Skip to Content

Bibliocervo

Club de Lectura Familias

Ola familias! 

Como estades? Agardamos que ben!

Dende Bibliocervo estamos a organizar unha nova edición dos nosos Clubs de Lectura, que este curso levan por nome LER É LECER.

Fainos moita ilusión informarvos de que o Club de Lectura para adultos terá lugar durante este segundo trimestre os luns, de 19:30 a 20:30 horas (días alternos) e en formato online. Animámosvos a que participedes nesta iniciativa e disfrutedes dun marabilloso tempo de lecer compartindo lecturas e conversas.

Durante a primeira xuntanza, que terá lugar o 31 de xaneiro, escolleremos a novela á que adicaremos as sesións deste club. A escolla realizarase entre dúas novelas que versan sobre a vida e a situación da muller en Afganistán: El secreto de mi turbante de Nadia Ghulam e Agnès Rotger e Mil soles espléndidos de Khaled Hosseini. Se premedes na portada do libro poderedes ver un breve resumo dos mesmos para que vos fagades unha idea.


IMPORTANTE! Para participar só precisades completar a seguinte información antes do 26 de xaneiro:

En busca da Paz Interior

Boas a todas e todos!

Que tal a volta das vacacións? Descansáchedes? Tedes as baterías cargadas? Agardo que si porque comezamos un novo período bimensual chamado PAZ, AMOR E ROCKSALÍA e teño moitas novas que darvos. Para facervos unha idea, a continuación amósovos un InfoPuca.

 

Ioga, Paz Interior, Mindfulness... Coñecedes estas palabras? Algunhas seguro que si porque xa practicáchedes ioga con Brinco pero... Sabedes os seus beneficios? Para descubrir as segredos que gardan todos estes termos, invítovos a pasar polo punto lector e polos andeis de Meses Temáticos xa que atoparedes moito material para comezar a investigar. Así, de paso, tamén vedes as novidades lectoras que chegaron a Bibliocervo.

Tamén podedes empregar os ordenadores ou as PDI para dar resposta a todas as preguntas que vos xurdan sobre este tema. Para iso, premede enriba destas ligazóns:

Risa Día da Paz: Por que celebramos o 30 de Xaneiro?

Risa Mahatma Gandhi

Risa Mapa de Paz Mental para temibles trols infelices

Risa Actividade: a escola como lugar de paz

Risa Cores de paz

Risa Dereitos humanos

Risa O valor de todas as persoas: "A historia de punto"

Risa Adición aos videoxogos

Risa Uso excesivo das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación)

Risa Ciberacoso Escolar

Risa Rosa Parks: a loita contra o racismo

Risa Guía de recursos: a salvo na escola

Risa Recursos para educar na tolerancia

RisaQue é a ansiedade?

Risa Que é o estrés?

Risa Como podemos manexar a ansiedade e o estrés?

Risa Ioga: en que consiste?

Risa Vídeo "Tranquilo e atento como unha ra"

Risa Mindfulness: Que é?

Risa Asanas

Risa Musicoterapia

Como vedes, o obxectivo deste mes é investigar e intentar atopar a nosa PAZ INTERIOR, xa que desta maneira, tamén lograremos estar en paz coas persoas que nos rodean e co noso medio. E para celebralo, o día 28 de xaneiro, levaremos a cabo un obradoiro de Ioga onde aplicaremos todo o aprendido ao longo do mes e onde unha experta na materia nos dará algún consello para levar a cabo esta práctica.

Que vos parece? Estades preparadas e preparados? Pois comezamos o 2022 cheas e cheos de enerxía e moita paz.

Bicos e apertas (con distancia) a moreas.

Nadal Maker!

Ola, ola, raparigas e raparigos!

Que tal o comezo das vacacións de Nadal? A escola queda moi silenciosa e aburrida sen vós pero aproveitarei este tempo e argallarei novas cousiñas para amosarvos á volta. Hoxe gustaríame facer unha ruta por todas as actividades que levamos a cabo ao longo do período de "NADAL MAKER". Que vos parece? Pois comezamos!

Sorriso ALIMENTACIÓN CONSCIENTE E SAUDABLE. A finais do mes de novembro rematamos as tarefas relacionadas coa alimentación sa. Cada curso investigou sobre un aspecto relacionado coa alimentación, e toda esa información foi recollida en forma de Padlet. Queredes saber máis sobre ultraprocesados e comida real? Azucres? Pirámide alimenticia? Etiquetado dos alimentos? Propiedades da froita? Botade un ollo!

