Skip to Content

Lectura e Familias - Maio

Bo día familias.

Comezamos novo mes e maio ven cheíño de novas... Queredes saber cales? Hoxe imos presentarvos os novos obradoiros que hai grazas á participación de Bibliocervo no proxecto "Lectura e Familias". A continuación, aparecen detallados os diferentes obradoiros e un breve resumo dos mesmos. Se queredes obter máis información, podedes premer aquí.

Risa LIBROS DE FAMILIA con Pablo Otero (Xoves 5 de maio). Obradoiro no que teremos a posibilidade de crear o noso propio libro cheo de relatos valiosos e significaivos para nós. Un libro obxecto artesán e colectivo.

*Se queredes anotarvos a este obradoiro, cabe que leades esta información, premendo aquí.

Horario: 16:00-18:00.

Risa OBRADOIRO SOBRE DISLEXIA a cargo de Esther López Carbajales (Presidenta de AGADIX) (Xoves 26 de maio). Charla na que se abordarán aspectos como a detección temperá da dislexia, evolución natural, dificultades asociadas e pautas para traballar dende a aula/escola.

Horario: 16:00-18:00.

Cabe dicir que durante o tempo dos obradoiros, as nenas e nenos poderán quedar co mestre/a de garda. A maiores, indicarvos que podedes apuntarvos a máis dun obradoiro e que o número máximo de participantes é de 25/obradoiro (tendo en conta a orde de inscrición). Todos as sesións terán lugar en Bibliocervo.

Para anotarvos a algún dos obradoiros, pasar un momento agradable e compartir experiencias, non o dubidedes e cubride os seguintes datos neste formulario:



webform | by Dr. Radut