Skip to Content

Lectura e Familias (Marzo-Abril)

Queridas familias!

Temos unha boa nova que darvos. Estes meses de marzo e de abril levaremos a cabo unha serie de obradoiros organizados con motivo da nosa participación no proxecto "LECTURA E FAMILIAS". O obxectivo principal deste proxecto é fomentar a colaboración familias-centro e por iso, animámosvos a que participedes nalgún dos seguintes obradoiros e así, continuar compartindo experiencias todas xuntas.

A continuación, aparecen detallados os diferentes obradoiros e un breve resumo dos mesmos. Se queredes obter máis información, podedes premer aquí.

Risa COCIÑANDO RECEITAS DE CAMBIO con Lucas Requejo de Ultralimento (Martes 15 de marzo): un obradoiro que prentende orientar ás nais e pais na muda de hábitos cara unha vida saudable e sostible, a través da lectura.

Horario: 16:00-17:30.

Risa PLAN DIRECTOR a cargo da Garda Civil (Martes 29 de marzo): charla na que se proporcionarán ferramentas orientadas a previr problemas relacionados cos seguintes temas:

  • Perigos do uso das Novas Tecnoloxías en menores de idade (17:00 - 17:45).
  • Videoxogos: pautas para un uso responsable e identificación dos que provocan adición (17:45 - 18:30).

Risa E-TÉXTILES con Paola Guimeráns (Mércores 6 de abril): os/as participantes aprenderán a construír un circuíto, experimentar con novos materiais e explorar os potenciais creativos que ofrece a integración da electrónica en téxtiles. Durante a iniciativa, pensada para que todos os membros da familia participen de forma activa e en equipo, propoñerase o deseño de accesorios luminosos (roupa con "superpoderes"). Para o desenvolvemento do exercicio, cada familia participante recibirá un kit cos compoñentes electrónicos e materiais necesarios para deseñar o seu proxecto.

Horario: 16:00 - 18:00.

Risa CONTAR NO SÉCULO XXI con Paula Carballeira (Mércores 20 de abril): este curso pretende chamar a atención sobre os aspectos máis relevantes á hora de contar unha historia e ofrecer indicacións e consellos para desfrutar o momento de compartir un conto entre diferentes xeracións.

Horario: 16:30 - 17:30.

Risa OBRADOIRO DE RADIO PARA FAMILIAS con Damián Alonso de Ponte nas Ondas (Mércores 27 de abril): obradoiro sobre o coñecemento da parte técnica e de locución da radio.

Horario: 16:00 - 18:00.

Cabe dicir que durante o tempo dos obradoiros, as nenas e nenos poderán quedar co mestre/a de garda. A maiores, indicarvos que podedes apuntarvos a máis dun obradoiro e que o número máximo de participantes é de 25/obradoiro (tendo en conta a orde de inscrición).

Outra das novidades que vos presentamos é que estamos a crear un PUNTO LECTOR para facilitar e promover o acceso á lectura para adultas/os, mediante o préstamo de libros, en horario de 16:00 a 18:00, de martes a venres.

Para facer uso de dito punto lector ides empregar un carnet da biblioteca e para iso, necesitamos os seguintes datos (estes datos serán os mesmos que precisaremos en caso de que vos anotedes aos obradoiros):



webform | by Dr. Radut