Hecho con Padlet

Posteriormente, para darlle forma e sabor a todo o aprendido ao longo desta tempada, as nenas e nenos elaboraron receitas chea de nutrintes. Desta maneira, puidemos comprobar que comer saudable e rico é algo totalmente compatible. Aínda se me fai a boca auga cando recordo o arrecendo dos mugcakes, do pan con chocolate, dos gofres de avea... 

Sorriso MES DA CIENCIA. No mes de novembro tamén celebramos o MES DA CIENCIA e levamos a cabo diversas actividades. Entre elas, destacamos a investigación dos volcáns, o análise da fermentación do pan, o descubrimento e elaboración de poliedros e cúpulas xeodésicas... Despois de todas estas tarefas, observamos que a ciencia está en todos os recunchos, verdade?

 

SorrisoRRR. Todas e todos estades traballando arreo para cumprir o obxectivo de converternos nunha escola con RESIDUOS 0. Os contedores de pilas, de tapóns e de material escolar xa están prácticamente cheos, o composteiro tamén está a recibir restos de materia orgánica das vosas merendas saudables e os agasallos da amiga/o invisible feitos con material de refugallo foron unha verdadeira obra de arte. Sen dúbida, as 3R viñeron para quedarse!

Sorriso eTwinning. As nenas e nenos máis maiores do centro comezaron un novo proxecto relacionado coas "Fake News" e para iso, elaboraron un vídeo no cal presentan o noso cole, amosando cada un dos seus espazos e segredos. Que vos parece o resultado? It's very beautiful, isn't it? 

Sorriso APADRIÑAMENTOS LECTORES. As nenas e nenos de 5ºEI e 6ºEI agasallaron cunha posta es escea dos contos "A mellor sopa do mundo" e "O monstro de cores" aos cursos máis altos. Todos os grupos gozaron moito desta experiencia e están desexando repetir o apadriñamento.

Sorriso OUTRAS CONMEMORACIÓNS. A maiores, ao longo destes dous meses, celebramos o Magosto cunha boa ración de castañas e xogos populares, o 25N coa elaboración do videoclip da canción de "De Festa" e o 3D coa visita de Alex. Se queredes saber máis sobre o que fixemos estas datas, podedes botar un ollo nas seguintes entradas:

- Magosto.

- 25N: Día Internacional para a eliminación da Violencia contra a muller.

- 3D: Día Internacional das persoas con (dis)capacidade.

Hala! E despois destes meses tan intensos é o momento de descansar,  é o momento de gozar do tempo libre, de rir, de xogar, de brincar, de durmir... E se estades aburridas e aburridos e non sabedes que facer, déixovos por aquí algunhas RECOMENDACIÓNS LECTORAS que vos van a encantar. Premede na imaxe ou escaneade o código QR e listo!

Agora si nenas e nenos, aproveitade para cargar as baterías porque asegúrovos que o 2022 vai a estar cheíño de sorpresas e experiencias inolvidables no Ceip de Cervo Guiño

BO NADAL e bicos e apertas (con distancia) a moreas!

 

3D Día Internacional das Persoas con (Dis)capacidade

Bo día a todas e todos.

Volvo a andar por aquí e hoxe veño porque quero lembrar o que fixemos o venres pasado para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON (DIS)CAPACIDADE. Foi unha mañá chea de aprendizaxe e moitas experiencias. Comezamos?

Ao longo da semana, todos os cursos da escola, sacaron unha foto equipados con paraugas para participar na campaña "Baixo o mesmo paraugas" organizada por Galicia Diversa. Con esta proposta preténdese loitar por un mundo máis accesible, no que existan as mesmas posibilidades para todas e todos e onde a discriminación non teña cabida. Porque como sempre digo: "Máis diferenzas, máis posibilidades".

A mañá do venres 3, recibimos a visita de alguén moi especial. Coñecimos a Alex o curso pasado a través dun vídeo, onde nos explicaba como era o seu día a día e os diferenres deportes que practicaba. Este curso, tivemos a posibilidade de invitalo a vir ao colexio. Comezamos realizándolle unha entrevista en OndaPucaRadio para resolver algunhas dúbidas e curiosidades e continuamos cunha demostración de como se utiliza a súa bicicleta adaptada, coa cal está a competir. Incluso algunhas mestras e mestres atrevéronse a probala e comprobaron o seu complexo funcionamento. 

Dende Bibliocervo, aproveito para darlle as grazas a Alex por amosarnos a súa vida e achegarnos un pouquiño máis a súa realidade.

Polo momento, isto é todo.

Bicos e apertas (con distancia) a moreas.

Presentación Club de Lectura 2022!

Boas raparigas e raparigos!

Para rematar este trimestre por todo o alto, preséntovos unha boa nova! O mes que ven, daremos comezo ao desexado Club de Lectura! Quen ten ganas de pasar un momento agradable durante o tempo de lecer dos mércores? A quen lle gustaría vivir unha aventura marabillosa e inolvidable xunto a Xelís ou Aine? 

Se queres participar na edición deste curso, só tes que anotarte e decidir que libro che gustaría ler. Para iso, podes acceder ao resumo dos mesmos, na imaxe que aparece a continuación. 

A maiores, tamén vos queremos animar a que participedes na escolla do nome do Club e na elaboración dun logo que o represente. Puca enviaravos polas aulas un modelo como o que vedes a continuación para que deades renda solta a vosa imaxinación. Estades preparadas e preparados?

Bicos e apertas (con distancia) a moreas!

OndaPucaRadio!

25N Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

Boas de novo a todas e todos!

Mañá conmemoramos un día moi importante, o 25N que é o DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. En relación a esta data, a Axenda 2030 ten como obxectivo número 5 lograr a IGUALDADE DE XÉNERO e conseguir as seguintes metas:

  • Fin da discriminación.
  • Eliminar as formas de violencia.
  • Eliminar o matrimonio infantil e a mutilación xenital feminina.
  • Recoñecer o valor dos coidados e o traballo doméstico.
  • Asegurar a igualdade de oportunidades en todos os niveis.
  • Garantir o acceso universal á saúde sexual e reprodutiva.
  • Lograr a igualdade de dereitos de acceso aos recursos económicos.
  • Facilitar o uso da tecnoloxía para o empoderamento da muller.

A pesar das melloras que se van dando en moitos aspectos, aínda queda moito traballo por facer para que haxa unha igualdade real: os medios de comunicación están tinguidos, habitualmente, de novas pouco alentadoras que nos mostran a situación da muller ao largo e ancho do globo e que nos fan dar de cara contra a realidade.

Como mestras e mestres, temos na nosa man a oportunidade de educar para crear sementes violetas de igualdade que se vaian espallando e medrando, dende o cole de Cervo ata os demais recantos do mundo.

Para saber máis e poder investigar, déixovos varios recursos que vos poden ser útiles:

Sorriso Obxectivo 5 da Axenda 2030.

Sorriso Recursos para traballar a Educación en Valores: Igualdade.

Tamén podedes ir ata o Punto Lector da escola, onde atoparedes moitos máis recursos como os da seguinte imaxe:

A maiores, quero aproveitar para darvos a noraboa polo traballo tan marabilloso que leváchedes a cabo ao longo destes días. Queredes ver o resultado? Aquí tedes o noso propio videoclip coa canción de "De festa" de Uxía Lambona e a Banda Molona. 

Xa por último, darlle as grazas ás nenas e nenos de 6ºEP por poñerlle voz a moitas mulleres a través de cancións cunha importante mensaxe. Se queredes gozar con este agasallo tanto coma min, aquí poderedes visualizalo e comprobar que está feito con moito amor. 

 

Bicos e apertas (con distancia) a moreas.

As RRR: Reducir, Reutilizar, Reciclar

Boas raparigas e raparigos.

Quen de vós se fixou no novo espazo que hai na escola? Víchedelo? Sabedes para que é? En caso de que non… Mirade, mirade!

Agora que xa sabemos para que están eses contedores, imos traballar as RRR: REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR co obxectivo de converternos nunha escola con RESIDUOS O! Para iso, intentaremos reducir a xeración de lixo nas merendas, analizaremos en que contedor temos que tirar o lixo, rexistraremos o emprego de plásticos dun só uso e as consecuencias do consumo dos mesmos na natureza e na nosa saúde. Seremos quen de reducir o seu número de aquí ata final de curso? Eu creo que si! A continuación, preséntovos unha serie de ligazóns que nos proporcionan información ao respecto.

 Sorriso Axenda 2030: Cales son os obxectivos?

 Sorriso Vivir sen plástico, consellos e alternativas para reducir o seu uso.

 Sorriso Ideas para reducir o uso de plasticos.

E como mencionei no vídeo, necesito que me deades ideas para o cuarto contedor. Para que o podemos empregar? Agardo con ansias as vosas propostas.

Bicos e apertas (con distancia) a moreas.

 

Obradoiros con Saray de Nutretuplato

Bo día a todas e todos!
Como estades? Como foi esta semaniña? Agardo que fora todo de marabilla.
Onte estaba dando unha volta polos corredores da escola cando de repente... vaia recendo! Botei unha ollada agochándome tras a porta e vaia caras de concentración e de felicidade tiñades! Estades feitas unhas e uns "chefs"!
Polo que observei, Saray visitounos a semana pasada para facer dous obradoiros: un para axudarnos a coñecer os alimentos (proteínas, vitaminas, hidratos e graxas) e outro para aprender a combinar ditos alimentos correctamente e así garantir unha alimentación equilibrada. Despois de toda esta aprendizaxe, onte chegou o momento de poñerse mans á obra e de darlle forma a unha receita saudable, nutritiva e deliciosa .
A continuación podedes ver as receitas que fixeron as nenas e nenos de 1ºEP, 2ºEP e 3ºEP. Aproveitando que o tempo de Nadal está ao caer, crearon uns "Papá Noel" e uns bastonciños a partir de froita. Tamén elaboraron unha torta de mazá e unhas galletas de plátano, avea e chocolate. Todas as receitas son doadas e están riquísimas! 



Xa tedes entretemento para esta fin de semana, quen se anima a facer algunha destas receitas? Podedes subir foto ás redes e etiquetar ao CEIP de Cervo e a Nutretuplato para ver o resultado final.
Para rematar, darlle as grazas a Saray polo seu tempo e pola súa dedicación. Foi unha experiencia docemente enriquecedora. Seguro que algunhas nenas e nenos xa teñen pensandas merendas saudables para traer a próxima semana.
Agora toca descansar.
Bicos e apertas (con distancia) a moreas.

Magosto!

Queridas nenas e nenos!

Que tal a fin de semana despois dun venres tan movedizo? Descansáchedes? Para min foi marabilloso vervos tan contentas e contentos. Que vos parece se facemos un breve resumo para non esquecernos de todas as cousiñas que fixemos?

Ao longo da semana, elaboráchedes os diferentes cestiños (con material de refugallo) para botar as castañas. A verdade é que quedaron ben bonitos... Mirade aquí: Cervonatura

O venres comezamos o momento de lecer degustando unhas deliciosas castañas. O tempo agasallounos cun ceo despexado e un sol radiante, o que nos permitiu estar todos os grupos fóra e comelas ao aire libre. Estaban riquísimas! Grazas á ANPA por mercalas, picalas e axudarlle a Pepe a asalas!

Xa co bandullo cheo, organizámonos en grupos para facer diferentes xogos populares. As máis pequerrechas/os do cole pasaron un bo tempo cos zancos, os sacos, as perinolas, a corda... En canto aos cursos de EP, fóronse rotando en xogos como a diana, a mariola, a xogatira, o pano, a comba e o sete e medio.

Agardo que desfrutarades tanto coma min. As fotos reflicten que si Guiño

Agora, moita forza para comezar esta semana, a cal agocha algunha que outra sorpresiña.

Bicos e apertas (con distancia) a moreas.

Mes da Ciencia

Boas de novo raparigas e raparigos!

Comezamos novembro cargadiño de novas... Este mes (o primeiro do período Nadal Maker) celebramos o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Dende o blog de Bibliotecas Escolares de Galicia, proporciónannos unha morea de recursos para traballar este mes, destacando o manifesto de Amparo Alonso Betanzos, que podedes visualizar aquí.

Dende a páxina de IGACIENCIA, tamén nos achegan información sobre esta data, ademais de presentarnos o ano 2021 como o Ano Internacional da economía creativa para o desenvolvemento sostible, a Intelixencia Artificial e os novos poliedros. Ben sei que algunhas e algúns de vós xa estades a investigar sobre esta temática e traballando arreo... ides convertervos nuns e nunhas expertas no ámbito da ciencia!

Pero se aínda precisades ou queredes ver algo máis de información, atoparédela nas seguintes ligazóns:

Risa Recompilación de materiais de ciencia en galego.

Risa Alan Turing.

Risa Máis información sobre Alan Turing.

Risa Canto sabes sobre Alan Turing?

Risa Tarsy Carballas.

Risa Mulleres de ciencia: Tarsy Carballas.

Risa Vídeos sobre xeoloxía.

Risa Novos poliedros.

Risa Intelixencia Artificial.

Risa Poden pensar as máquinas?

Risa Experimentos científicos Ed. Infantil.

Risa Experimentos científicos Ed. Primaria.

Risa Vídeos de ciencia en galego.

 

Polo momento, nada máis... Vémonos pola biblio!

 

Bicos e apertas (con distancia) a moreas!

Imos de festa!

Queridas nenas e nenos!

O 25N está á volta da esquina... Lembrades que conmemorabamos ese día? Si, si! É o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a MULLER. E para celebralo, este ano pensamos en crear unha coreografía entre todos os cursos do cole coa canción "De festa!" de Uxía Lambona e a Banda Molona. Con este baile, apoiado da Lingua de Signos, faremos un manifesto non só en contra da violencia cara a muller, senon de todo tipo de violencia. 

Para a preparación de dita coreografía, aproveitaremos algúns dos descansos activos que temos ao longo da semana e, ao mesmo tempo, poder enchernos de boa onda. As nenas e nenos de 1ºEP, que están aprendendo un pouquiño de Lingua de Signos e da Comunicación Bimodal, amósannos os xestos que teriamos que facer ao longo da canción... Grazas rapazada!

 

Tamén quero lembrarvos que nunha das entradas do antigo blog hai unha morea de recusos para traballar este día, por se algún curso quere profundar un pouquiño máis no tema. Se premedes na seguinte imaxe, poderedes acceder directamente na entrada.

Xa por último, decirvos que ese día poderemos visualizar o resultado final do noso videoclip colaborativo e gozar dunha pequena sorpresa que nos terá preparada o alumnado de 6ºEP. 

Estade atentas e atendos, porque as novidades continúan Risa

Bicos e apertas (con distancia) a moreas!

Habelas Hailas!

Boas rapazada!

Rematamos o período de "Habelas Hailas", que se corresponde cos meses de setembro e outubro, e gustaríame facer un pequeno resumo das últimas actividades levadas a cabo na nosa escola. Imos alá!

Sorriso Samaín. O venres 29 celebramos esta festividade, tan típica da nosa terra, vestindo disfraces terroríficos. Estabades irrecoñecibles (e as mestras e mestres tamén).

Sorriso Queima de medos. Como xa expliquei anteriomente, este mes aproveitamos para intentar identificar algún dos nosos medos e buscarlle unha solución. Despois de ler os medos de todas as nenas e nenos do cole e de investigar a través de contos, de páxinas web, coa axuda de expertas na materia e doutras fontes de información, chegou o momento de queimalos e botalos fóra a través dun conxuro... Foi un momento moi especial, ademais de máxico. Grazas a Raquel e a Viki pola súa posta en escena e por facernos pasar un bo intre.

Sorriso Apadriñamentos lectores. Ao final de cada período, levaranse a cabo os apadriñamentos lectores entre as aulas irmás. Algúns cursos aproveitaron a temática dos medos e das lendas para facer a súa lectura compartida e amosarlle ás nenas e nenos máis peques do cole contos descoñecidos e moi interesantes. 

Sorriso Formación de usuarios. A apertura de Bibliocervo sempre vai acompañada da formación de usuarios. Nestas sesións de formación, analizamos cales son as normas da biblio para este curso, como podemos facer uso do espazo e dos recursos de Bibliocervo, recibimos as mochilas viaxeiras cheas de libros, xogos e outros materiais, o pasaporte lector para ir rexistrando os libros lidos por cada clase, o itinerario lector con material para empregar na hora de ler e un pequeno agasallo que agardo que vos gustara.

Sorriso Lendas. Os cursos máis altos, informáronse sobre algunhas lendas da nosa terra (máxica). Para amosarllas ao resto de pícaras e pícaros, acudiron a OndaPucaRadio, colocaron cascos, abriron micros e puxéronse mans á obra. A continuación, amósovos o resultado... Que alegría vervos de novo no estudo de OndaPucaRadio, como expertas e expertos locutores!

Como vedes, este último mes de "Habelas Hailas" foi intenso e cheo de actividade. Agora, comezamos novembro, o mes da ciencia en galego, e con el, o período de "Nadal Maker"... Que estaremos argallando en Bibliocervo para estes dous meses? Estade pendentes porque en nada sairán novos InfoPuca e máis novidades!

Vémonos polo cole!

Bicos e apertas (con distancia) a moreas!

Apertura de Bibliocervo!

Nenas e nenos do CEIP de Cervo!

Chegou o momento... Bibliocervo abre as súas portas Selado Iso significa que o Día das Bibliotecas está moi próximo! Lembrades cando era? E sabedes por que o celebramos? Se queredes descrubir máis sobre este día tan especial, premede enriba do cartel deste ano.

 

Como podedes observar, o seu lema é "BIBLIOTECAS: LER, APRENDER, DESCUBRIR". Cando o lin, lembreime moito de vós porque... ler, aprender e descubrir, non é o que facemos en Bibliocervo? A partir deste venres 22 de outubro, a biblioteca do cole abrirá as súas portas e eu comezaréi a repartir ilusión, aventuras e moita diversión a través das mochilas viaxeiras, dos pasaportes e dos itinerarios lectores. Estou desexando ver as vosas caras!

Pois nada máis pequenas e pequenos... vémonos pola biblio e polos corredores da escola!

Bicos e apertas (con distancia) a moreas!

Obradoiros con Lucas Requejo de "Ultraalimento" e Visita á Cofraría de Pescadores de Celeiro

Queridas nenas e nenos.

A semana pasada foi unha semana tan chea de aprendizaxe e de experiencias que non sei nin por onde comezar a contarvos...

O martes visitounos Lucas Requejo que, co mandil posto e unha mesa chea de alimentos, axudounos a descubrir cousas que algunhas e algúns de nós descoñeciamos. Unha vez presentada a materia prima que tiñamos diante, Lucas propúxonos un reto: facer a nosa receita de cociña saudable, transformando un ultraprocesado nun produto san. Ao comezo, parecíanos imposible pero o traballo en equipo sempre é un éxito e logramos facer receitas espectacularmente deliciosas. Entre as receitas elaboradas atopamos: Nocela de Cervo, Bol Energy, Cocailet, Limoada e Pan-Cracio. A continuación, déixovos unha imaxe do resultado das mesmas para que probedes a facelas na vosa casa!

 

As nenas e nenos máis peques do cole tamén gozaron dun obradoiro no que cociñaron alimentos coa imaxinación, a través de contos onde os personaxes eran alimentos de tempada. Pasámolo en grande!

 

Para dar peche á semana, o venres, as nenas e nenos de 3ºEP, 4ºEP, 5ºEP e 6ºEP foron de visita á Cofraría de Pescadores de Celeiro. Comezamos o percorrido na lonxa, onde nos falaron do seu funcionamento, das especias capturadas, dos barcos pesqueiros, da pesca sostible... Ata vivenciamos a simulación dunha poxa!

 

De aí, continuamos a ruta polo peirao, onde vimos un pesqueiro atracado. Máis adiante estaban os viveiros de marisco, onde apreciamos nécoras, camaróns e santiaguiños. 

 

Xa para rematar, visitamos a Cofraría de Celeiro onde repasamos todo o aprendido ao longo da visita e falamos dos 100 anos de antigüidade da Cofraría, da importancia de coidar o mar, o saudable de comer peixe... Ademais, agasalláronnos con gorras, camisetas e libretas Risa

Grazas a todos os expertos que nos proporcionaron un montón de información e que nos amosaron moitas curiosidades sobre o ámbito da alimentación e da pesca. Agardamos vervos de novo!

Bicos e apertas (con distancia) a moreas.

Que din as lendas?

Boas raparigas e raparigos!

Estamos nos momento de "Habelas Hailas", de falar dos medos e de meterlle un bo susto á comida lixo... Parece que todo está moi relacionado cunha festividade moi típica da nosa terra, o Samaín. Para afondar máis sobre esta celebración chea de misterio, podedes darlle un clic aquí e responder as cuestións que Puca ten para vós a través de:

- Puca quere saber sobre o Samaín para nenas e nenos de Ed. Infantil.

- Puca quere saber sobre o Samaín para nenas e nenos de Ed. Primaria.

Pero que é unha festa de Samaín sen lendas, sen historias de misterio, sen contos das avoas e avós...? 

Sabedes que unha das cousas que más me apaixona é ler, pero que me conten historias, lendas ou mitos tamén me encanta. Por iso, propóñovos un reto, un "Puca Quere Saber sobre as lendas"  e "Puca quere saber sobre seres mitolóxicos"Que vos parece se nos mergullamos na nosa cultura e se descubrimos tradicións e costumes propias da nosa terra a través destes contos. Apetécevos? 

Aquí vos deixo algunhas páxinas que vos poden ser de gran axuda para a vosa investigación.

Lendas galegas, lendas de Galicia (swred.com)

MEDIATECA. Contos, mitos e lendas galegas (galiciaencantada.com)

Contos Galegos. Mitos e Lendas galegas. Galicia Encantada. Fantasía popular de Galicia.

Mitos, contos e Lendas galegas - Galicia Encantada

Todas esas lendas e mitos podémolos amosar ao resto de compañeiras e compañeiros a finais deste mes a través dun apadriñamento lector (que sei que vos gusta) ou a través dun podcast en OndaPucaRadio (que xa está a piques de comezar a funcionar).

Estades preparadas e preparados? Pois comecemos a somerxernos no marabilloso mundo das lendas Risa

Bicos e apertas (con distancia) a moreas.

Que fixemos en setembro?

Ola a todas e todos! Como estades?

Este curso comezou por todo o alto e entre algunhas das actividades que levamos a cabo este mes de setembro, destacamos as seguintes:

Risa Día de Roald Dahl (13 de setembro). Este autor é tremendamente coñecido por todas e todos nós xa que levamos moitos cursos celebrando o día do seu nacemento. Este ano, algunhas nenas e nenas do colexio leron algún dos seus libros como O dedo máxico ou As bruxas e elaboraron traballos sobre os mesmos, como os que vedes a continuación.

   

Risa Día Europeo das Linguas (26 de setembro). A conmemoración deste día ten como finalidade destacar a importancia da aprendizaxe das linguas, fomentar a mesma e promover a riqueza da diversidade lingüística. E para celebralo, buscamos como dicir "ola" en diveros idiomas.

Risa eTwinning. Os cursos máis altos do colexio xa comezaron a poñer en marcha dous novos proxectos eTwinning. O primeiro deles é European Languages: Bridge for Cultural Diversity, que comezou co envío e recibo de cartas e postais con centros de diferentes lugares de Europa.

        

Que vos parece se a finais de cada mes facemos un resumo das actividades que levamos a cabo ao longo do mesmo? Así poderedes estar ao día de todo o acontece no CEIP de Cervo e comprobar que as nenas e nenos da escola non paran de argallar.

Bicos e apertas (con distancia) a moreas.

Os nosos medos

Ola rapazada!

Ando de novo por aquí porque quero facervos unha preguntiña... quen de vós ten ou tivo algunha vez medo?

O medo é unha emoción moi común pero, ás veces, evitamos falar del. Que vos parece se nos paramos a pensar niso que nos produce medo ou terror e intentamos buscarlle unha solución?

Para que vos resulte máis doado, vouvos contar unha lenda... Atentas e atentos!

 

Pois... Que vos parece poñernos mans á obra? Unha vez teñades o voso medo identificado, escrito e botado na caixa monstruosa, intentarei darvos algún consello para axudarvos a combatelo, pero sempre en segredo! Tamén podedes coller algúns destes libros, porque estou segura de que vos encantarán e vos resultarán moi útiles.

Tamén aproveito para amosarvos algunhas das novidades que acaban de chegar a Bibliocervo Guiño

 Bicos e apertas (con distancia) a moreas.

Mételle medo á comida lixo!

Boas a todas e todos!

Como ides? Eu xa estou un pouquiño máis tranquila porque vexo que o cole está cheo de vida e que en Bibliocervo estanse a programar un montón de cousas para este novo curso.

