Skip to Content

Febreiro, febreiriño.

Ola nenas e nenos!

Comezamos o segundo período de PAZ, AMOR E ROCKSALÍA!!!

Sabedes todo o que nos depara este mes? Nin imaxinades a de cousiñas que teño preparadas para todas e todos vós. Queredes que vos vaia adiantando algunha información? Pois... ollos ben abertos!

DÍA DA INTERNET SEGURA. O día 8 de febreiro conmemórase internacionalmente o Día da Internet Segura baixo o lema "Together for a better internet" (xuntas/os por unha internet mellor). Aproveitamos este día para lembrarvos de todos os recursos que podemos atopar na rede e tamén, de todos os riscos que existen cando facemos un mal uso da mesma. Se queredes saber máis, premede nas seguintes ligazóns:

Sorriso Guía para acompañar ás familias no uso da Internet.

Sorriso Vídeo de Phineas & Ferb: regras de xogo para o uso da Internet.

Sorriso E ti... Fas un bo uso da Internet? Averíguao cun xogo.

Sorriso Cyberscouts: aprender xogando a facer un bo uso da rede.

Sorriso A escola das RRSS: recursos para docentes.

Sorriso Ciberacoso Escolar.

Sorriso Fake News e bulos.

Sorriso Aprende a recoñecer Fake News.

Sorriso Alfabetización mediática: buscar na Internet non é só premer nun botón.

Sorriso Recursos para ensinar ao noso alumnado a navegar con seguridade.

Sorriso 10 consellos para sobrevivir aos perigos das novas tecnoloxías.

Sorriso Internet Segura.

Sorriso Netiquétate.

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA. O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Esta día proclamouse coa fin de lograr o acceso e a particpación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mesmas. Para consultar máis información sobre este día, pulsade enriba da seguinte imaxe.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. O 23 de febreiro festexamos o nacemento de Rosalía de Castro. Este ano, ademáis de cantar o mítico RockSalía, queremos ir un pouco máis alá e deseñar unhas camisetas onde aparecerán versos desta marabillosa poeta. Seredes vós, queridas nenas e nenos, as que ides estampar os versos e a imaxe da escritora nas camisetas. A que non se vos ocurre unha mellor vestimenta para ese concerto rockeiro.

ENTROIDO. A última semana do mes damos paso a unha das festividades máis desexable: o entroido! Queredes saber como o imos celebrar este ano? O Meco xa está en proceso de creación e as súas consignas xa están listas. Estade atentas e atentos para non esquecervos de nada! A maiores, o venres 25, levaremos a cabo o desfile para amosar os disfraces elaborados con material de refugallo sobre a  temática "Deportes pouco coñecidos" e así continuar traballando no PDI deste curso "Mens sana in corpore sano".

Polo momento, é que o teño para contarvos. Que vos parece? Se estades un pouco perdidas e perdidos e non sabedes por onde comezar, tranquilas/os! Visitade as baldas de Meses Temáticos e alí atoparedes milleiros de ideas. E de paso, podedes botar un ollo á balda de Novidades e ver os libros que acaban de chegar a Bibliocervo. 

Ah! A maiores comentarvos que este mes tamén comezaremos coa Escola de Familias cun taller de Disciplina Positiva. Dentro de pouco teredes máis información ao respecto.

Agora, a gozar da fin de semana e a cargar as baterías para comezar o luns cheas e cheos de enerxía.

Vémonos rapazada!

Bicos e apertas (con distancia) a moreas.

 



blog | by Dr. Radut