Skip to Content

Dinamización lingüística

Magosto 4ºA

Álbum: Curso 2020-2021 -> Magosto-Normalización

Magosto 4ºA

   

MAGOSTO 4º B

Magosto 6ºB

Fotos infantil magosto

 

Magosto

Adiviña as árbores

Adiviña as árbores: 

Nesta actividade tedes que adiviñar, a través dunhas fotografías, pistas e información, de que árbores e outras plantas se está a falar. Poñede o nome en galego, e se queredes tamén en castelán ou inglés. Só hai que escribir o título, o número e o nome de cada planta. 

Espero que vos guste, un saúdo

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Bo día!

Hoxe 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano adicadas ao escritor Ricardo Carballo Calero

O traballo desta semana , refírome ás propostas desde as titorías e especialidades,  teñen como centro de interés o autor homenaxeado e a celebración desta data . Ides coñecer un pouquiño a Ricardo Carballo , a súa vida , a súa obra , os seus lugares preferidos...unha morea de cousas. Todo con xogos on line moi divertidos. Esperamos que vos guste.

Así, nesta entrada deixo uns vídeos de Sabela Gago cuns contos preciosos. Moitas grazas Sabela por compartir con nós o teu traballo.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Equipo de Biblioteca.

Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega.

 

 

FESTA DOS MAIOS 2020

FELIZ FESTA DOS MAIOS!!!

O Proxecto Documental Integrado deste curso leva o título de "As festas tradicionais galegas e a súa gastronomía" e neste proxecto non podía faltar a festa dos Maios.

Esta entrada da web demostra que por moi confinados que esteamos na casa sodes increíbles. Moitas grazas.

Grazas , tamén , ao alcalde do Pereiro de Aguiar por adicarnos un pouco do seu tempo neste momento tan difícil e por as palabras de ánimo e felicitación.

Disfrutade do día e do traballo do alumnado e familias.

Grazas de novo.

Equipo de biblioteca.

CELEBRACIÓNS MAIOS 2020

Estimadas familias:

Achégase o mes de maio e con el a festa dos Maios. O equipo de biblioteca propón dúas actividades VOLUNTARIAS.

1ª. Facemos un maio.

Encantaríanos recibir fotos dunha manualidade ou debuxo relacionado coa festa dos maios. E se hai alguén moi valente ,e con dotes para a construcción , que faga un maio en miniatura.

Tanto o material da manualidade , como o tema, é LIBRE , o que vos guste.

Esta actividade estaría dirixida a todo o alumnado ( Educación infantil e Primaria).

2ª Facemos coplas (recomendada para Primaria).

As coplas teñen unhas características : divídense en estrofas de catro versos, os versos riman os pares e quedan libres os impares , os versos teñen que ser de arte menor (  octosílabos nas coplas tradicionais pero o ideal son de seis sílabas para os maios . Na mensaxe enviada por abalar só nos referiamos as coplas tradicionais. Disculpade). Exemplo:

Ahí ven o maio

De flores cuberto

Puxéronse á porta

Cantándome os nenos.

Dos debuxos , manualidades ou minimaios enviades foto. Das coplas podedes enviar foto ou audio cantándoas ao correo: benchoprofes@gmail.com.

 

 

 

 

Moitas Grazas.

Equipo de Biblioteca.

#todosxuntospodemos

#mañádouunpaseopequeno

Distribuir contido


by Dr. Radut