Skip to Content

En busca da Paz Interior

Boas a todas e todos!

Que tal a volta das vacacións? Descansáchedes? Tedes as baterías cargadas? Agardo que si porque comezamos un novo período bimensual chamado PAZ, AMOR E ROCKSALÍA e teño moitas novas que darvos. Para facervos unha idea, a continuación amósovos un InfoPuca.

 

Ioga, Paz Interior, Mindfulness... Coñecedes estas palabras? Algunhas seguro que si porque xa practicáchedes ioga con Brinco pero... Sabedes os seus beneficios? Para descubrir as segredos que gardan todos estes termos, invítovos a pasar polo punto lector e polos andeis de Meses Temáticos xa que atoparedes moito material para comezar a investigar. Así, de paso, tamén vedes as novidades lectoras que chegaron a Bibliocervo.

Tamén podedes empregar os ordenadores ou as PDI para dar resposta a todas as preguntas que vos xurdan sobre este tema. Para iso, premede enriba destas ligazóns:

Risa Día da Paz: Por que celebramos o 30 de Xaneiro?

Risa Mahatma Gandhi

Risa Mapa de Paz Mental para temibles trols infelices

Risa Actividade: a escola como lugar de paz

Risa Cores de paz

Risa Dereitos humanos

Risa O valor de todas as persoas: "A historia de punto"

Risa Adición aos videoxogos

Risa Uso excesivo das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación)

Risa Ciberacoso Escolar

Risa Rosa Parks: a loita contra o racismo

Risa Guía de recursos: a salvo na escola

Risa Recursos para educar na tolerancia

RisaQue é a ansiedade?

Risa Que é o estrés?

Risa Como podemos manexar a ansiedade e o estrés?

Risa Ioga: en que consiste?

Risa Vídeo "Tranquilo e atento como unha ra"

Risa Mindfulness: Que é?

Risa Asanas

Risa Musicoterapia

Como vedes, o obxectivo deste mes é investigar e intentar atopar a nosa PAZ INTERIOR, xa que desta maneira, tamén lograremos estar en paz coas persoas que nos rodean e co noso medio. E para celebralo, o día 28 de xaneiro, levaremos a cabo un obradoiro de Ioga onde aplicaremos todo o aprendido ao longo do mes e onde unha experta na materia nos dará algún consello para levar a cabo esta práctica.

Que vos parece? Estades preparadas e preparados? Pois comezamos o 2022 cheas e cheos de enerxía e moita paz.

Bicos e apertas (con distancia) a moreas.



blog | by Dr. Radut