PREME NAS IMAXES PARA VELAS EN GRANDE
Curso 2021-22
3 DECEMBRO- DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
DÍA DA DISCAPACIDADE
O pasado venres 3 de decembro toda a comunidade educativa unímonos á iniciativa Baixo o mesmo parauguas abrindo os nosos á inclusión e a un mundo sen barreiras.
#BaixoOMesmoParaugas
#ParaugasPolaDiscapacidade
“DI CAPACIDADE”
Mirade que paraugas tan diversos e especiais decoraron nas nosas aulas:
MES DA CIENCIA CON TOUPICIENCIA
Unha das actividades que fixo o alumnado de primeiro durante o Mes da Ciencia foi visualizar vídeos de Toupiciencia, a miniserie de divulgación científica na que Toupiña e outros monicreques descobren o mundo da ciencia.
Pasárono moi ben e mesmo se animaron a representar algúns dos contidos traballados...
25 N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O pasado xoves 25 de novembro conmemoramos no colexio o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Xuntámonos todos no patio e cantamos coa profe de música, Carla a canción SAÍR CORRENDO, versión en galego da canción Salir corriendo de Amaral.
Deixámosvos aquí a montaxe con fotos do día.
PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO
"Vive a Lingua": Grandes xogos teatralizados sobre cultura e lingua galega
O programa "Vive a Lingua" consiste nunha serie de actividades gratuítas, dirixidas ao público infantil e xuvenil, que buscan a dinamización e posta en valor da cultura e a lingua galega.
Estas actividades consisten en grandes xogos teatralizados, nos que a rapazada terá que seguir pistas, facer distintas probas e resolver enigmas, acompañada de distintas personaxes da tradición e da literatura galega.
Sábado, 27 de novembro en Pereiro de Aguiar
Premede na ligazón para obter máis información:
http://aventeira.com/vive-a-lingua/
Os Bolechas fan o Camiño Marciano
Os Bolechas fan o Camiño Marciano é un espectáculo teatral para nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias. Nel, o xogo e a diversión combinan coa aprendizaxe da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro.
Loli, Chispa, Tatá, Braulio, Sonia, Pili e Carlos queren facer de novo o Camiño de Santiago, pero xa percorreron todas as rutas xacobeas. Deben repetir algunha? Ou poden, quizais, crear unha nova?
Este domingo, 28 de novembro ás 12:00 horas, estarán no Salón Nobre do Liceo de Ourense.
Non volo podedes perder!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »