Skip to Content

Comezamos!

Benvidas a todas e todos!

Para comezar este curso gustaríame darvos a benvida a este novo espazo. A partir de agora, todas as novas que vos presentarei, publicareinas neste blog, espero que vos guste e que gocedes moito con el.

Tamén aproveito para amosarvos o fermoso cartel das Bibliotecas Escolares de Galicia deste ano... que vos parece? O seu lema é “A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA”. En Bibliocervo palabras non nos faltan e máis agora, con OndaPucaRadio.

Continuamos con máis novidades! Queredes saber o que imos facer ao longo destes meses? Teño milleiros de sorpresas para darvos, aventuras que vivir, experiencias para non esquecer e moita, moita aprendizaxe pero sempre con emoción e diversión. Para que vos vaiades facendo unha idea, aquí vos deixo o PAL (Plan Anual de Lectura) deste curso. Botádelle un ollo!

Pero raparigas e raparigos, non todo son boas novas... Este verán, non sei que me pasou, que estiven todos os días pechada en Bibliocervo, comendo e xogando á consola. Creo que as mestras e mestres do cole déronse conta de que algo estaba funcionando mal e organizaron un montón de actividades para axudarme: descansos activos, milla diaria, as emocións, hábitos de vida saudables... Creo que con vós ao meu carón, serei capaz de superar todos estes desafíos! Axudarédesme para non seguir así?

Polo de agora, nada máis. Bo comezo de curso a todas e todos e agardo vervos pola biblio moi pronto.

Bicos e apertas (con distancia) a moreas.



blog | by Dr. Radut