Nesta ocasión o Equipo de Biblioteca, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, propuxo ao alumnado que nos contara cal é o seu libro favorito. Aos máis cativos-as entregóuselles unha ficha na que tiñan que debuxar o libro elixido mentres que aos/ás máis maiores se lles pediu que fixeran un pequeno resumo do libro que máis lles gusta. Nesta publicación podedes ver o resultado do gran traballo que fixeron convertido nunha revista dixital coas súa recomendacións lectoras. Na biblioteca queda a versión impresa.
EDLG: Actividades
CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO 2024
Conmemoramos o Día Internacional da Muller
O EDLG, en colaboración co equipo de biblioteca, propuxo para a conmemoración do Día internacional da muller (8M) un divertido xogo que axudou a que os rapaces e rapazas do centro coñeceran un pouco máis ás mulleres traballadoras do mesmo. Trátase dun Quen é quen titulado “As mulleres do meu cole”.
Na biblioteca colocamos un panel con fotos de cativas de mulleres traballadoras do centro que voluntariamente se prestaron a participar (mestras, persoal de limpeza, persoal non docente) no xogo. A través dun código QR o alumnado accedía a unhas pistas (un genially) que lles axudaron a descubrir de quen se trataba.
O venres 22 de marzo tivemos acceso á solución do xogo e soubemos tamén cal foi a aula que máis acertos tivo obtendo así o diploma “Á mellor clase de detectives do 8M” xunto cun pequeno agasallo, un xogo para a aula en galego.
Por outra banda, aproveitando que o alumnado do centro está a viaxar por diferentes países grazas ao PDI deste curso “Unha viaxe polo mundo”, pedímoslles que investigaran sobre algunha muller relevante do seu país co que fixemos unha pequena exposición na entrada do colexio.
Por último, coas fichas técnicas que cubriron coa información das mulleres sobre as que investigaron, e xa que coincidía tamén a semana da prensa, fixemos unha revista dixital á que podedes botar unha ollada nesta mesma publicación.
CELEBRAMOS O MAGOSTO 2023
O pasado venres 10 de novembro festexamos o magosto no colexio, gozando dunha xornada de xogos populares organizados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Contamos coa colaboración do alumnado de 6º de EP que dinamizou cada un dos xogos.
Xogamos, bailamos e ramatamos cun xantar enxebre no mesmo patio: bocata de chourizo e castañas asadas na fogata que nós mesmos fixemos.
Como non podía ser doutro xeito, os nenos e nenas remataron a xornada pintándose cos tizóns.
DICÍMOSCHO NÓS!
CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2023
Para celebrar o DÍA DO LIBRO volvemos saír ao patio para realizar a actividade de APADRIÑAMENTO LECTOR na que os nenos e as nenas maiores lles leron contos aos máis pequenos e ata algúns dos pequenos se lanzaron a lerlles aos maiores.
Os distintos grupos escolleron o espazo que máis lles gustou para gozar da lectura.
E para rematar puideron apadriñar un ou varios libros que se expurgaron da biblioteca para darlles así unha segunda vida.
Pero aí non quedou a cousa, tamén houbo intercambio de marcapáxinas de agasallo entre toto o alumnado.
Un día fermoso para ler e escoitar!