Skip to Content

Obradoiros con Lucas Requejo de "Ultraalimento" e Visita á Cofraría de Pescadores de Celeiro

Queridas nenas e nenos.

A semana pasada foi unha semana tan chea de aprendizaxe e de experiencias que non sei nin por onde comezar a contarvos...

O martes visitounos Lucas Requejo que, co mandil posto e unha mesa chea de alimentos, axudounos a descubrir cousas que algunhas e algúns de nós descoñeciamos. Unha vez presentada a materia prima que tiñamos diante, Lucas propúxonos un reto: facer a nosa receita de cociña saudable, transformando un ultraprocesado nun produto san. Ao comezo, parecíanos imposible pero o traballo en equipo sempre é un éxito e logramos facer receitas espectacularmente deliciosas. Entre as receitas elaboradas atopamos: Nocela de Cervo, Bol Energy, Cocailet, Limoada e Pan-Cracio. A continuación, déixovos unha imaxe do resultado das mesmas para que probedes a facelas na vosa casa!

 

As nenas e nenos máis peques do cole tamén gozaron dun obradoiro no que cociñaron alimentos coa imaxinación, a través de contos onde os personaxes eran alimentos de tempada. Pasámolo en grande!

 

Para dar peche á semana, o venres, as nenas e nenos de 3ºEP, 4ºEP, 5ºEP e 6ºEP foron de visita á Cofraría de Pescadores de Celeiro. Comezamos o percorrido na lonxa, onde nos falaron do seu funcionamento, das especias capturadas, dos barcos pesqueiros, da pesca sostible... Ata vivenciamos a simulación dunha poxa!

 

De aí, continuamos a ruta polo peirao, onde vimos un pesqueiro atracado. Máis adiante estaban os viveiros de marisco, onde apreciamos nécoras, camaróns e santiaguiños. 

 

Xa para rematar, visitamos a Cofraría de Celeiro onde repasamos todo o aprendido ao longo da visita e falamos dos 100 anos de antigüidade da Cofraría, da importancia de coidar o mar, o saudable de comer peixe... Ademais, agasalláronnos con gorras, camisetas e libretas Risa

Grazas a todos os expertos que nos proporcionaron un montón de información e que nos amosaron moitas curiosidades sobre o ámbito da alimentación e da pesca. Agardamos vervos de novo!

Bicos e apertas (con distancia) a moreas.



blog | by Dr. Radut