefas e xefes da sala "Utilensilios de escritura".

- 2º Ciclo: xefas e xefes da sala "A orixe das palabras".

- 3º Ciclo: xefas e xefes da sala "A historia das bibliotecas".

Ao longo desta semana, deixarei nas caixiñas do correo as instrucións para ter claro como podedes comezar. Tamén vos animo a visitar o recuncho do Punto Lector onde poderedes atopar bibliografía sobre o proxecto. A maiores, con ditas instrucións teredes un reto para comezar a elaborar unha das salas do museo: a sala de tipoloxía das letras. O noso museo comeza a medrar!

E falando de libros, víchedes os libros de meses temáticos e das novidades lectoras colocados nas baldas? Gústanvos? Como xa víchedes no anterior vídeo, aproveitamos que o 11 deste mes celebramos o Día das Librarías para poñernos en contacto coas librarías da zona. Non esquezades pasarvos por elas e ollar as novidades! Eu estaría encantada de encher Bibliocervo con aqueles libros que sexan motivantes para vós, así que se queredes enviádeme as vosas suxerencias á miña caixa do correo e eu xa me encargarei de facerme con eles.

Xa para rematar, lembrarvos de que este mes de novembro celebramos o Mes da Ciencia. Sei que as nenas e nenos de 4ºEP, 5ºEP e 6ºEP andades a investiar sobre Ángeles Alvariño. Estou desexando ver os vosos traballos! Deixo por aquí o cartel deste ano e se premedes enriba del poderedes visitar a páxida de Igaciencia, onde atoparedes máis información sobre esta temática.

Polo momento, nada máis.

Bicos e apertas a moreas.

Distribuir contido


by Dr. Radut