Skip to Content

Dinamización lingüística

23 DE FEBREIRO "DÍA DE ROSALÍA"

O NOME DA NOSA BIBLIOTECA

O venres día 19 de maio, e no contexto da semana das Letras Galegas, imos chamar a nosa biblioteca  co nome dun escritor de Loñoá, chamado Eduardo Díaz Fidalgo. Ollade esta presentación para coñecer mais a súa obra.

Descubrídeo con nós, xa veredes o que fan os magos da literatura!

AS VACAS GALEGAS

Os nosos alumnos e alumnas fixeron unhas vaquiñas moi simpáticas, animando a falar en galego!

       
 
 
 
 

CONTACONTOS

 

O alumnado de 6º foille contar uns contos aos peques, que escoitaron moi interesados. 

 

Libro de Contos

Estimados membros da comunidade educativa: cos contos que escribistes fixemos o libro de contos que propuxemos. As vosas historias son moi interesantes! Moitas gracias por participar, e noraboa!

Este é o enlace para disfrutar do resultado do voso esforzo. 

 

 

FOTOPALABRA

Boas! Como sabedes, fixemos unha actividade na que podiades aportar as vosas palabras preferidas en galego, acompañada de fotografías feitas por vós. Co material que enviastes fixemos esta presentación, e estamos a preparar unha exposición. 

Gracias por participar, e noraboa!

 

 

CABAZAS PREMIADAS!!!

Estas son as cabazas que resultaron seleccionadas como as máis orixinais, unha deles porque representa un tema de actualidade que marca o noso día a día e a outra á decoración de cabazas máis tradicional.

Parabens a Víctor Manuel Bouzo De Caires e Noelia Bascoy González.

Moitas grazas a todas as familias polo vosa implicación, traballo e colaboración nesta actividade.

 

O LIBRO DOS MONSTROS

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, aquí vos deixamos o " Libro Dos Monstros".

Cada clase elaborou un terrorífico monstro cun poder para protexer ó medio ambiente.

ATA SEMPRE RAPAZADA!!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut