Skip to Content

Nadal Maker!

Ola, ola, raparigas e raparigos!

Que tal o comezo das vacacións de Nadal? A escola queda moi silenciosa e aburrida sen vós pero aproveitarei este tempo e argallarei novas cousiñas para amosarvos á volta. Hoxe gustaríame facer unha ruta por todas as actividades que levamos a cabo ao longo do período de "NADAL MAKER". Que vos parece? Pois comezamos!

Sorriso ALIMENTACIÓN CONSCIENTE E SAUDABLE. A finais do mes de novembro rematamos as tarefas relacionadas coa alimentación sa. Cada curso investigou sobre un aspecto relacionado coa alimentación, e toda esa información foi recollida en forma de Padlet. Queredes saber máis sobre ultraprocesados e comida real? Azucres? Pirámide alimenticia? Etiquetado dos alimentos? Propiedades da froita? Botade un ollo!

Hecho con Padlet

Posteriormente, para darlle forma e sabor a todo o aprendido ao longo desta tempada, as nenas e nenos elaboraron receitas chea de nutrintes. Desta maneira, puidemos comprobar que comer saudable e rico é algo totalmente compatible. Aínda se me fai a boca auga cando recordo o arrecendo dos mugcakes, do pan con chocolate, dos gofres de avea... 

Sorriso MES DA CIENCIA. No mes de novembro tamén celebramos o MES DA CIENCIA e levamos a cabo diversas actividades. Entre elas, destacamos a investigación dos volcáns, o análise da fermentación do pan, o descubrimento e elaboración de poliedros e cúpulas xeodésicas... Despois de todas estas tarefas, observamos que a ciencia está en todos os recunchos, verdade?

 

SorrisoRRR. Todas e todos estades traballando arreo para cumprir o obxectivo de converternos nunha escola con RESIDUOS 0. Os contedores de pilas, de tapóns e de material escolar xa están prácticamente cheos, o composteiro tamén está a recibir restos de materia orgánica das vosas merendas saudables e os agasallos da amiga/o invisible feitos con material de refugallo foron unha verdadeira obra de arte. Sen dúbida, as 3R viñeron para quedarse!

Sorriso eTwinning. As nenas e nenos máis maiores do centro comezaron un novo proxecto relacionado coas "Fake News" e para iso, elaboraron un vídeo no cal presentan o noso cole, amosando cada un dos seus espazos e segredos. Que vos parece o resultado? It's very beautiful, isn't it? 

Sorriso APADRIÑAMENTOS LECTORES. As nenas e nenos de 5ºEI e 6ºEI agasallaron cunha posta es escea dos contos "A mellor sopa do mundo" e "O monstro de cores" aos cursos máis altos. Todos os grupos gozaron moito desta experiencia e están desexando repetir o apadriñamento.

Sorriso OUTRAS CONMEMORACIÓNS. A maiores, ao longo destes dous meses, celebramos o Magosto cunha boa ración de castañas e xogos populares, o 25N coa elaboración do videoclip da canción de "De Festa" e o 3D coa visita de Alex. Se queredes saber máis sobre o que fixemos estas datas, podedes botar un ollo nas seguintes entradas:

- Magosto.

- 25N: Día Internacional para a eliminación da Violencia contra a muller.

- 3D: Día Internacional das persoas con (dis)capacidade.

Hala! E despois destes meses tan intensos é o momento de descansar,  é o momento de gozar do tempo libre, de rir, de xogar, de brincar, de durmir... E se estades aburridas e aburridos e non sabedes que facer, déixovos por aquí algunhas RECOMENDACIÓNS LECTORAS que vos van a encantar. Premede na imaxe ou escaneade o código QR e listo!

Agora si nenas e nenos, aproveitade para cargar as baterías porque asegúrovos que o 2022 vai a estar cheíño de sorpresas e experiencias inolvidables no Ceip de Cervo Guiño

BO NADAL e bicos e apertas (con distancia) a moreas!

 



blog | by Dr. Radut