Estimadas familias:
Achégase o mes de maio e con el a festa dos Maios. O equipo de biblioteca propón dúas actividades VOLUNTARIAS.
1ª. Facemos un maio.
Encantaríanos recibir fotos dunha manualidade ou debuxo relacionado coa festa dos maios. E se hai alguén moi valente ,e con dotes para a construcción , que faga un maio en miniatura.
Tanto o material da manualidade , como o tema, é LIBRE , o que vos guste.
Esta actividade estaría dirixida a todo o alumnado ( Educación infantil e Primaria).
2ª Facemos coplas (recomendada para Primaria).
As coplas teñen unhas características : divídense en estrofas de catro versos, os versos riman os pares e quedan libres os impares , os versos teñen que ser de arte menor ( octosílabos nas coplas tradicionais pero o ideal son de seis sílabas para os maios . Na mensaxe enviada por abalar só nos referiamos as coplas tradicionais. Disculpade). Exemplo:
Ahí ven o maio
De flores cuberto
Puxéronse á porta
Cantándome os nenos.
Dos debuxos , manualidades ou minimaios enviades foto. Das coplas podedes enviar foto ou audio cantándoas ao correo: benchoprofes@gmail.com.
Moitas Grazas.
Equipo de Biblioteca.
#todosxuntospodemos
#mañádouunpaseopequeno