Skip to Content

Lectura e Familias 2023

Boas familias!

Este curso volvemos a estar dentro do Programa Lectura e Familias! Queredes saber en que consiste? Grazas a este programa podemos propoñervos unha serie de charlas, talleres e obradoiros e, por suposto, abrirvos as portas á nosa escola. Este curso contamos coas seguintes formacións:

Sorriso XOGANDO NAS NUBES. Queredes ideas para xogar coas vosas nenas e nenos? Non sabedes que xogos son aconsellables para cada idade? Deixamos gañar ou tamén perder? Iria Orizales poderá dar resposta a todas estas cuestións a través da explicación dos xogos, do seu papel no desenvolvemento de habilidades, de como ler e interpretar as instrucións, de xogos de mesa no fomento da lectura e a través de situacións reais de xogo, diversión e aprendizaxe. Os datos deste obradoiro son os seguintes:

  • DATA: xoves 9 de marzo
  • HORA: 16:00 a 18:00
  • LUGAR: Bibliocervo
  • IMPORTANTE: as familias deberán asistir coas nenas e nenos

Sorriso DISCIPLINA POSITIVA. Gustaríavos entender o comportamento das vosas fillas e fillos? Ser amables e firmes ao mesmo tempo? E mellorar o ambiente do fogar a través de estratexias respectuosas? A mestra Paula Otero Freijomil amosaranos a través da Disciplina Positiva, novas dinámicas para a resolución de conflitos na casa. A información deste taller é:

  • DATA: mércores 22 de marzo
  • HORA: 16:00 a 18:00
  • LUGAR: Bibliocervo
  • IMPORTANTE: as nenas e nenos poderán estar coa mestra/e de garda

Sorriso AGADIX. A Asociación Galeda da Dislexia explicaranos en que consiste este trastorno específico da linguaxe. Que é a dislexia? Que dificultades presenta unha nena ouneno con dislexia? Como podemos axudarlles? A estas a outras preguntas poderemos responder coa axuda das rapazas de AGADIX. Os datos desta charla son:

  • DATA: mércores 19 de abril
  • HORA: 16:00 a 18:00
  • LUGAR: en Bibliocervo a través da plataforma Webex
  • IMPORTANTE: as nenas e nenos poderán estar coa mestra/e de garda

Sorriso RAIOLAS. A Asociación de pais, nais e persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e Trastorno da Comunicación Social (TCS) visitarán o noso centro para axudarnos a coñecer un pouco máis ditos trastornos, a entender a súa realidade e o seu día a día.  

  • DATA: mércores 24 de maio
  • HORA: 17:00 a 19:00
  • LUGAR: Bibliocervo
  • IMPORTANTE: as nenas e nenos poderán estar coa mestra/e de garda

Agardamos a vosa participación (poderedes anotarvos a todas as formacións que sexan do voso interese) e, para iso, necesitamos que cubrades o seguinte formulario:

 



webform | by Dr. Radut