Comezamos co meu primeiro obxectivo: mellorar os meus hábitos de alimentación, e dicir, aprender a comer e saber que alimentos son sans e cales debo evitar. Como podemos facelo?

Que vos parece se empezamos polas vosas merendas? Podería comelas eu? Como poderíamos melloralas? A continuación, déixovos dous carteis que vos poden das algunha pista e unha táboa onde poderedes rexistrar todas as merendas sas de cada día.

 

 

Para levar a cabo a investigación, poderedes pasarvos por Bibliocervo para coller prestado e consultar aqueles libros que poden responder ás vosas dúbidas e, tamén, podedes consultar as ligazóns que aparecen aquí abaixo.

https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/recursos-para-llevar-una-alimentacion-sana/

https://www.serpadres.es/mas-6-anos/fotos/los-alimentos-saludables-para-ninos-que-no-deben-faltar-en-su-merienda-961593789751/amp

https://www.consumer.es/alimentacion

https://realfooding.com/tema/alimentacion-realfooder/

https://www.sinazucar.org/

https://www.consumer.es/alimentacion/el-azucar-de-los-alimentos-infantiles.html

https://www.manipulador-de-alimentos.es/blog/grasas-saturadas-e-insaturadas/

https://www.consumer.es/gl/alimentacion-gl/graxas-trans.html

https://www.consumer.es/gl/alimentacion-gl/graxas-trans-tipos-a-sa-relacin-coa-sade-e-como-evitar-as-prexudiciais.html

https://www.abc.es/salud/noticias/20141120/abci-grasas-trans-alimentos-201411191507.html

https://kidshealth.org/es/kids/fat.html

https://kidshealth.org/es/parents/fat.html

https://www.consumer.es/gl/alimentacion-gl/que-son-as-graxas-hidrogenadas.html

http://www.cadernoverde.gal/actividades4/Conto-infantil%20compostaxe.pdf

Ao longo deste mes tamén contaremos coa visita de expertas e expertos en nutrición que nos axudarán a entender mellor como funciona o noso corpo, que necesitamos proporcionarlle para que funcione correctamente e como podemos elaborar, de maneira moi sinxela, merendas deliciosas e cheas de nutrientes. Imos converternos en cociñeiras e cociñeiros de primeira!

E para rematar, que vos parece se todo o que aprendemos o deixamos reflexado nun receitario? Sería xenial que entre todas e todos recompilemos aquelas receitas saudables que máis nos gustan e así ter sempre algunha idea rica e saborosa para traer de merenda ao cole. Gústavos o modelo de receitario?

Pois comezamos! Estou desexando ver esas bolsiñas cheas de merendas sas e deliciosas.

Bicos e apertas (con distancia) a moreas.

Comezamos!

Benvidas a todas e todos!

Para comezar este curso gustaríame darvos a benvida a este novo espazo. A partir de agora, todas as novas que vos presentarei, publicareinas neste blog, espero que vos guste e que gocedes moito con el.

Tamén aproveito para amosarvos o fermoso cartel das Bibliotecas Escolares de Galicia deste ano... que vos parece? O seu lema é “A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA”. En Bibliocervo palabras non nos faltan e máis agora, con OndaPucaRadio.

Continuamos con máis novidades! Queredes saber o que imos facer ao longo destes meses? Teño milleiros de sorpresas para darvos, aventuras que vivir, experiencias para non esquecer e moita, moita aprendizaxe pero sempre con emoción e diversión. Para que vos vaiades facendo unha idea, aquí vos deixo o PAL (Plan Anual de Lectura) deste curso. Botádelle un ollo!

Pero raparigas e raparigos, non todo son boas novas... Este verán, non sei que me pasou, que estiven todos os días pechada en Bibliocervo, comendo e xogando á consola. Creo que as mestras e mestres do cole déronse conta de que algo estaba funcionando mal e organizaron un montón de actividades para axudarme: descansos activos, milla diaria, as emocións, hábitos de vida saudables... Creo que con vós ao meu carón, serei capaz de superar todos estes desafíos! Axudarédesme para non seguir así?

Polo de agora, nada máis. Bo comezo de curso a todas e todos e agardo vervos pola biblio moi pronto.

Bicos e apertas (con distancia) a moreas.

Distribuir contido


by Dr. Radut