Skip to Content

8M Día Internacional da Muller

Boas a todas e todos!

Sabedes que celebramos o 8M? Si, o Día Internacional da Muller! E aínda que no CEIP de Cervo defendemos os dereitos das mulleres e a igualdade todos os días do ano, temos preparadas varias actividades. Queredes saber de que tratan? Pois ollos ben abertos!

O luns 7 de marzo recibiremos a visita de dúas rapazas do equipo feminino de Pescados Rubén Burela FS. Primeiro farémoslles unha entrevista en OndaPucaRadio para coñecer máis delas, do equipo e da súa traxectoria profesional e despois, levaremos a cabo xogos con elas para que nos amosen algún truquiño coa pelota.

O martes 8 de marzo, o DO tennos preparado unha actividade para coñecer mellor a varias mulleres deportistas e todos os seus logros. Recibiredes as instrucións ese mesmo día pero déixovos por aquí un adianto.

Se queredes indagar máis sobre esta temática ou pasar un momento agradable facendo algún xogo relacionado con esta data, consultade as ligazóns que aparecen a continuación.

Risa Recursos feminismo - Lapiz de ELE

Risa Homenaxe ás mulleres fortes da historia

Risa Xogo feminista

Risa Genially sobre o feminismo

Risa Educar no feminismo

Risa Os micromachismos

Risa Feminismo: ligazóns e textos

Risa Genially 8M CEIP de Cervo

Risa Pasapalabra 8M

Agardo que vos gusten as actividades e lembrade, sempre: valentes, ceibes e bravas!

Bicos e apertas (con distancia) a moreas!



blog | by Dr. Radut