A BIBLIOTECA DE LIBRÍN
AS CARAUTAS DO ENTROIDO
Deixámosvos aquí as fotos coas carautas que creastes nos fogares para decorar a entrada do colexio.
MENUDAS OBRAS DE ARTE!!
Moitísimas grazas a todos e todas por participar.
CELBRAMOS O ENTROIDO
Nas seguintes imaxes podedes ver como se celebrou ou Entroido no centro.
Durante a semana fomos seguindo os MANDADIÑOS DO MECO e os nenos e nenas de 1ºA amósanvos como nos tocou disfrazarnos.
E o venres chegou o día máis esperado. A celebración do ENTROIDO seguindo a temática do MUNDO DA MÁXIA.
Unha vez feitas as fotos dos distintos grupos comezamos co tradicional DESFILE polo patio.
Como en todo DESFILE que se precie, non podía faltar a MÚSICA e para iso contamos coa CHARANGA LIKOR-K grazas á COLABORACIÓN DA ANPA.
REAPERTURA DO QUIOSCO CON NOVA IMAXE
Dentro das propostas de mellora da biblioteca recollérase o pintado do quisco que está no patio, para poder abrilo nos recreos e ofrecer ao alumnado que non ten o seu tempo de lecer na biblioteca a oportunidade de coller libros e revistas para ler no patio.
Iniciativa pola que moitos xa estaban agardando.
Bueno, pois misión cumplida. O quiosco está pintando e xa se poden coller revistas e libros nos recreos de luns a xoves.
OBRADOIRO DE MAXIA
Este curso estamos levando a cabo un proxecto de maxia na escola.
Estas son as fotos do obradoiro "Magic School" no que o alumnado aprende xogos de maxia ao mesmo tempo que practica inglés.
Esta actividade forma parte do Programa Plurilingüe do colexio e conta coa colaboración do Mago Chirleta, o profesorado de educación artística e a auxiliar de conversa.
CIRCUITO: RODANDO CARA A PAZ
Para seguir conmemorando o DÍA DA PAZ, fixemos un circuito que chamamos RODANDO CARA A PAZ.
No patio preparáronse dous circuitos, un para infantil e outro para primaria. A actividade consistía en percorrer o circuito en parellas onde un dos membros se montaba nunha plataforma con rodas e o outro tiña que empurralo ou tirar del para ir chegando ás distintas probas do tramo.
Entre os dous tiñan que superar as distintas probas e superar así tamén un atranco para a paz que atopaban nos carteis das distintas probas. Finalmente chegarían á meta onde se atopaban uns murais con palabras representativas de accións que fomentan a PAZ entre as persoas.
Cremos que foi unha actividade moi divertida e sobre todo unha forma de mostrar que para sortear as dificultades que podemos atopar para chegar á paz nada mellor que a axuda dos/as amigos/as!!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »